Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Acuicultura (3ª ed)
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquirir coñecemento de diferentes técnicas e procesos biotecnológicos aplicables a diferentes aspectos da produción acuícola.
Profundar na metodoloxía de manipulación xénica e cromosómica de peixes, moluscos e outros organismos mariños.
Coñecer as características e aplicacións de organismos sometidos a manipulación xénica ou cromosómica.
Adquirir coñecementos sobre a manipulación das microalgas para diferentes fins biotecnológicos.
Adquirir coñecementos sobre os principios básicos da análise xenómico funcional (transcriptómica e proteómica: análise da función xénica a través dos xenes transcritos e das proteínas codificadas, respectivamente).
Clases expositivas
Tema 1. POLIPLOIDÍA INDUCIDA 3
Tema 2. XINOXÉNESE E ANDROXÉNESE 1
Tema 3. LIÑAS CLÓNICAS E POBOACIÓNS MONOSEXO 1
Tema 4. PRODUCIÓN E USO DE ANIMAIS TRANSXÉNICOS 3
Tema 5. PEIXES TRASXÉNICOS 2
Tema 6. PRODUCIÓN DE MICROALGAS 2
Tema 7. PRODUCIÓN DE METABOLITOS SECUNDARIOS A PARTIR DE MICROALGAS 4
Tema 8. BIORREMEDIACIÓN CON MICROALGAS 2
Tema 9. MODIFICACIÓNS XENÉTICAS EN MICROALGAS E CIANOBACTERIAS 1
Tema 10. INTRODUCIÓN A PROTEÓMICA 5
Temario Prácticas
Técnicas para a identificación de poliploides e xinoxenéticos/androxenéticos 4
Técnicas para a creación de organismos modificados xenéticamente 4
Análise e determinación de metabolitos secundarios de orixe microalgal 6
Identificación de proteínas mediante técnicas de proteómica 4
Bibliografía básica:
Manipulación xénica e cromosómica:
Dunham R.A. (2011). Aquaculture and fisheries biotechnology: genetic approaches. CABI, Cambridge.
Komen H. & Thorgaard G.H. (2007). Androgenesis, gynogenesis and the production of clones in fishes: a review. Aquaculture 269: 150-173
Piferrer F., Felip A. &Cal R.M.(2007). Inducción de la triploidía y la ginogénesis para la obtención de peces estériles y poblaciones monosexo en acuicultura. En Martínez Portela P., Figueras Huerta A. (Coordinadores), Genética y genómica en acuicultura. Observatorio Español de Acuicultura.
Piferrer F, Beaumont A, Falguière JC, Flajshans F, Haffray P & Colombo L (2009). Polyploid fish and shellfish: production, biology, applications to aquaculture for performance improvement and genetic containement. Aquaculture 293: 125-156
Microalgas e cianobacterias:
Abalde J y col., (1995). Microalgas: cultivo y aplicaciones. Servicio de Publicaciones de la Universidad de A Coruña.
Ben-Amotz A y col. (2009). The alga Dunaliella. Biodiversity, physiology, genomics and biotechnology. Science Publishers.
Cohen Z. (1999) Chemicals from microalgae. Taylor & Francis.
Morales-Mendoza, S. (2016). Algae-based biopharmaceuticals. Springer
Richmond, A. (ed.) (2004). Handbook of Microalgal Culture. Biotechnology and Applied Phycology. Blackwell Science, Ltd.
Richmond A, Hu Q (eds.), (2013). Handbook of microalgal culture. 2nd edition. Applied Phycology and Biotechnology. Wiley Blackwell.
Proteómica:
Liebler, D. C. (2002). Introduction to proteomics. Tools for new Biology. Humana Press.
Twyman, R. M. (2004). Principles of proteomics. Taylor and Francis.
Overturf, K. (2009). Molecular research in aquaculture. Wiley-Blackwell.
Salekdeh, G. H. (2016).Agricultural proteomics volume 1. Springer.
Bibliografía complementaria:
Facilitarase cos temas do programa durante o desenvolvemento da materia.
Competencias xeráis:
• CG08- Potenciar o manexo de idiomas extranxeiros.
• CX09- Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
Competencias específicas:
• CE04- Controlar todos os factores fisiolóxicos, metabólicos, inmunolóxicos, ambientais, de alimentación, que afectan ao benestar das espécies em cultivo, e implementar os procesos de reprodución, mantemento, produción e patoloxía
• CE11- Adquirir os coñecementos básicos e aplicados de xenética, xenómica e proteómica aplicada á acuicultura.
Competencias básicas:
• CB01 - os alumnos posúen e comprenden os coñecementos que lle aporten a capacidade de innovación e originalidad no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, tanto no ámbito profesional como nun contexto de investigación
• CB02- que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
Competencias transversais
• CT4 - Habilidade na búsqueda, análise e interpretación de fontes de información variadas i en distintos idiomas (fundamentalmente inglés).
• CT5- Habilidade na presentación de coñecementos e resultados: comunicación oral e escrita; capacidade analítica, crítica e de síntese; uso de recursos informáticos.
Clases presenciales teóricas e prácticas. Desenvolvemento de traballos. Tutorías personalizadas. Traballo autónomo do alumno.
Prácticas: 1 día na UDC e 1 día na UVi
Consideracións xerais:
Avaliaranse as competencias adquiridas en todas as actividades programadas para o desenvolvemento da materia.
Aspectos e criterios de avaliación:
Proba escrita sobre os aspectos tratados en clases de teoría (75%).
Asistencia, desenvolvemento e aproveitamento das prácticas (25%).
O alumno que non faga a proba escrita considerarase como NON PRESENTADO.
Honestidade académica:
Nesta materia non se tolerarán comportamentos deshonestos.
Os comportamentos deshonestos inclúen entre outros: plagio, copiar durante os exames, falsificación de documentos relacionados coas ausencias ás actividades e o uso de dispositivos electrónicos non autorizados durante un exame
As sancións por condutas deshonestas poden carrexar o non superar a materia
Horas non presenciais 102
Asistencia e participación en toda-las actividades.
Consultar a bibliografía recomendada.
Estudar de xeito regular.
Asistir as tutorías.
Para cursar a materia son necesarios Coñecementos básicos de bioquímica e bioloxía molecular, xenética e de cultivo de microorganismos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”