Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 22 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Fundamentos de Análise Económica, Área externa M.U en Biociencias Moleculares [L]
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral é proporcionar ao alumnado as ferramentas necesarias para entender o funcionamento das empresas; en particular, sobre as empresas que se centran nas actividades relacionadas coa biotecnoloxía. Para iso é indispensable comprender os distintos contextos nos que o empresario toma decisións. De forma específica, pódense establecer tres obxectivos:
- Proporcionarlle o estudante os instrumentos de análise e a metodoloxía básica para o razoamento económico que permita a comprensión dos factores determinantes dos mercados imperfectos onde as empresas teñen poder de mercado e, en particular, como o comportamento estratéxico e a incerteza caracterizan frecuentemente a toma de decisións empresariais e por tanto o funcionamento destes.
- Transmitirlle o alumnado a relevancia da innovación no contexto empresarial, especialmente neste tipo de empresas. A innovación é un dos motores do desenvolvemento económico e, por conseguinte, é motivo de regulación por parte dos poderes públicos.
- Transmitir nocións básicas do alcance do impacto socioeconómico da biotecnoloxía e das metodoloxías de estimación.
Segundo o plan de estudos, os contidos da materia serán os seguintes:
- Conceptos básicos: oferta, demanda e prezo en mercados biotecnolóxicos
- Análise económica dos mercados biotecnolóxicos
- Competencia nos mercados biotecnolóxicos.
- Políticas públicas de competencia nos mercados biotecnolóxicos.
- Interacción estratéxica: equilibrio non cooperativo. Estratexias óptimas en prezos.
- Estratexias para a determinación de prezos de patentes
- Estratexias de crecemento en empresas biotecnolóxicas.
- Análise económico de custos e avaliación económica da biotecnoloxía
- A estrutura de custos dunha empresa biotecnolóxica: custos afundidos
- Impacto económico da biotecnoloxía
- Preparación de propostas, avaliación e xustificación de proxectos de investigación.
- Transferencia de resultados de investigación.
- Emprender en Biotecnoloxía. Casos prácticos.
Krugman, P. (2022): Fundamentos de economía. 5 ª edición. Reverté, Barcelona.
Pindyck, R, e Rubinfeld, D. (2018). Microeconomía. 9a edición, Editorial Pearson, Madrid.
Mata, J. (2007). Economía da empresa. 4ª edición. Fundaçao Calouste Gulbenkian, Serviço de Educaçao e Bolsas, Lisboa.
Sikorski, R. e Zemła-Pacud, Z. (2021). Patents as an incentive for innovation. Alphen aan den Rijn, Wolters Kluwer, Países Bajos.
Baudry, M. e Dumont, B. (2017). Patents: Prompting or Restricting Innovation? John Wiley & Sons, Londres.
Os resultados da aprendizaxe da titulación, isto é, competencias, coñecementos ou contidos, e habilidades ou destrezas; nos que a materia contribúe total ou parcialmente son:
Comp03 - Desenvolver a capacidade de identificar e corrixir as desigualdades por razóns de xénero, socioeconómicas e actuar con profesionalidade rexéndose por principios éticos, de rigor científico e de desenvolvemento sustentable.
Comp05 - Colaborar en equipos interdisciplinares en calquera ambiente de traballo, partindo do coñecemento da contorna e da normativa legal vixente.
Comp06 - Desenvolvela capacidade de aprender de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
Con09 - Entender a importancia do comportamento estratéxico na determinación do prezo dos produtos nos mercados biotecnolóxicos, así como os aspectos legais e éticos da biotecnoloxía.
H/D08 - Aplicar os coñecementos adquiridos na planificación e implementación de proxectos de investigación.
H/D11 - Xestionar os recursos biotecnolóxicos dispoñibles de forma innovadora, estratéxica e economicamente competitiva.
A metodoloxía docente baséase en tres pilares, clases expositivas, interactiva e titorías.
As clases expositivas consistirán en clases maxistrais, consistentes basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos da materia. Estas sesións estarán destinadas a representar e explicar de maneira simplificada a realidade usando os conceptos de equilibrio de mercado e comportamento racional dos axentes económicos. Utilizando as ferramentas matemáticas e a dedución lóxica, explicarase como levar a cabo análises económico utilizando estes modelos para comprender a economía real. As clases expositivas, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito mostrar ao alumno o método e a forma en que traballa un analista económico, habilidades que o alumno terá que pór posteriormente en práctica nas clases interactivas e no tempo dedicado a traballar de maneira autónoma.
As clases interactivas estarán destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios e a analizar casos e exemplos que ilustren as teorías. Estas sesións tamén servirán para facer unha revisión dos coñecementos adquiridos que permita a interacción en forma crítica e a discusión de dúbidas formuladas polos estudantes sobre os conceptos, método e técnicas de análise introducidas nas clases expositivas.
Nas titorías dáselle orientación ao alumno sobre as cuestións discutidas nas clases e sobre traballos ou exercicios que se realicen durante o curso.
A superación da materia require a obtención de polo menos o 40% da puntuación en cada un dos seguintes puntos.
- Un exame teórico-práctico que se vai realizar nas datas establecidas polo centro, que corresponde ao 70% da nota final.
- O 30% restante asignarase atendendo aos resultados obtidos nas actividades e tarefas realizadas maioritariamente nas clases ao longo do curso, e poderá incluír diferentes medios e métodos de avaliación: resolución de problemas e exercicios, cuestionarios tipo test, preguntas de resposta curta, comentarios. Estas cualificacións serán válidas só para o curso actual e non se gardarán para cursos posteriores.
Todos os resultados da aprendizaxe sinalados, á marxe do Comp05 son avaliados no exame final.
A avaliación continua avalía os resultados de aprendizaxe Comp06, H/D08 e H/D11.
Os estudantes a que se lles conceda a exención de asistencia a clase, seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC sobre exención de asistencia a clase en determinadas circunstancias, serán avaliados cun ou varios exames finais específicos que suporán o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou calquera tipo de proba avaliable, observarase o disposto no "Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión de cualificacións".
Ademais das horas de traballo presencial, o alumno deberá dedicar aproximadamente 100 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), lecturas, realización de exercicios e traballos, a análise de casos, e a preparación de presentacións orais.
Recoméndase a asistencia a clase, xa que é primordial porque garante a transmisión correcta do coñecemento e serve de guía ao alumnado para o seu traballo persoal.
Diana Fernandez Mendez
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- di.fernandez.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
26.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |
04.07.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 1 PRIMEIRA PLANTA |