Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Botánica, Área externa M. U. en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Capacitar ao alumnado para o uso dos SIX na análise do territorio e do medio natural.
Habilitar para a adquisición, manipulación e análise de información xeorreferenciada.
Habilitar para estruturar e interrelacionar a información xeográfica a través dos SIX.
Capacitar para traballar coa información complexa territorial e do medio natural a través dos SIX.
Capacitar para a toma de datos, xeración e edición de capas na contorna SIX.
Formar na elaboración de mapas da contorna natural.
Tema 1. INTRODUCIÓN. A dimensión espacial da biodiversidade. A análise do espazo nos estudos ecolóxicos. Fundamentos e aplicacións dos Sistemas de Información Xeográfica no medio natural.
Tema 2. FUNDAMENTOS DOS SISTEMAS DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA. Concepto de información xeográfica. Fundamentos geodésicos e cartográficos: proxeccións e sistemas de coordenadas. Definición e historia dos SIG. Modelos de representación da información xeográfica.
Tema 3. Os DATOS XEOGRÁFICOS. Tipos e fontes de datos espaciais: vectorial- ráster. Bases de datos. Calidade de datos. Entrada e saída de datos. Visualización e consulta de información xeoespacial. Edición de datos xeográficos. Xeración de datos xeográficos mediante GPS e dispositivos móbiles.
Tema 4. ANÁLISE ESPACIAL. Tipos de análises espaciais e relacións espaciais. Formato ráster e análise espacial. MDT e Geomorfometría.
Tema 5. TELEDETECCIÓN. Introdución á teledetección: conceptos básicos, tipos de plataformas e sensores, imaxes multiespectrales e satelitales máis comúns. Servidores de imaxes.
Tema 6. REPRESENTACIÓN CARTOGRÁFICA. O mapa como representación do medio natural. Elementos do mapa. Tipos de mapas. Visualización e representación de datos xeográficos. Cartografía participativa. Publicación de mapas en web.
Bibliografía básica
Chuvieco, E. (2008). Teledetección ambiental. La observación de la tierra desde el espacio. Editorial Ariel S.A., 3ª Edición actualizada. Barcelona.
Olaya, Víctor (2020). Sistemas de Información Geográfica. Fundamentos de Sistemas de Información Geográfica. Tercera edición.
Peña Llopis, J. (2006). Sistemas de Informacion Geografica Aplicados a la Gestión del Territorio. Editorial Club Universitario 310 pp.
Wegmann, M., Leutner, B., & Dech, S. (Eds.). (2016). Remote sensing and GIS for ecologists: using open source software. Pelagic Publishing Ltd.
Ao concluír esta materia, os alumnos deben ser competentes en varios aspectos:
Competencias básicas e xerais:
CG03 - Empregar fontes de información e bases de datos necesarias para contribuír á análise e xerar información específica para o ámbito da biodiversidade terrestre.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
Competencias específicas:
CE1 - Coñecemento dos principios de funcionamento dos Sistemas de Información Xeográfica e as súas posibilidades na caracterización e xestión do medio natural.
Competencias transversais:
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada en distintos idiomas
Lección-explicación: procedemento docente polo cal o profesor presenta conceptos e/ou procedementos, achegando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico, promovendo a participación do alumnado.
Ao ser unha materia cun forte compoñente práctico e procedimental, nas clases maxistrais expoñeranse ao alumno a introdución -basees teóricas- que deba coñecer para aplicar nas aplicacións prácticas.
Clase práctica: desenvolvida en campo, laboratorio ou aula de informática, ten por obxecto a observación in situ de aspectos do medio físico e biolóxico, a realización de experimentos ou a aprendizaxe e aplicación de software informático, co apoio e supervisión do profesorado.
O traballo autónomo profundará no manexo das fontes de datos, técnicas e procedementos de análises a través da aplicación de TIC a casos de estudo e traballos tutelados.
Aprendizaxe colaborativa: os estudantes, co asesoramento do profesor, traballan en pequenos grupos, de maneira que o traballo de cada un dos membros vai dirixido á consecución dunha meta común; o proceso enriquece e mellora a aprendizaxe dos restantes membros do grupo.
Todas as actividades anteriores (sesións expositivas, interactivas e titorías) estarán apoiadas pola contorna virtual (aula virtual da materia) que facilitará e permitirá a continuidade en todo o proceso de aprendizaxe (guía, materiais, comunicacións, entrega de traballos, foros de debate, espazos de colaboración, etc.).
A consecución desas competencias avaliarase de forma continua durante todo o período lectivo.
O 100% da calificación final será resultado da avaliación de varios informes solicitados nas clases interactivas polos profesores da materia.
No caso de alumnos repetidores seguirase o sistema de avaliación descrito para alumnos ordinarios.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións das universidades do SUG.
A materia consta de 6 créditos ECTS (42 horas presenciais), cunha carga total de traballo autónomo do alumno de 108 horas. A distribución de horas para cada actividade móstrase a continuación.
Traballo presencial:
Clases expositivas teórico-prácticas: 14 horas
Clases interactivas (prácticas e estudo de casos): 28 horas
TOTAL TRABALLO PRESENCIAL: 42 horas
Traballo persoal
Lectura e preparación de temas: 20 horas
Preparación previa de prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 42 horas
Elaboración de traballos en curso / preparación de probas de avaliación: 42 horasOutras (titorías, visitas de campo titorizadas, outros): 2 horas
TOTAL TRABALLO PERSOAL: 108 horas
NUMERO TOTAL DE HORAS PARA SUPERAR A MATERIA: 150 HORAS
- Asistir participativamente ás clases teóricas e prácticas
- Analizar a bibliografía facilitada
Ramón Alberto Díaz Varela
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ramon.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |
Mércores | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |