Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 221.7 Horas de Titorías: 2.5 Clase Interactiva: 0.8 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
As prácticas externas da especialidade Xurídico-Forense enmárcanse como materia optativa de 9 créditos. O obxectivo da sua implementación é que as alumnas e alumnos adquiran as competencias e habilidades necesarias para o desenvolvemento dos modos de facer propios do profesional da psicoloxía xurídica e forense.
Aínda que os contidos atenderán ao dispositivo de prácticas, en xeral:
• Manexo e aplicación dos protocolos de avaliación xurídica e forense.
• Avaliación psicolóxica e as súas implicacións nos contextos penal, civil e social e da administración.
• Elaboración de informes periciais no contexto penal: avaliación da credibilidade do testemuño.
• Elaboración de informes periciais no contexto penal: avaliación da imputabilidad.
• Elaboración de informes periciais en procesos de familia: recomendación de garda e custodia e réxime de comunicación e estancia. Informes de avaliación de risco/perigo.
• Mediación en casos de separación e divorcio.
• Prevención e intervención en Psicoloxía Xurídica e Forense.
Non procede
Ser capaz de elaborar deseños de investigación-acción nos diversos ámbitos da Psicoloxía Xurídica.
- Ser capaz de relacionar os contidos teóricos coa práctica profesional do psicólogo xurídico-forense.
- Coñecer e interpretar a un nivel avanzado os métodos de medición e avaliación que se utilizan no contexto da psicoloxía xurídica.
- Ser capaz de establecer as metas da actuación psicolóxica no contexto da psicoloxía xurídica ou forense.
- Ser capaz de resolver de problemas da psicoloxía xurídica en contextos complexos - Orientar a actuación pro-fesional por valores de respecto, igualdade imparcialidade e obxectividade.
- Ser capaz de divulgar e comunicar de forma eficaz, entre outros, a destinatarios, profersionales, responsables institucionais e a poboación xeral, os resultados das diferentes fases do proceso de avaliación e intervención.
- Manexar o uso e aplicación de técnicas da psicoloxía xurídica e forense baseadas na evidencia.
- Competencias éticas psicoloxía xurídica.
- Evitar duplicidade de funcións e roles de actuación nos ámbitos da psicoloxía xurídica.
Estudo de casos de arquivo, prácticas de campo (p.e. visita a centro penitenciario o centro de menores),observación de desempeño de modelos, resolución de problemas; simulación de casos nun contexto de alta fidelidade e desempeño profesional supervisado.
Utilizaranse dúas fontes para avaliar ao alumno: o titor académico (profesor que tutela ao alumno) e o titor externo (profesional do centro colaborador). O titor académico proporcionará ao titor externo unha guía da labor tutelar, ao mesmo tempo será necesario que exista unha comunicación regular e fluída entre ambos os titores. O titor profesional levará practicamente todo o peso da avaliación do alumno, xa que será o observador diario do seu desenvolvemento formativo durante o período de duración das prácticas. Ao finalizar devandito período, o titor cumprimentará un cuestionario no que se valorará en que grao o alumno adquiriu as competencias propostas. Adicionalmente, o cuestionario complementarase cun breve informe que reflicta a valoración xeral e a satisfacción do titor externo. A avaliación por parte do titor académico implicará o seguimento individualizado dos alumnos mediante titorías e a memoria final das prácticas que deberá realizar cada alumno, seguindo as indicacións formais e de contido que lle proporciona o titor académico. Tendo en conta que a actividade se desenvolverá basicamente no centro colaborador, o 80% do total da avaliación corresponde ao titor profesional e o 20% restante ao titor académico, sendo este último o responsable de cualificar ao alumno. As prácticas desenvolveranse en empresas ou centros cos que se asine o correspondente convenio de colaboración de prácticas. Todas as continxencias derivadas do desenvolvemento e avaliación desta materia deberán guiarse pola normativa aplicable, e na súa falta, polas directrices que emanen da Comisión Académica do Máster.
Non procede
Non procede
Para realizar as prácticas profesionais será necesario superar a totalidade dos créditos obrigatorios establecidos no plan de estudos, e concretamente as materias optativas de Psicoloxía xurídica e forense nos ámbitos penal; Psicoloxía xurídica e forense nos ámbitos civil e social, Psicoloxía xurídica e forense do menor e a familia e Intervención en Psicoloxía xurídica e forense.