Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 50 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos xerais desta materia son que o/a estudante:
1. Comprenda e domine as ferramentas da análise económica que lle permitan aproximarse ao funcionamento dos modelos macroeconómicos do mercado de traballo e aos mercados lcoales de traballo.
2. Saiba recoñecer os aspectos macroeconómicos económicos das relacións laborais e analizalos desde unha perspectiva de teoría económica.
Son contidos básicos da materia:
- Emprego e paro (introdución teórica e a súa evolución en España nos últimos anos).
- O papel do Estado no mercado de traballo. A política fiscal (ingresos e gastos). As políticas de rendas.
- O financiamento da Seguridade Social en España, a súa incidencia na determinación das variables básicas do mercado de traballo. Os efectos do cambio demográfico.
- Efectos económicos da discriminación no mercado de traballo (idade, sexo, procedencia do traballador).
- Aspectos territoriales do mercado de traballo. Os mercados de traballo locais.
- Revisión práctica das principais bases de datos relacionadas co mercado de traballo.
En función deses contidos básicos, o PROGRAMA desenvólvese como segue:
- A productividad do traballo.
- Emprego e paro (visión teórica).
- A oferta e demanda agregada. O papel do Estado no mercado de traballo. A política fiscal (ingresos e gastos). As políticas de rendas. A incidencia da Seguridade Social.
- Efectos económicos da discriminación no mercado de traballo (idade, sexo, procedencia do traballador).
- Aspectos territoriais do mercado de traballo. Os mercados de traballo locais.
- Revisión práctica das principais bases de datos relacionadas co mercado de traballo.
- C. R. McConnell C., S. L. Brue. e D.A. Macpherson (2007): Economía laboral, McGraw-Hill, 7ª Edición
- Dornsbusch, R. e outros (2004): Macroeconomía, McGraw-Hill, 9ª Edición
- Miedes, B.; Pérez, G. e Sánchez, C. (2003): “La segmentación del desempleo: tipologías de desempleados según las características de los mercados de trabajo locales”, V Jornadas de
Economía Laboral, 9-11 xullo, Reus, 2003.
- Casado Díaz, J.M. (2000): Trabajo y territorio. Los mercados laborales locales de la Comunidad
Valenciana, Publicaciones Universidad de Alicante, Alicante.
- Miedes, B e outros (2007): Determinación y análisis de los mercados laborales locales en Andalucía. Consejería de Empleo de Andalucía, Decembro 2007.
Xerais:
G1. Adquirir un coñecemento amplo das institucións básicas do ámbito socio-laboral especialmente do Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
G2. Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral.
G3. Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais.
G4. Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
Básicas:
B1. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación;
B2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
B3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
B4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
B5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
A metodoloxía docente incluirá:
-Docencia expositiva, onde se presentarán pór o profesor os coñecementos que os/as alumnos/as deben adquirir.
-Docencia interactiva, onde se intentará que os/as alumnos/as conecten os conceptos básicos previamente explicados nas clases coa realidade do mercado de traballo, para o que utilizarán as noticias aparecidas nos distintos medios de comunicación, traballarán coas bases de datos, e, no seu caso, farán exposicións sobre temas relacionados cos contidos da materia e realizarán exercicios ou comentarios de texto relacionados coa mesma.
Respecto das titorías, o alumnado poderá contactar permanentemente co profesor a través do correo electrónico e, previa cita, concertar unha reunión (preferentemente individual) ou no despacho do profesor ou en Teams.
Na avaliación da materia considerarase a asistencia, o interese demostrado pola materia, a realización de traballos e a participación activa en clase cun máximo de 3 puntos.
Realizarase un exame final cunha puntuación máxima de 7 puntos.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas serán de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Dado que se trata dunha materia de 3 créditos o esforzo do estudante para superar con éxito a materia debería alcanzar as 75 horas de traballo, das que 12 corresponderían ás clases de docencia expositiva e 9 ás clases de docencia interactiva, repartindo as 54 horas restantes entre tempo de estudo, a asistencia a titorías, realización dos traballos e exercicios, preparación dos exames e realización dos mesmos.
É importante que o/a estudante teña superada a materia o programa de Economía Laboral de cuarto curso do Grao en Realciones Laborais e Recursos Humanos ou a mesma materia na Diplomatura de Relacións Laborais. Presuponse que o/a alumno/a xa coñece as nocións básicas de economía. Para avanzar adecuadamente na aprendizaxe da materia é esencial que os/as estudantes adquiran un ritmo de traballo constante e que combinen o estudo da teoría coa solución de exercicios prácticos.
Juan Jose Ares Fernandez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881815139
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Joaquín Vidal |
24.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |
11.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |