Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O propósito deste curso é o estudo da área de Xestión de Operacións das empresas turisticas a través dos obxectivos seguintes:
-Familiarizar o alumno coa Xestión de Operacións, a súa definición e contido.
-Recoñecer a influencia das operacións na eficiencia, eficacia e competitividade das empresas de turismo.
-Desenvolver nos alumnos as habilidades necesarias para afrontar con éxito a xestión da calidade e dos procesos productivos das empresas de turismo.
Introdución á Dirección de Operacións das empresas turísticas: a función de operacións e a Dirección de Operacións de unha empresa de turismo; eficiencia operacional e limiar de rendibilidade, eficiencia e Adaptación Competitiva das Empresas de Turismo.
A Calidade nas empresas de turismo: conceptualización da calidade e as súas varias abordaxes. Calidade como a ausencia de erros, a calidade e as necesidades, expectativas e satisfacción do cliente.
O Proceso Operativo dunha empresa de turismo: tipoloxía, definición e importancia estratéxica dos procesos operativos das empresas de turismo, técnicas de xestión de proxectos turísticos, organización das operacións enfocadas no proceso de negocio, organización das operacións enfocada no producto turístico; "personalización masiva" de servizos turísticos
BESTERFIELD, D.H. (1995): Control de Calidad. Prentice may.
CAMPANELLA, J. (1992): Principios de los costes de la calidad. Díaz de Santos.
CROSBY, P.B. (1987): La calidad no cuesta. CECSA. México.
CUATRECASAS ARBÓS, LL. (2000): Organización de la producción y dirección de operaciones: sistemas actuales de gestión eficiente y competitiva. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces.
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos estratégicos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos tácticos y operativos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. y otros (2006): Estrategia de Producción. Mc. Graw Hill
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. y VÁZQUEZ ORDÁS, C. (1995): Dirección de la Producción (vol. 2). Cvitas
HARRINGTON, H.J. (1990): El coste de la mala calidad. Díaz de Santos, Madrid.
HEIZER, J. y RENDER, B. (2007): Dirección de la producción. Decisiones estratégicas. Prentice Hall.
HEIZER J. y RENDER, B. (2008): Dirección de la producción. Decisiones tácticas. Prentice Hall.
ISHIKAWA, K. (1994): ¿Qué es el Control Total de Calidad?. Parramón.
JAMES, P. (1997): Gestión de la Calidad Total: un texto introductorio. Prentice Hall.
JURAN, J.M. (1951): Quality Control Handbook. McGraw–Hill.
JURAN, J.M. Y GRYNA, F.M. (1993): Manual de control de la calidad. McGraw–Hill.
KUME, H. (1985): Herramientas estadísticas básicas para el mejoramiento de la calidad. Parramón.
LLORÉNS MONTES, F.J., FUENTES FUENTES, M. (2000): Calidad total. Fundamentos e implantación. Pirámide.
TAGUCHI, G. (1989):Quality Engineering in Production Systems. McGraw Hill.
ZEITHAML, V.A. y otros (1993): Calidad total en la gestión de servicios. Díaz de Santos. Madrid. Competencias
Competencias da titulación as que contribúe a asignatura:
– G1 Definir o turismo urbano e a xestión de empresas turísticas.
– G2 Aplicar os coñecementos adquiridos a realidade do sector turístico.
– G4 Tomar decisións a partir de información incompleta ou limitada.
– E2 Aplicar as técnicas de xestión empresarial no sector turístico.
– E3 Dirixir e xestionar os distintos tipos de organizacións turísticas.
Competencias transversales:
– T1 Aplicar a ética a toma de decisións.
– T2 Demostrar razonamento crítico.
– T3 Analizar e sintetizar a información.
Resultados do aprendizaje: Tras cursar esta asignatura, o alumno será capaz de:
-Coñecemento e aplicacion dos conceptos básicos e a terminoloxía da materia
-Comprender as dimensións da misión de operacións e do deseño estratéxico dos procesos operativos.
-Desenvolver a xestión diaria da calidade dunha empresa turística.
-Desenvolver as habilidades necesarias, especialmente a capacidade de toma de decisión en canto á calidade, eficiencia e procesos operativos das empresas de turismo.
As sesións expositivas teñen por finalidade introducir ao alumnado na xestión dos procesos de traballo e na xestión da calidade nas empresas turisticas. O enfoque didáctico ten por obxectivo a formación do alumnado propiciando a comprensión da operativa de traballo nas empresas turísticas e a importancia da satisfacción do clientes a través da posta en marcha de procedementos de calidade no servizo analizando as diferentes normas de calidade aplicables ao sector turístico.
Para o desenvolvemento da parte teórica establécense as seguintes pautas de actuación:
• A exposición do tema e a presentación dos materiais de traballo complementaranse con exercicios e casos que fomenten a participación e o debate. Explicacións axustadas ao nivel de partida do alumnado. Considérase a materia como unha iniciación aos contidos establecidos.
• Conexión entre os contidos transmitidos e a realidade. Tanto exemplos como casos, sempre que sexa posible, versarán sobre feitos reais.
• Os contidos teóricos da materia desenvolveranse en clases expositivas de 2 horas, 1 día por semana. A parte práctica desenvolverase en clases interactivas en grupo reducido de 1,5 hora, 1 día por semana.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse no horario oficial publicado polo centro.
Para as actividades asíncronas e para a entrega de tarefas habilitarase unha caixa de correos na aula virtual coa data e hora límite de entrega.
A asistencia ás sesións é obrigatoria, polo que o profesorado de cada grupo fará un seguimento da asistencia do alumnado.
A participación nas sesións expositivas e interactivas complementarase co traballo persoal que o alumnado que inclúe, entre outras, actividades de procura de información e material bibliográfico, lectura do devandito material e elaboración e defensa de traballos individuais ou colaborativos.
Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe. As titorías tamén servirán de canle de retroalimentación sobre os resultados obtidos.
As titorías desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada para ese efecto na plataforma Moodle.
A avaliación da materia levarase a cabo seguindo un proceso de avaliación continua no que se terán en conta todas as actividades realizadas ao longo do cuadrimestre (traballo cuadrimestral, probas de avaliación de contidos teóricos ou prácticos, casos de estudo, debates, etc.), considerando aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa cun peso do 70% da cualificación final) e un éxamen final centrado na avaliación de coñecementos, cun peso na avaliación final do 30%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
O alumnado ao que se lle concedeu dispensa de asistencia seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da nota. Este exame será presencial.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación.
Primeira oportunidade ordinaria
Avaliación continua: Participación en clase, resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, realización e presentación de traballos en grupo/individuais, probas de avaliación de contidos teóricos ou prácticos, e outras actividades vinculadas ás clases interactivas e expositivas. Peso na cualificación final do 70%.
Examen final de coñecementos: peso do 30% na cualificación final
Todas as competencias da materia serán avaliadas a través do proceso de avaliación continua.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Na segunda oportunidade extraordinaria de recuperación aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. Abrirase un prazo para que o alumnado poida entregar todas aquelas actividades que non conseguiran unha cualificación de APROBADO na avaliación continua. Naqueles casos onde a actividade xa fose obxecto de corrección pública na clase presencial, proporanse actividades substitutivas co mesmo peso na cualificación final.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
O alumnado repetidor someterase ao mesmo réxime de avaliación.
Clases expositivas: 9 horas
Clases interactivas: 12 horas
Tutorías: 3 horas
Horas de evaluación: 3
Total traballo presencial na Aula: 27
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca e similares: 12 horas
Escritura de Exercicios conclusións e outros traballos: 7 horas
Estudio autónomo individual ou en grupo: 22 horas
Preparación de presentacións orais, debates e similares: 7 horas
Total de horas de traballo persoal dos alumnos: 48
Volume total de traballo: 75 horas
Asistencia a clase e participación activa
Análise/Resolución dos casos e problemas propostos
Lecturas e vídeos recomendados
Manuel Fernando Picon Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- fernando.picon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 18 |
19.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
19.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |
07.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |
07.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |