Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo e análise da curación de contidos.
2. Análise e aplicación das técnicas de documentación online, as bases de datos e os repositorios.
3. Estudo e análise da visualización de datos: data scrapping, metadatos, big data, formatos, ferramentas e innovación.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. DATOS E XORNALISMO
1.1. Concepto
1.2. Antecedentes e evolución
1.3. O big data (concepto, evolución e usos)
1.4. O Open Data (concepto, evolución e usos)
1.5. Curación e xestión de datos
1.6. Os datos como fonte xornalística
1.7. O xornalismo de datos
TEMA 2. A VISUALIZACIÓN DE DATOS
2.1. Concepto e evolución
2.2. Usos no xornalismo
2.3. Formas gráficas (tipoloxías e función no relato xornalístico)
2.4. Deseño xornalístico e infografía (cor, retícula, imaxe, tipografía, etc.)
2.5. Exemplos e experiencias no marco do xornalismo actual
CONTIDOS PRÁCTICOS
O alumnado realizará actividades dirixidas á procura, selección e comunicación de datos con ollada xornalística. Para tal fin serán realizadas actividades como:
- Procura e identificación de datos en fontes oficiais
- Elaboración de infografías
- Elaboración de visualizacións de datos
- Aprendizaxe no uso de ferramientas destinadas á producción de gráficos interactivos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bounegru, L., Chambers, L., & Gray, J. (Eds.). (2012). The Data Journalism Handbook 1. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/one
Bounegru, L., Chambers, L., & Gray, J. (Eds.). (2021). The Data Journalism Handbook 2. Towards a Critical Data Practice. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/two
Cairo, A. (2011). El arte funcional. Alamut.
Cairo, A. (2016). The truthful art. New Riders.
Colle, R. (2013). Prensa y" Big Data": El desafío de la acumulación y análisis de datos/Press and" Big Data": The challenge of data accumulation and analysis. Revista Mediterránea de Comunicación/Mediterranean Journal of Communication, 4(1).
Crucianelli, S. (2013). ¿ Qué es el periodismo de datos?. Cuadernos de periodistas, 26, 106-124.
Ibáñez, D. B. (2015). Big Data y técnicas cuantitativas: una introducción al análisis de contenido informatizado. Revista San Gregorio, 2(8), 106-111.
Tascón, M. (2013). Introducción: Big Data. Pasado, presente y futuro. Telos: Cuadernos de comunicación e innovación, (95), 47-50.
Sánchez-Bonvehí, C., & Ribera, M. (2014). Visualización de la información en la democratización de los datos: propuestas desde el periodismo y la narratividad. El profesional de la información, 23(3), 311-318.
Schönberger, V. M., & Cukier, K. (2013). Big data: la revolución de los datos masivos. Turner.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bravo, A. A. (2013). El periodismo de datos y la web semántica. Cuadernos de Información y Comunicación, 18, 99.
Casero Ripollés, A., & López Meri, A. (2015). Redes sociales, periodismo de datos y democracia monitorizada.
Crucianelli, S. (2010). Herramientas digitales para periodistas. Knight Center for Journalism in the Américas.
Domínguez, M. Á. C. (2013). La evolución del periodismo de precisión: el blog de The Guardian sobre periodismo de datos. In I Congreso Internacional de Comunicación y Sociedad Digital (p. 11). Universidad Internacional de La Rioja.
Ferrer-Sapena, A., & Sánchez-Pérez, E. (2013). Open data, big data:¿ hacia dónde nos dirigimos?. Anuario ThinkEPI 2013, 7, 150-156.
Fumero, A. (2014). Big Data: una perspectiva desde la comunicación ciudadana. Revista de Estudios de Juventud, (105), 39-51.
Herrero-Solana, V., & Rodríguez-Domínguez, A. M. (2015). Periodismo de datos, infografía y visualización de la información: un estudio de El País, El Mundo, Marca y El Correo.
Paniagua, S. (2013). Un mundo de sensores. De los datos al Big Data. Telos: Cuadernos de comunicación e innovación, (95), 94-96.
Rodríguez, N. (2013). Big data. ILLA comunicación, 20.
CON. 2 - Coñecer os principios e as técnicas de análise e de elaboración de produtos xornalísticos multimedia.
HAB. 1 - Empregar técnicas e ferramentas específicas para o traballo no xornalismo e a comunicación multimedia.
HAB. 3 - Aplicar as innovacións tecnolóxicas no xornalismo multimedia.
HAB. 5 - Analizar produtos, estratexias e proxectos xornalísticos do ecosistema comunicativo dixital.
COM. 5 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo docente.
Presentación na aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada.
Estudo de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia.
Seminario: sesión interactiva e grupal para o traballo guiada polo docente, especialmente enfocada á resolución de exercicios, análise de textos e casos, así como ao deseño de estratexias e proxectos.
Prácticas Aula Informática: sesión interactiva e grupal nun entorno equipado con ordenadores.
Aprendizaxe baseada en proxectos: programación deseñada a partir de tareas sucesivas nun proceso que conclúe cun produto final.
As actividades prácticas (traballos individuais e/ou en grupo) serán a pedra alicerce da avaliación. Suporán o 75% da nota fronte ao 25% restante que se conseguirá mediante a participación activa e proactiva nas clases teóricas.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira.
Docencia teórica: 9 horas
Docencia interactiva: 12 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 48 horas
Recoméndase o traballo continuo ao longo do itinerario formativo. Os coñecementos adquiridos nas sesións teóricas terán o seu reflexo nas prácticas, que avanzarán de forma parella co obxectivo de aplicar o aprendido.
Recoméndase tamén o seguimento dos medios de comunicación e, de xeito especial, aquelas iniciativas encadradas no campo do xornalismo de datos e a visualización da información. Identificalas e afondar no seu coñecemento resultará tamén vital para tomalas como modelos a seguir á hora de entender as súas estratexias e de afrontar o traballo cos datos no marco desta materia.
Angel Antonio Vizoso Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816544
- Correo electrónico
- angel.vizoso [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Martes | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Mércores | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Xoves | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Venres | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
09.01.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |
11.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |