Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1. Estudo da redacción para os medios de comunicación.
2. Estudo do valor da actualidade como elemento central do discurso informativo.
3. Estudo e capacitación na tecnoloxía, a análise e a expresión en medios de comunicación.
4. Teoría e técnica do tratamento da mensaxe xornalística e as súas variantes por soportes e por modalidade expresiva.
Elementos do estilo xornalístico e técnicas de expresión e redacción.
5. A construción integral da mensaxe xornalística de acordo coa ética e a deontoloxía profesional.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Elementos da cultura xornalística: o sistema comunicativo e a industria cultural
1.1. Como funciona a sociedade. Quen é quen. O papel dos medios de comunicación
1.2. O ecosistema informativo galego. Prensa, axencias, radio, televisión e novos medios. Actores periféricos no campo xornalístico 1.3. O ecosistema informativo europeo. Prensa, axencias, radio, televisión e novos medios. Actores periféricos no campo xornalístico 1.4.Teorías do discurso: dos medios como espello e dos medios como construtores do real
TEMA 2. A redacción xornalística hoxe
2.1. Os xornalistas e a súa actividade
2.2. Ética e deontoloxía xornalística
2.3. O secreto profesional
2.4. Normas de obrigado cumprimento: os libros de estilo
TEMA 3. A noticia: na procura dunha definición actual
3.1. Como nacen as noticias
3.2. Valores noticia ou criterios de “noticiabilidade”
3.3. Tipos de noticias
3.4. Información e propaganda
TEMA 4. Compoñentes da noticia
4.1. Os " topoi" e a "lei do interese decrecente"
4.2. Estrutura das noticias
4.3. A redacción do texto por parte do profesional
4.4. O texto, o contexto e o usuario
TEMA 5. O lid/ lead/entrada
5.1. Funcións e definición
5.2. Orixe histórica e proxección actual
5.3. Tipoloxías
5.4. Normas para redactar un bo lid/ lead/entrada
5.5. Claves para diferenciar o lid/ lead/entrada da entradilla
TEMA 6. O corpo da noticia.
6.1. A articulación de cada unidade informativa
6.2. A noticia tipo: comezo-desenvolvemento ou explicación-contextualización ou background
6.3. Unicidade e multiplicidade na noticia: a cuestión dos subtemas 6.4. Modelo segundo as tipoloxías das noticias
TEMA 7. A titulación
7.1. Orixe e funcións
7.2. A cabeza de titulación e os seus elementos
7.3. Clasificación, estilos e técnicas de titulación
7.4. Consellos para unha boa titulación
TEMA 8. As fontes informativas no relato
8.1. Definición e clasificación
8.2. Localización, usos e atribución
8.3. Recollida, selección e verificación: o paradigma das tres fontes 8.4. A súa función na construción das mensaxes
TEMA 9. Valoración das noticias
9.1. Proceso de selección e axenda temática
9.2. Práctica profesional e sedimentación de rutinas
9.3. Organización da redacción e produción da información
9.4. Elementos para unha elección e xerarquización actual na planificación informativa dos produtos
9.5. Presentación gráfica da noticia. A identidade das noticias e a imaxe segundo os soportes
TEMA 10. A trama entre información, interpretación e opinión
10.1. Tipoloxía dos textos informativos
10.2. O tratamento dos materiais nos medios informativos
10.3. O papel dos principios editoriais
10.4. Os xornalistas e o seu papel nas redes sociais
10.5. O papel do xornalista na sociedade actual
TEMA 11. A influencia das tecnoloxías actuais na construción das mensaxes
11.1. Características das ferramentas actuais e aplicación na industria dos medios de comunicación
11.2. O impacto social da innovación tecnolóxica nas redaccións
11.3. Os cibermedios e os novos modelos de organización das redaccións
11.4. Tecnoloxías actuais e participación dos usuarios na construción das mensaxes
11.5 A influencia dos diversos soportes na mensaxe. O risco da manipulación
11.6. A mensaxe adaptada aos diferentes soportes de comunicación
TEMA 12. A influencia das técnicas e estilos literarios no xornalismo escrito
12.1. Novo xornalismo e narración de non-ficción
12.2. O retorno da subxectividade aos medios
12.3. A figura dos escritores nos medios
12.4. Tendencias nos territorios fronteirizos de xornalismo e literatura
* Prácticas de campo (o programa presentarase durante o curso, segundo dispoñibilidade económica)
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos centrais xirarán ao redor da redacción de noticias para os medios de comunicación. O alumno elaborará pezas informativas para todos os soportes, para o que deberá contar con materiais funxibles e produtos de apoio para elaborar pezas multimedia, de realidade virtual e de xestión de bases de datos. Traballará con software para produtos multimedia e con hardware existente nas aulas de informática para producir textos, sons, imaxes e vídeos. Pode precisar apoio para algunha peza de estudio. A peza final editarase e difundirase. Estes contidos prácticos están relacionados cos contidos teóricos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Armentia, J.I & Caminos, J.M (2003). Fundamentos de periodismo impreso. Ariel.
Diezhandino, M.P. (2009). El quehacer periodístico ante el desafío digital. Criterio noticioso. Pearson.
Fontcuberta, M. (2011). La noticia. Pistas para percibir el mundo. Ediciones Paidós. (Nova edición revisada e ampliada).
López, X.&García Orosa, B. (2009). Construíndo a realidade. Edicións Lea.
Lyon, W. (2014). La escritura transparente. Cómo contar historias. Libros del K.O.
Núñez Ladevéze, L. -coordinador- (2015): Periodismo en la red: Géneros, estilos y normas. Editorial Universitas.
Pallás, José (2021). Redacción web. Manual de redacción "SEO". Independently published.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Díaz Noci, J.&Salaverría, R. (2003). Manual de Redacción Ciberperiodística. Ariel.
Diezhandino, P. -Coord.- (2012). El periodista en la encrucijada. Ariel. Colección Telefónica.
Martínez Albertos, J.L. (2002). Curso general de redacción periodística. Editorial Paraninfo.
Roitberg, G& Piccato, F. -Comps.- (2015). Periodismo disruptivo. La Crujía Ediciones.
Sampedro, V. (2014). El cuarto poder en red. Icaria
CON.2 - Coñecer os principios do xornalismo e da comunicación para desenvolverse de forma profesional e ética.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
CON.6 - Identificar os referentes que lle permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.1 - Aplicar as técnicas de expresión oral, escrita, audiovisual e multimedia para a elaboración de información
xornalística.
HAB.2 - Analizar o estado dos procesos comunicativos e das organizacións mediáticas para tomar decisións
e propoñer solucións nos seus diferentes ámbitos.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da
actividade xornalística.
HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
HAB.6 - Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.3 - Deseñar e desenvolver proxectos xornalísticos en distintos medios, soportes e contexto.
COM.5 - Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades
creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
COM.6 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da
Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento
Sostible.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará na páxina da materia (www.novosmedios.org/periodismo) e na plataforma do campus virtual da USC.
A planificación das exposicións e debates organizarase nas dúas primeiras semanas de clase.
Xose Lopez Garcia
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
19.05.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 1 |
19.05.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 2 |
23.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 2 |