Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender os conceptos de marketing e comunicación institucionais.
- Identificar os principais elementos que permiten a definición dunha campaña de marketing institucional.
- Definición do concepto de marca (branding).
- Diferenciar os tipos de marketing institucional.
- Coñecer e manexar as tecnoloxías e técnicas SEM e SEO e outras estratexias de posicionamento web.
1. Democracia e sociedade dixital.
2. A mediatización da vida política.
3. Sistemas mediáticos comparados.
4. Campañas dixitais.
5. Participación e comunidades de usuarios.
6. Xestión de redes sociais.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
Andrade, C.M. & Ramírez de Amorim, L. (2017). (Re) leituras contemporâneas sobre comunicação organizacional e relações públicas Editora Universitária da PUCRS, Pontifícia Universidade Católica do Rio Grande do Sul (BRASIL)
Grunig J. & Hunt, T. Dirección de relaciones públicas. Gestión 2000. Barcelona, 2003
Kotler, p et al. (2018) Marketing 4.0. Transforma tu estrategia para atraer al consumidor digital. Editorial LID
Kotler, P. Kartajaya H. & Setiawan I. (2011). Marketing 3.0. Madrid: Colección Acción Editorial (LID).
Kreps, G.L. Organizational communication, Northern Illinois University, 1990.
Lucas Marín, A. (1997). La comunicación en la empresa y en las organizaciones. Bosch comunicación. Barcelona.
Túñez, M. (2012). La gestión de la comunicación en las organizaciones. Editorial Comunicación Social. Zamora/Sevilla.
Túñez-López, M. (2016). Perspectivas de la gestión de la comunicación en el siglo XXI. En CL Andrade Scroferneker y L. Ramírez de
Túñez-López, M., Valarezo-González, K.P. & Punín-Larrea, M. I. (2018) Generation Co. Tendencies of XXI Century's Communication Management. Communication: Innovation & Quality, Springer. 365-379
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
Jimenes, A. (2009). Employer ...qué? Employer Branding. La gestión de las marcas para atraer y retener el talento. Almuzara.
Kotler, P.; Keller, K.L.; Cámara, D.; y Mollá, A. (2009).Dirección de Marketing. Pearson.
Losada Díaz, J.C. (2004). Gestión de la comunicación en las organizaciones. Ariel.
Matilla, K. (2009). Conceptos fundamentales en la planificacion estratégica de las relaciones públicas. Editorial UOC.
Meerman Scott, D. (2008). As novas regras do Marketing e Relaçoes Públicas. Ideas de ler.
Míguez, M. (2010). Los públicos en las relaciones públicas. Editorial UOC.
Míguez-González, M. I., Costa-Sánchez, C. y Túñez-López, M. (2019). Radiografía de las agencias que ofrecen servicios externos de comunicación estratégica y relaciones públicas en regiones periféricas: el caso gallego. Palabra Clave 22(1), 92-116. DOI: 10.5294/pacla.2019.22.1.5
Túñez-López, M., Costa-Sánchez, C. y Valdiviezo, C. (Eds.), (2018). Comunicación Organizacional en entornos online. Gestión, actores y recursos. Cuadernos Artesanos de Comunicación, nº 149. Latina
Xifra, J. (2007) Técnicas de las relaciones públicas. Editorial UOC.
Competencias Básicas
CB1. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB2. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB3. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB4. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar formándose dun modo que haberá de ser en gran medida, autodirigido ou autónomo.
CB5. Que os estudantes posúan e comprendan os coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
Competencias Xerais
CG1. Dominar as tecnoloxías e técnicas que lle permitan obter información e analizar situacións, avaliar a súa relevancia e dispor dos recursos para facerlles fronte.
CG2. Tratar situacións complexas, críticas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
CG4. Recoñecer a necesidade do cambio e ter a habilidade necesaria para xestionalo.
CG6. Achegar valor á organización mediante a súa creatividade e participación.
CG8. Xestionar a influencia dos cambios técnicos e tecnolóxicos derivados da expansión dos medios de comunicación dixitais.
Competencias transversais
CT1. Capacidade de traballo en equipo e liderado, en contornas cooperativas, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
CT2. Capacidade analítica e de síntese.
CT3. Capacidade para a aprendizaxe e a integración no traballo en equipos multidisciplinares, a cooperación e o compañeirismo,
CT4. Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
CT5. Capacidade de xestión de información, resolución de problemas e toma de decisións.
Competencias específicas
CE1. Capacidade de xestionar a mercadotecnia política de organizacións e institucións, e de executar campañas de comunicación política.
CE4. Capacidade para utilizar as tecnoloxías máis avanzadas na xestión da mercadotecnia, a comunicación e a consultoría política orientada aos gobernos e ás campañas na contorna dixital desde unha perspectiva estratéxica, así como para deseñar proxectos de mercadotecnia viral, interactivo, SEM-SEO.
CE5. Coñecer as diferenzas e similitudes dos diferentes campos da mercadotecnia, da consultoría e da comunicación (empresarial, organizacional, institucional e política).
CE6. Capacidade para utilizar tecnoloxías, métodos e técnicas avanzadas de investigación social e política no ámbito da mercadotecnia e a comunicación políticos, en organizacións públicas e privadas.
CE7. Capacidade para deseñar plans de comunicación ligados á construción de determinados produtos políticos, implementarlos e avalialos.
CE8. Capacidade de pensar estratexicamente os procesos de comunicación, que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análises e de acción, así como a súa posta en marcha e a súa avaliación.
CE9. Capacidade de deseñar e xestionar a mercadotecnia, a consultoría e a comunicación en situacións de crises a nivel estratéxico, operativo e táctico.
CE11. Capacidade de entender, pensar e desenvolver a comunicación cos cidadáns online, así como de analizar as repercusións sociais e políticas do seu impacto.
CE15. Capacidade para desenvolver as técnicas de segmentación superreducida (microtargeting) no ámbito da mercadotecnia política e a comunicación.
CE16. Capacidade para manexar as novas contornas dixitais e as súas posibilidades de face á formación de candidatos, o deseño de campañas e a construción do produto político.
1.- Leccións maxistrais.
2.- Lecturas sobre casos.
3.- Selección de casos para a análise participativa nas clases.
4.- Desenvolvemento dun traballo en grupo que será exposto e debatido na aula.
5.- Revisión xeral dos casos utilizados.
6.- Uso de plataformas para docencia presencial a distancia (videoconferencia colectiva).
70% Realización de traballos individuais ou en grupo.
15% Participación activa e aproveitamento das clases interactivas ou de laboratorio.
15% Presentacións orais.
Ademais do tempo asignado ás actividades docentes programadas, o alumno deberá empregar as seguintes horas de traballo:
25 horas no uso da bibliografía e a información complementaria.
12 horas no desenvolvemento dos traballos en grupo.
2 horas na preparación da exposición.
Total: 39 horas.
Utilización do TIC para a realización e exposición dos traballos.
Selección de temas actuais nos que a información e anlisis complementarios sexan alcanzables.
Dar prevalencia ao traballo en grupo sobre o traballo individual.
Ser activos nas horas dedicadas á docencia maxistral e ás análises de caso.
Angel Antonio Vizoso Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816544
- Correo electrónico
- angel.vizoso [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
15.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
15.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |
12.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
12.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |