Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Microbioloxía, Área externa M.U en Acuicultura (3ª ed)
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Aprendizaxe básico das técnicas de cultivo de microalgas no laboratorio e na planta de cultivo
Cultivo e manexo do alimento vivo en Acuicultura
Utilización de diferentes técnicas analíticas, tanto para o estudo do crecemento dos cultivos, como para a determinación da súa composición bioquímica
Introdución á produción de microalgas para distintas aplicacións biotecnolóxicas
Temario teoría
Sección I. Cultivo de microalgas
Tema 1. Xeneralidades do cultivo de microorganismos fotoautótrofos e especies cultivables 0,5
Tema 2. Illamento e mantemento de cepas 0,5
Tema 3. Factores que inflúen no crecemento: parámetros físicos de cultivo, nutrintes e medios de cultivo 2
Tema 4. Composición bioquímica 1
Tema 5. Sistemas de cultivo e recollida de biomasa 1
Tema 6. Aplicacións biotecnolóxicas 1
Sección II. Cultivo de zooplancton
Tema 7. Xeneralidades do alimento vivo: Importancia e propósito 0,5
Tema 8. Cultivo de rotíferos: ciclo de vida, cultivo, alimentación e enriquecemento 1
Tema 9. Cultivo de Artemia: ciclo de vida, decapsulación e eclosión de cistes, cultivo, alimentación e enriquecemento 0,25
Tema 10. Cultivo de copépodos 0,25
Temario Prácticas
1. Esterilización de auga e preparación de medio de cultivo 2
2. Mantemento de cepas e inoculación de cultivos 2
3. Planificación de produción en planta 1
4. Determinacións da biomasa 1
5. Determinación de diferentes parámetros bioquímicos da biomasa microalgal 2,5
6. Manipulación de cultivos y reconto de rotíferos 0,5
Bibliografía básica:
• Abalde y col. (1995) Microalgas: Cultivo y Aplicaciones. Servicio de Publicaciones de la Universidad de A Coruña. 210 pp
• Pérez y col. (1992). La culture des algues marines dans le Monde. Brest, Service de la Documentation et des Publications (SDP), IFREMER. 640 pp.
• Richmond (2004) Handbook of microalgal culture. Biotechnology and Applied Phycology. Blackwell Science. 566 pp.
• Andersen (2005) Algal culturing techniques. Elsevier Academic Press. 578 pp.
Ademais desta bibliografía básica, proporcionaránselle aos alumnos outras publicacións científicas específicas para o desenrolo dos seminarios.
Recursos web:
Lavens, P. & Sorgeloos, P. 1996. Manual on the production and use of live food for aquaculture. Dispoñible en ftp://ftp.fao.org/docrep/fao/003/w3732e/w3732e00.pdf
Sorgeloos et al. 1986. Manual para el uso y cultivo de Artemia en Acuicultura. 1986. Dispoñible en: http://www.fao.org/docrep/field/003/AB474S/AB474S00.htm
Artemia reference center: http://www.aquaculture.ugent.be/index.htm
Outros materiais de apoio:
Ó longo do curso poranse a disposición do alumno na páxina WEB do Máster outros recursos como poden ser presentacións, esquemas, vídeos ou enlaces a outras páxinas web.
Competencias xerais:
• CG02- Apreciar a importancia do debate e traballo en equipo, a comunicación interpersonal e a responsabilidade.
• CG08- Potenciar o manexo de idiomas extranxeiros.
Competencias específicas
• CE03- Desenvolver e coñecer as técnicas de cultivo de peixes, moluscos, outros invertebrados, algas e cultivos auxiliares.
• CE09- Organizar a producción asegurando a su viabilidade.
Competencias básicas
• CB02- que os estudiantes sepan aplicar os coñecementos adquiridos e a sua capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sua área de estudo;
Competencias Transversais
• CT1 - Capacidade para xestionar o tempo e as tarefas, e traballar baixo presión i en situacións críticas (flexibilidade, predisposición ó cambio, esforzo).
Clases maxistrais
Seminarios nos que se analizarán deseños experimentais de investigación no cultivo de microalgas e zooplancton e tamén aspectos da planificación de sistemas de produción de microalgas na planta de cultivo.
Ademais das titorías personalizadas para a resolución de dúbidas específicas dos alumnos,
realizarase unha titoría presencial non obrigatoria para a realización dos exercicios de planificación da produción en planta.
Prácticas de laboratorio en Santiago de Compostela (1 día) e na planta de cultivo do IGAFA (1 día). Cada grupo entregará informe dos resultados obtidos na práctica de laboratorio.
Exame dos coñecementos teóricos alcanzados
Realización dun traballo de planificación de produción de microalgas en planta.
Consideracións xerais:
A asistencia as clases prácticas de laboratorio e na planta de produción e un requisito obrigatorio para superar a materia.
Para os alumnos que, por incompatibilidade laboral demostrada, non poidan realizar as clases prácticas nas datas establecidas no calendario académico, poderá programarse unha práctica reducida nunha data acordada cos profesores responsables, para facilitar a superación da materia.
Aspectos e criterios de avaliación:
A nota final será a suma proporcional dos diferentes apartados avaliables que se detallan a continuación:
Proba escrita; esta proba representará un 70% da nota global da materia, sendo ademais imprescindible superala para poder contabilizala na nota final cos demais aspectos da avaliación.
Avaliación do traballo práctico a través dos resultados das prácticas; a este apartado da avaliación corresponderalle un 30% da nota global da materia. Desta porcentaxe un 20% corresponderá ó caso práctico da planificación da produción en planta, e un 10% á folla de resultados das prácticas de laboratorio.
Os alumnos que, por incompatibilidade laboral, non poidan realizar las prácticas establecidas no programa e fagan unha actividade alternativa, non poderán acadar a valoración máxima neste apartado.
horas non presenciais 51
A asistencia a clase e fundamental para o seguimento adecuado da materia e a consecución dos obxectivos plantexados.
Débense respectar os prazos de entrega dos traballos de avaliación.
Prerrequisitos
Coñecementos básicos de Microbioloxía e técnicas básicas de cultivo de microorganismos
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Ana Maria Otero Casal
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816913
- Correo electrónico
- anamaria.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Miguel A. Lastres Couto
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Acuicultura (3ª ed)
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h