Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 100 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Entender os procesos psicolóxicos e de interacción entre o empregado e o seu ambiente de traballo que inflúen na súa saúde ocupacional.
- Coñecer os instrumentos de avaliación e prevención dos riscos psicosociais aos que se enfronta o traballador no ambiente laboral.
A SAÚDE OCUPACIONAL DENDE A PERSPECTIVA PSICOSOCIAL
• Factores psicosociais dos riscos psicosociais
• Cara a unha concepción de organización saudable
• Benestar laboral e psicoloxía organizacional positiva
• Instrumentos de medida do benestar laboral
ESTRÉSLABORAL
• Estrés: concepto e medida
• Factores de risco
• Repercusións psicolóxicas, físicas e organizacionais do estrés
• O tecno-estrés
• O burnout
VIOLENCIA LABORAL
• Concepto e tipos de violencia no traballo
• Factores de risco da violencia no traballo
• Consecuencias da violencia no traballo
• Mobbing ou acoso laboral
CARGA MENTAL DE TRABALLO
• Concepto e medida da carga mental de traballo
• Vixilancia e atención
• Erros humanos
• Fatiga laboral
AVALIACIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS
• ¿Que é a avaliación de riscos psicosociais?
• Fundamentos científicos dos métodos de ARP
• Pasos nun proceso de ARP
• Métodos de avaliación de riscos psicosociais
PREVENCIÓN DOS RISCOS PSICOSOCIAIS
• Concepto
• Niveis de intervención
o Prevención primaria
o Prevención secundaria
o Prevención terciaria
- Cañas, J.J., y Waerns, Y. (2001). Ergonomía cognitiva. Madrid: Ed. Médica Panamericana.
- Del Lïbano, M. y Llorens, S. (2012). Adicción al trabajo. Guías de intervención. Madrid: Síntesis
- Díaz Cabrera, D., Hernández Fernaud, E., y Rolo Gonzáles, E. (2012). Carga mental de trabajo. Guias de intervención. Madrid: Síntesis
- Gil. Monte, P. y Moreno, B. (2007). El síndrome de quemarse por el trabajo (burnout) : grupos profesionales de riesgo. Madrid: Pirámide
- González de Rivera, J.L. (2005). El maltrato psicológico. Madrid: Espasa-Calpe
- González-Camino, G. y Osca, A. (2004). Estrés y salud laboral. En A.Osca, (Ed.). Psicología de las Organizaciones. Madrid: Sanz y Torres.
- González Gutierrez, J.L., Moreno Jiménez, B. y Garrosa Hernández, E. (2005). Carga mental y fatiga laboral. Madrid: Pirámide.
- Institut of Work, Health and Organizations, I-WHO (2004). La organización del trabajo y el estrés. Organización Mundial de la Salud.
- LLorens, S, Salanova. M. y Ventura, M. (2011). Tecnoestrés. Guías de intervención. Madrid: Síntesis
- Martínez Selva, J.M. (2004). Estrés laboral: Guía para empresarios y empleados. Madrid: Pearson Educación.
- Morán Astorga, C. (2005). Estrés, burnout y mobbing: recursos y estrategias de afrontamiento. Salamanca: Amarú D.L.
- Moscoso, S. y Alonso, P. (2013). El bienestar laboral.Publicado en Cantera, L., Pallarés, S. y Selva, C. Del Malestar al Bienestar Laboral .VIPAT, Universidad Autónoma de Barcelona.
-Rodriguez, A.Mª. y Cifre E. (2012). Flow y bienestar subjetivo en el trabajo. Guías de optimización. Madrid: Síntesis.
- Salanova, M. (2009). Psicología de la Salud Ocupacional. Madrid: Síntesis
- Salanova,M., Martínez, I y Lloréns (2005). Psicología Organizacional Positiva. En Palací, F. Psicología de la Organización. Pearson Prentice Hall. Madrid.
- Seligman, M. (2011). La vida que florece. Barcelona: Edciones B.
- Tous, J., Carrión, M.A. y López Barón, F. (2008). Promoción de la Salud Ocupacional. Colección Psicosociología de la Salud Ocupacional, 2. AEPA: Mollet del Vallés, Barcelona.
-Ser capaz de avaliar a influencia das esixencias cognitivas, emocionais, sensoriais e sociais da contorna laboral sobre o traballador.
-Ser capaz de adaptar a contorna laboral ao traballador co fin de evitar distintos problemas de saúde.
-Ser capaz de aplicar as principais técnicas de avaliación e intervención psicolóxica ante a aparición de problemas psicosociais no traballo (estrés, violencia, burnout, mobbing,...).
As clases expositivas(teóricas)consisten en sesións expositivas e/ou demostrativas de contidos. Para profundar e reforzar os contidos expostos contémplanse os seminarios especializados (clases interactivas), que favorecen a adquisición das competencias específicas da materia, así como a aprendizaxe significativa. Ademais, as clases prácticas (interactivas) teñen como finalidade que o alumno adquira as competencias procedimentais e de investigación propias da materia.
As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e o profundamento nos contidos teóricos e prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente. Por unha banda, as actividades de avaliación continua que, xunto coas titorías de traballo do curso, lle permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante do seu progreso ao longo do curso, respecto ao seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, por outro, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito respecto dos contidos dos temas incluídos no programa da materia.
As clases teóricas avalíanse mediante unha proba teórica, atendendo ao dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia, ademais da asistencia e da participación. Os seminarios teñen a finalidade de profundar nos temas a través da lectura e discusión de artigos e textos especializados, avalíanse mediante os informes, individual ou grupal (traballo en equipo), atendendo á calidade do mesmo (estrutura, orixinalidade, presentación). A cualificación obtida polo alumno no exame final valerá un 70% da cualificación final. A porcentaxe restante corresponderá á cualificación da avaliación continua.
Para superar a materia será necesaria unha asistencia mínima ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. Manteranse os mesmos criterios de avaliación nas diferentes convocatorias.
Lectura e preparación do material: 42
Lectura previa, análise e discusión do material. Informes individuais: 20
Realización do traballo: 40
Total horas de traballo persoal: 102
Se o alumno non ten ningún coñecemento previo sobre os contidos da materia, recoméndase que ademais de seguir puntualmente as clases lea o material bibliográfico que se presenta no programa.
Luz Isabel Leirós Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813894
- Correo electrónico
- luzisabel.leiros [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Mércores | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
23.01.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |
03.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |