Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos da materia
Nesta materia téntase transmitir ó alumnado o contexto no que se desenvolve a actividade da consultoría estratéxica especialmente no sector público, pero tamen no privado e no terceiro sector. Facer un percorrido pola historia do sector así como dar a coñecer cal é o papel que xoga a consultoría no actual funcionamento das organizacións do noso tempo. Búscase asimesmo que o alumno obteña os coñecementos e habilidades que precisa a creación e xestión dun equipo consultor prestando especial atención á relación e coordinación que o mesmo debe manter coa dirección das organizacións e seus axentes críticos. Considerarase tamén como aspecto esencial dentro da labor de consultoría a capacitación na xestión das relacións cos clientes, e proveedores de servizos da organización
Contidos
1 - Papel do Consultor nas organizacións
1.a A actividade de consultoría dentro das perspectivas de xestión pública , privada e social dende unha perspectiva estratéxica.
1.b Papel da consultoría interna / externa na estrutura, funcionamento e actividade das organizacións
1.c Retos e oportunidades da actividade de consultoría no entorno do sector público.
1.d Áreas de intervención da consultoría.
2 - Habilidades directivas
2.a Detección de carencias e desenvolvemento de habilidades de liderazgo.
2.b Liderazgo e xerarquía.
2.c Estilos de liderazgo, estrutura, motivación e cultura.
2.d Construción de equipos.
2.e Liderazgo e cambio.
3 - Xestión de clientes
3.a Enfoques da relación cos clientes: Operativa, colaboración e análise.
3.b Segmentación e factores de fidelización.
3.c Xeneración de valor, prestación de servizos e satisfacción
3.d Atención ó cliente: Xestión de incidentes.
3.e Xestión de queixas e suxerencias.
Bibliografía básica e complementaria
O profesor facilitará leituras básicas. O iprofesor asesorará en lecturas complemetarias. Propoño algunhas:
- Barzelay, Michael “La Nueva gestión Pública”, México, 2003.
- Brugué Quim y Subirats Joan, Lecturas de Gestión Pública, MAP, Madrid, 1996.
-Freedman, L. Estrategia: Una historia, Esfera de los libros, madrid, 2016.
- López Camps, J. y Gadea, A. (1995), Servir al ciudadano: Gestión de la Calidad en la Administración Pública. Barcelona: Gestión 2000
- Olías de Lima Gete, Blanca. La Nueva Gestión Pública, Prentice Hall, Madrid, 2001.
- Ruiz, J. y González, E. (2003), Guía para la implantación de cartas de servicios (2ª ed.). Madrid: Ministerio de Administraciones Públicas
- Velázquez López, Francisco Javier “Liderazgo y trabajo en equipo en las administraciones públicas”, en Natera, Antonio y Vanalocha. Universidad Carlos III de Madrid,2005.
- Villoria Mendieta, Manuel “El liderazgo en las organizaciones públicas: problemas metodológicos y éticos”, en Natera, Antonio y Vanalocha. Universidad Carlos III de Madrid, 2005.
Competencias
CE2 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na toma de decisións e na resolución de conflitos de organizacións complexas e no seguimento dos mesmos, tanto no nivel estratéxico como no operativo ou no técnico
CE3 - Capacidade para comprender e coñecer en profundidade as funcións internas e externas da dirección estratéxica dunha organización complexa, incluídas a xestión e o liderado dos equipos multidisciplinares
CE6 - Coñecer as diferenzas e similitudes dos diferentes campos da mercadotecnia e da comunicación: empresarial, organizacional, institucional e política
CE8 - Capacidade para deseñar plans de comunicación ligados á construción de determinados produtos políticos,implementalos e avalialos.
CE11 - Capacidade de deseñar e xestionar a mercadotecnia, a consultoría e a comunicación en situacións de crises a nivel estratéxico, operativo e táctico
CE12 - Capacidade para entender e transmitir as necesidades de institucións, organizacións e empresas, da mercadotecnia e a comunicación política, tanto a nivel interno como externo, desde unha perspectiva integral
CE14 - Capacidade de entender, pensar e desenvolver a comunicación cos cidadáns online no marco da Web 2.0, así como para analizar as repercusións sociais e políticas do seu impacto
CE15 - Capacidade para desenvolver un estudo avanzado sobre aspectos relevantes da mercadotecnia política e a comunicación estratéxica integral, así como defender a metodoloxía e as conclusións alcanzadas ante especialistas neste ámbito disciplinar
Metodoloxía da ensinanza
A docencia desenvolverase mediante clases presenciais nas que se discutirán e debatirán as diversas cuestións prantexadas na exposición dos textos propostos. Presentaranse casos prácticos que deberán ser analisados e comentados polos alumnos.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Asistencia e participación nas clases (50 %), exame final (50%)
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Tempo de estudo individual: 25 horas
Tempo de preparación de traballos e exposicións: 26 horas
O profesor facilitará materais a principio do curso. O ideal sería ilos estudando seguindo o ritmo do curso. Podense solicitar lecturas e libros complementarios nas tutorias.
-En canto a detección dun exame fraudulento a persoa afectada será suspensa nesa convocatoria.
Recórdase que, de acordo coa Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións, aprobada por Acordo do Consello de Goberno da USC de 15 de Xuño de 2011 e modificada por Acordo do Consello de Goberno da USC de 5 de Abril de 2017, a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de trabados plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas a autores e fontes.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado".
Miguel Anxo Bastos Boubeta
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815167
- Correo electrónico
- miguelanxo.bastos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesus Manuel Benitez Baleato
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- jesusmanuel.benitez.baleato [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:15-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
Mércores | |||
16:00-18:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |