Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Entender á historia da Ciencia da Conservación e o seu contexto na ética ambiental.
• Coñecer as evidencias científicas sobre a rareza das especies e a perda de biodiversidade e comprender as causas que explican tales cambios.
• Comprender e ser capaz de expresar os impactos ecolóxicos, sociais e económicos da perdida de biodiversidade.
• Ser capaces de sintetizar e expoñer en público os beneficios que prové a biodiversidade.
• Saber aplicar os principios e as ferramentas que se empregan para conservar a biodiversidade a diferentes escalas.
• Desenvolver capacidades de discusión crítica e avaliación de datos científicos relacionados coa conservación da biodiversidade.
Temario de teoría/seminarios:
1. As bases históricas e éticas da conservación. Concepto e contido da materia. Relación con outras ciencias.
2. Causas e consecuencias da extinción. Rareza das especies. Lista vermella da IUCN.
3. Biodiversidade: Concepto e medida. Diversidade intraespecífica (xenética), ecolóxica e paisaxística. Diversidade taxonómica, etolóxica e funcional.
4. Ameazas á biodiversidade I: Crecemento da poboación e procesos estocásticos.
5. Ameazas á biodiversidade II: Sobreexplotación, especies exóticas invasoras, cambio global e contaminación ambiental.
6. Estratexias de conservación de especies. Prioridades e criterios de selección. Os libros vermellos.
Temario doutras actividades (prácticas, seminarios, titorías, etc.)
Saída de campo a un área de especial interese natural na que o alumnado realizará descrición da área e da súa riqueza natural, proposta de conservación dalgunha poboación de interese na zona, e análise de compatibilidade do territorio con outros usos
Leopold, Aldo, A sand county almanac (versión española: Una ética de la tierra), Oxford University Press, 1949, Oxford
Hunter, M.L., Fundamentals of Conservation Biology, Blackwell Science, 2002, Oxford
BÁSICAS e XERAIS
CG02 - Uso de la terminoloxía adecuada no ámbito da biodiversidade terrestre
CG03 - Empregar fontes de información e bases de datos necesarias para contribuír o análise e xerar información específica.
CG05- Contribuír ao desenvolvemento do coñecemento no ámbito da biodiversidade.
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e os podan transferir a resolución de problemas en entornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio.
TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade para o razoamento, argumentación e toma de decisións.
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada en distintos idiomas.
CT6 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos.
ESPECÍFICAS
CE5- Coñecer e saber aplicar a metodoloxía para o seguimento de poboacións naturais e recoñecer, de ser o caso, o grao de ameaza dunha especie, ou ben o seu potencial invasor.
Lección-explicación: procedemento docente por o cal o profesor presenta conceptos e/o procedementos, aportando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica o un procedemento práctico, promovendo a participación dos alumnos.
Clase práctica: desenvolta no campo, laboratorio o aula de informática, ten por obxecto a observación in situ do medio físico e biolóxico.
Aprendizaxe colaborativo: os estudantes, con o asesoramento do profesor, traballan en pequenos grupos, de maneira que o traballo de cada uno dos membros va dirixido a la consecución dunha meta común; o proceso enriquece e mellora o aprendizaxe dos restantes membros do grupo.
O libro “A sand county almanac”, de Aldo Leopold (Oxford University Press, 1949), é lectura obrigatoria. Debe presentarse un traballo monográfico sobre dito libro, que será imprescindible para a avaliación final. Versión en español dispoñible baixo os títulos “Una ética de la Tierra”, Ediciones de la Catarata, e “Un año en Sand County”, de edicións Errata Naturae.
PONDERACIÓN
Traballos individuais entregables 50
Exposición de traballos 25
Traballo sobre “A sand county almanac” 25
Horas Presencialidade (%)
Escenario 1
Clases expositivas 10 100
Clases interactivas 11 100
Titorías 3 100
Estudio persoal 51 0
Total horas de traballo 75
Nos escenarios 2 e 3 non haberá presencialidade