Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Definir, dende unha perspectiva estratéxica, a dirección de persoas nas empresas turísticas.
2. Explicar as repercusións das decisións no ámbito do persoal sobre os participantes individuais e a sociedade.
3. Desenvolver capacidades para formular e implantar estratexias relativas ás persoas que axuden ás empresas turísticas a obter unha vantaxe competitiva.
Os contidos que se desenvolven no curso axústanse ao descritor da materia no plan de estudos do Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión das Empresas Turísticas.
1. Retos da dirección de persoas nas empresas turísticas.
2. Enfoques para a dirección de persoas.
3. Perspectiva estratéxica na dirección de persoas nas empresas turísticas.
4. Modelo de análise para a dirección estratéxica de persoas nas empresas turísticas.
5. Recrutamento, selección e socialización nas empresas turísticas.
6. Formación e desenvolvemento de carreira das personas nas empresas turísticas.
7. Recompensas nas empresas turísticas.
Bibliografía básica
Gómez-Mejía, Luis; Balkin, David; Cardy, Robert (2016). Gestión de recursos humanos. Octava edición. Pearson-Prentice Hall, Madrid.
Pardo, Manuela; Luna, Roberto (2006). Recursos humanos para turismo. Pearson Prentice Hall. Madrid.
Bibliografía complementaria
-Dolan, Simon L., Valle, Ramón y López, Álvaro (2014). La gestión de personas y del talento. Editorial McGrawHill, Madrid.
Martín, Inmaculada; Gaspar, Ana Isabel (2010). Administración de los recursos humanos en las empresas turísticas. Pirámide.
Para cada tema proporcionarase unha bibliografía específica
CG2 Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico.
CG4 Tomar decisións a partir de información incompleta ou limitada.
CG5 Comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a públicos especializados e non especializados.
CT1 Demostrar unha visión estratéxica ante os problemas empresariais.
CT4 Aplicar as técnicas de xestión empresarial no sector turístico.
CE1 Dirixir e xestionar os distintos tipos de organizacións turísticas.
CE2 Aplicar a ética á toma de decisións.
CE3 Traballar en equipos de composición diversa.
As sesións expositivas utilizaranse para introducir os contidos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre os diferentes contidos. O material a utilizar para cada tema poñerase a disposición do alumnado en data previa á clase correspondente.
Empregaranse o ordenador e o canón-proxector como soportes principais da materia, proxectando transparencias e diferente material que serve de guía ás explicacións realizadas. Tamén se empregarán a pizarra, artigos impresos ou calquera outra información necesaria para ampliar coñecementos e aclarar dúbidas.
Nas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos, traballe individualmente e/ou en equipo e desenvolva competencias propias da materia. Por iso, analizaranse casos, debateranse cuestións propostas polo profesorado, faranse sesións de role-play e realizaranse as presentacións dos traballos previamente elaborados en equipo.
O profesorado monitorizará a asistencia do alumnado e a súa participación nas sesións expositivas e interactivas.
As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a busca, lectura e síntese de material bibliográfico referenciado polo profesorado. Tamén abarcan a elaboración dun traballo en equipo a presentar nunha sesión interactiva.
Por medio do traballo en equipo e a súa presentación na aula espérase que o alumnado desenvolva a competencia para traballar en equipos de composición diversa nas empresas, así como a de comunicación oral. O profesorado guiará o traballo autónomo do alumnado nas horas destinadas a titorías.
As titorías realizaranse preferiblemente de modo presencial. De ser necesario, poderán realizarse tamén de modo virtual. As titorías virtuais poderán combinar as titorías síncronas (individual ou grupal a través da plataforma MS Teams) con titorías asíncronas (Campus Virtual).
A avaliación terá en conta tódalas actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, realización e exposición de traballos, exame de contidos, etc. ).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a cualificación acadada fose superior. O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación.
-Primeira oportunidade ordinaria:
A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame, que supón o 50% da cualificación.
A avaliación continua supón o outro 50% da cualificación, dividido do seguinte modo: actividades na aula, 35%; elaboración e presentación dun traballo relacionado coas competencias da materia, 15%.
A avaliación continua terá en conta a participación nas clases así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado.
Para poder sumar á puntuación do exame a relativa ás outras actividades, é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2 sobre 5 no exame teórico. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.
Ademais, é necesaria unha asistencia mínima ás clases do 80% para poder superar a materia.
A puntuación relativa ás actividades (non a de o exame teórico), gardarase para a convocatoria de xullo pero en ningún caso para os cursos posteriores.
-Alumnado con dispensa de asistencia a clase:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
-Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
A materia é de 3 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 27.
Traballo persoal do alumnado: 48
Recoméndase a asistencia a clase, a participación en todas as tarefas propostas, tanto dentro coma fora da aula, e o uso das titorías. O acceso ao campus virtual para se informar de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispoñer do material que se vai presentar nas sesións expositivas facilita a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos. Tamén recoméndase a consulta bibliografía recomendada e a lectura da prensa buscando novas relacionadas coa materia.
Finalmente, o uso das titorías deberías suplir calquera tipo de problema que puidera xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendixaje da materia.
No caso de non aprobar, aconséllase ao alumnado a revisión do exame e dos traballos entregados para a súa comprensión dos erros cometidos.
Adolfo Carballo Penela
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811590
- Correo electrónico
- adolfo.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 18 |
18.12.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
18.12.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |
17.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |
17.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |