Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Acuicultura (3ª ed)
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Transmitir ó alumno conceptos básicos de xenética de poboacións e a súa aplicación na acuicultura. Por exemplo, o estudio da importancia da variabilidade xenética nas poboacións para a evolución mediante selección natural, o impacto que sobre este proceso teñen as variacións no tamaño efectivo de poboación, a preponderancia de cruzamentos consanguíneos, a chegada de especímenes procedentes doutras poboacións, etcétera; en definitiva, o estudo dos diferentes mecanismos responsables do cambio evolutivo a nivel de poboacións, así como a súa interacción, constitúe unha información fundamental para o deseño de programas de selección artificial dirixidos á mellora xenética de caracteres de interese produtivo.
Clases expositivas
TEMA 1. Cuantificación da variabilidade xenética 1,5
TEMA 2. Modelos de selección natural e as súas implicacións na acuicultura 2
TEMA 3. Consanguinidade y depresión consanguínea
1,5
TEMA 4. Deriva xenética. Cuellos de botella e efecto fundador en acuicultura 2
TEMA 5. Subdivisión de poboacións e identificación de stocks 1,5
TEMA 6. Conservación de recursos xenéticos en acuicultura 1,5
Temario Prácticas
PRÁCTICA 1. Análises de estrutura xenética poboacional de datos derivados de marcadores xenéticos codominantes. 3
PRÁCTICA 2. Análises de estrutura xenética poboacional de datos de secuencias nucleotídicas. 3
Bibliografía básica:
Charlesworth, B., Charlesworth, D. 2010. Elements of evolutionary genetics. Roberts & Co.
Crow, J.F. 1983. Basic concepts in population, quantitative and evolutionary genetics. Freeman & Co.
Crow, J.F., Kimura, M. 1970. An introduction to population genetics theory. Blackburn.
Gillespie, J.H. 2004. Population genetics 2nd ed. Johns Hopkins.
Fontdevila, A., Moya, A. 1999. Introducción a la genética de poblaciones. Síntesis.
Halliburton, R. 2004. Introduction to population genetics. Person Prentice Hall.
Hamilton, M.B. 2009. Population genetics. Wiley-Blackwell.
Hartl, D.L. 2000. A primer of population genetics. Sinauer.
Hartl, D.L., Clark, A.G. 2006. Principles of population genetics 4th ed. Sinauer.
Hedrick, P.W. 2009. Genetics of populations 4th ed. Jones & Bartlett.
Nielsen, R., Slatkin, M. 2013. Introduction to population genetics: theory and applications. Sinauer.
Templeton, A. 2006. Population genetics and microevolutionary theory. Wiley-Liss.
Bibliografía complementaria:
Allendorf, F.W., Luikart, G. 2013. Conservation and genetics of populations. 2nd ed. Wiley-Blackwell.
Beaumont, A.R., Hoare, K. 2003. Biotechnology and genetics in fisheries and aquaculture. Blackwell.
Beebee, T., Rowe, G. 2008. An introduction to molecular ecology 2nd ed. Oxford.
Bromham, L. 2008. Reading the story in DNA. Oxford.
Christiansen, F. B. 2008. Theories of population variation in genes and genomes. Princeton.
Conner, J.K., Hartl, D.L. 2004. A primer of ecological genetics. Sinauer.
Falconer, D.S., Mackay, T.F.C. 1996. Introducción a la genética cuantitativa 4th ed. Acribia.
Frankham, R., Balloux, J.D., Briscoe, D.A. 2010. Introduction to conservation genetics 2nd ed. Cambridge.
Freeland, J.R., Kirk, H., Petersen, S.D. 2011. Molecular ecology 2nd ed. Wiley-Blackwell.
Fox, C.W., Wolf, J.B. 2006. Evolutionary genetics. Oxford.
Graur, D., Li, W.H. 2000. Fundamentals of molecular evolution 2nd ed. Sinauer.
Höglund, J. 2009. Evolutionary conservation genetics. Oxford.
Lowe, A., Harris, S., Ashton, P. 2004. Ecological genetics. Blackwell.
Maynard-Smith, J. 1998. Evolutionary genetics 2nd ed. Oxford.
Recursos web:
Programas informáticos dispoñibles on line deseñados especificamente para a análise de datos xenéticos en poboacións naturais e de cultivo
Bases de datos de secuencias nucleotídicas (GeneBank).
Bases de datos derivados de estudos en xenética de poboacións e ecoloxía molecular (Dryad)
Competencias xeráis:
• CG07Contribuir a incrementar o coñecemento plantexando e desenrrolando proxectos de investigación e cultivo.
• CG08- Potenciar o manexo de idiomas extranxeiros.
Competencias específicas
• CE10-Identificar obxectivos relevantes de investigación e planificar a súa consecución.
• CE11-Adquirir os coñecementos básicos e aplicados de xenética, xenómica e proteómica aplicada á acuicultura.
Competencias básicas
• CB2-Garantizarase que os estudantes sepan aplicalos coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sua área de estudo.;
• CB4-Garantizarase que os estudantes sepan comunicar as suas conclusións (e coñecemeentos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sin ambigüedades.
Competencias transversais
• CT4 - Habilidade na búsqueda, análise e interpretación de fontes de información variadas i en distintos idiomas (fundamentalmente inglés).
• CT5- Habilidade na presentación de coñecementos e resultados: comunicación oral e escrita; capacidade analítica, crítica e de síntese; uso de recursos informáticos.
Clases maxistrais facendo uso de recursos informáticos para a esquematización e ilustración gráfica dos contenidos correspondentes a cada tema.
Uso de programas informáticos específicos para a análise xenético poboacional de datos sobre a variación en secuencias nucleotídicas, loci alozímicos e microsatélites.
Acceso a bases de datos públicas de interese en xenética de poboacións e ecoloxía molecular.
Prácticas: na USC, Campus Vida (1 día) e na UVigo (1 día)
Consideracións xerais:
Avaliaranse tanto los contidos teóricos da materia como a capacidade de resolución de problemas e cuestións de índole práctica relacionados coa mesma.
Aspectos e criterios de avaliación:
Os criterios básicos de avaliación consistirán na demostración dunha comprensión crítica dos conceptos fundamentais, a súa claridade expositiva e aplicación. O instrumento de avaliación principal consistirá nun exame escrito (valor 70%). Tamén se avaliaranse traballos escritos sobre temáticas particulares, así como competencias e destrezas mostradas durante as clases prácticas (valor 30%).
Horas non presenciais 51 h
Presupóñense coñecementos básicos de xenética, polo que é recomendable que os estudantes superaran previamente a materia de “Xenética aplicada a acuicultura”, que é obrigatoria e corresponde ó primeiro ano de Máster.
Que o alumno teña un coñecemento básico do inglés é importante, pois a maioría da bibliografía dispoñible para o estudio da materia está publicada neste idioma. Ademais esta linguaxe representa a forma de comunicación por excelencia no ámbito científico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”