Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 147.4 Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
As prácticas externas da especialidade de Psicoloxía do Traballo e as Organizacións enmárcanse como materia optativa de 6 créditos. O obxectivo da súa implementación é que as alumnas e alumnos adquiran as competencias e habilidades necesarias para o desenvolvemento dos modos de facer propios do profesional da psicoloxía xurídica e forense.
Aínda que os contidos poderán variar en función do centro de prácticas, e non quedan esgotados cos que a continuación se expoñen, en xeral:
• Participación nos procesos de xestión de persoal que se realicen no centro colaborador durante o período de prácticas:
• Selección de persoal: Aplicación, corrección e interpretación de probas psicolóxicas; realización de entrevistas, toma de decisións e realización de informes.
• Formación e desenvolvemento de carreiras: Aplicación de ferramentas para o análise de necesidades de formación, deseño e avaliación de actividades formativas. Avaliación do potencial e necesidades individuais de desenvolvemento.
• Avaliación de riscos psicosociais: Aplicación, corrección e interpretación de probas para a avaliación de riscos psicosociais (tensións, burnout, etc). Realización de informes.
• Análise de postos: Aplicación de ferramentas de recollida de datos para a análise de postos e desenvolvemento de descricións de postos e manuais de funcións. Aplicación de métodos de avaliación de postos.
• Enquisas organizacionais: Desenvolvemento, aplicación, interpretación e realización de informes de enquisas relacionadas coa xestión dos recursos humanos na organización (enquisas de clima laboral, satisfacción laboral, etc.).
• Observación, interpretación e realización de informes sobre os diferentes procesos que se producen na organización (conflitos, comunicación, liderado).
Non procede
- Ser capaz de elaborar deseños de intervención nos diversos ámbitos da Psicoloxía do Traballo e as Organizacións.
- Ser capaz de relacionar os contidos teóricos coa práctica profesional do especialista en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións
- Coñecer e interpretar a un nivel avanzado os métodos de medición e avaliación que se utilizan no contexto da psicoloxía do traballo e as organizacións.
- Ser capaz de establecer as metas da actuación psicolóxica no contexto da psicoloxía do traballo e as organizacións.
- Coñecer, valorar e interpretar a relación entre as características de diferenzas individuais (p.e., personalidade, habilidades, destrezas) e o desempeño (individual e grupal), así como establecer a súa influencia sobre a efectividade organizacional.
- Coñecer a nivel avanzado as diferentes técnicas e ferramentas necesarias para poder entender, medir e/ou solucionar situacións e problemas laborais como conflitos, toma de decisións, satis-facción laboral, clima organizacional, etc.)
- Saber realizar informes técnicos ou recomendacións de intervención.
- Coñecer e asumir os límites da avaliación en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións axustándose aos requirimentos deontolóxicos e aos estándares internacionais ( p.e., APA, SIOP).
- Orientar a actuación profesional por valores de respecto, igualdade imparcialidade e obxectividade
- Ser capaz de divulgar e comunicar de forma eficaz, entre outros, a destinatarios, profesionais, responsables institucionais e a poboación xeral, os resultados das diferentes fases do proceso de avaliación e intervención.
- Manexar o uso e aplicación de técnicas da psicoloxía do traballo e as organizacións baseadas na evidencia.
Aplicación, corrección e interpretación de probas de avaliación e enquisas nos diferentes procesos de recursos humanos. Realización de informes Análises de casos. Desempeño profesional supervisado.
Utilizaranse dúas fontes para avaliar ao alumno: o titor académico (profesor que tutela ao alumno) e o titor externo (profesional do centro colaborador). O titor académico proporcionará ao titor externo unha guía da labor tutelar, ao mesmo tempo será necesario que exista unha comunicación regular e fluída entre ambos os titores. O titor profesional levará practicamente todo o peso da avaliación do alumno, xa que será o observador diario do seu desenvolvemento formativo durante o período de duración das prácticas. Ao finalizar devandito período, o titor cumprimentará un cuestionario no que se valorará en que grao o alumno adquiriu as competencias propostas. Adicionalmente, o cuestionario complementarase cun breve informe que reflicta a valoración xeral e a satisfacción do titor externo. A avaliación por parte do titor académico implicará o seguimento individualizado dos alumnos mediante titorías e a memoria final das prácticas que deberá realizar cada alumno, seguindo as indicacións formais e de contido que lle proporciona o titor académico. Tendo en conta que a actividade se desenvolverá basicamente no centro colaborador, o 80% do total da avaliación corresponde ao titor profesional e o 20% restante ao titor académico, sendo este último o responsable de cualificar ao alumno. As prácticas desenvolveranse en empresas ou centros cos que se asine o correspondente convenio de colaboración de prácticas. Todas as continxencias derivadas do desenvolvemento e avaliación desta materia deberán guiarse pola normativa aplicable, e na súa falta, polas directrices que emanen da Comisión Académica do Máster.
Non procede
Non procede