Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Descrición da materia:
Nesta materia utilízase unha metodoloxía práctica para permitir ao alumnado coñecer o proceso de converter ideas procedentes de resultados de investigación en oportunidades de negocios. Isto faise tendo moi presente variables clave que deberían de ser analizadas polos participantes no momento que queiran consolidar un proxecto empresarial, xa sexa este dentro ou fóra dunha institución.
Prevese que con esta materia o alumnado poña en práctica os elementos que lles faría posible desenvolver paso a paso un proxecto empresarial, desde a formación de equipos e a validación dunha idea, ata a comunicación do proxecto. Ademais, as persoas participantes coñecerán algún dos mecanismos de transferencia dos resultados da investigación que potencialmente estean a levar a cabo.
Como aposta de valor da materia, e a fin de propiciar a conexión entre o mundo académico e o empresarial, o alumnado terá a ocasión de escoitar a representantes de empresas con distintos graos de desenvolvemento e madurez pero que fan uso da investigación e a innovación para ofrecer produtos e/ou servizos.
Obxectivos da materia (resultados da aprendizaxe)
RA1. Comprender os conceptos de innovación e emprendemento no ámbito científico e académico
RA2. Proporcionar ferramentas que permitan identificar intereses, habilidades, valores e características persoais e facilitar metodoloxías que axuden ao alumnado a planificar activamente a consecución duns obxectivos profesionais
RA 3. Coñecer o proceso de converter ideas procedentes de resultados de investigación en oportunidades de negocios.
RA 4. Coñecer algúns mecanismos de transferencia dos resultados da investigación.
TEMA 1. Innovación y Emprendimiento en el ámbito del medio ambiente (4h)
1.1 Concepto de innovación e importancia no ámbito científico
1.2 Emprender dende a raíz. Definicións de emprendemento e importancia das competencias de emprendemento no desenvolvemento profesional.
TEMA 2. Propuesta de valor e identidade persoal e dixital (3h)
2.1. Productividade y consecución de metas
2.2. Identidade personal e dixital
TEMA 3. Desenvolvemento de proxectos profesionais e empresariais (7h)
3.1. Xeración de ideas de negocio en conservación do medio ambiente
3.2. Traballo en equipo
3.3. Modelo de negocio
3.4. Explotación comercial dos resultados da investigación
3.4 Comunicación de ideas de negocio
• Blake, R.; Mouton, J. (1985). The Managerial Grid III: The Key to Leadership Excellence. Houston: Gulf Publishing Co. http://www.ja.org.ar/UserFiles/media/Documentos/955-Test_-_Liderazgo_- _Blake_and_Mouton.pdf
• Osterwalder Alexander, Yves Pigneur & Timothy Clark (2012). Tu modelo de negocio. Ed. Deusto, 264 paìgs.
• Cebreiros, J. (2015). Olvida tu lenguaje corporal Una nueva forma de entender la comunicacioìn. Ed. Plataforma, Barcelona, 216 paìgs.
• Ries, Eric (2012). El método Lean Startup: Cómo crear empresas de éxito utilizando la innovación continua. Ed. Planeta (GBS), 320 págs.
Competencias
BASICAS y XERAIS
CG10 - Ser capaz de aplicar os conceptos de xestión ambiental nun contexto de innovación e emprendemento profesional.
CB8 - Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e coñecementos e razóns ultimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que haberáìì de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT4 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT5 - Capacidade de realizar un traballo interdisciplinario
CT6 - Desenvolvemento de técnicas de traballo avanzado en grupo e capacidade de liderado.
ESPECÍFICAS
CE15 - Capacidade para a proxección das habilidades e competencias persoais na actividade profesional no campo do medioambente.
Actividades introdutorias: trasladar ao alumnado os conceptos de innovación e emprendemento no ámbito científico e académico
Lección maxistral: Expor os principais contidos teóricos e prácticos da materia, proporcionando ferramentas que permitan identificar intereses, habilidades, valores e características persoais do alumnado, facilitando metodoloxías de redacción e consecución obxectivos profesionais e dando a coñecer o proceso de converter ideas procedentes de resultados de investigación en oportunidades de negocios.
Obradoiro Metodoloxía de traballo activa utilizada para o desenvolvemento de ideas de negocio. No contexto da materia, este método está baseado no traballo en equipo (en moitos casos multidisciplinares) e preténdese que constitúa unha experiencia de aprendizaxe recreadas dunha situación real. Neste modelo de aprendizaxe o alumnado planea, desenvolve e avalía proxectos empresariais que teñen aplicación no mundo real máis aló das aulas.
Traballo tutelado: O alumnado, de maneira grupal, elabora un traballo sobre unha idea de negocio baseada nun produto ou servizo, polo que suporá a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, exposición
Seminario: Metodoloxía que pretende propiciar a conexión entre o mundo académico e o empresarial mediante a organización dunha seria de seminarios organizados para coñecer experiencias empresariais en distintos aspectos relacionados co medio ambiente.
Descrición Cualificación (%)
Lección maxistral + clases introdutorias Presentación y planificación de a lo menos un obxectivo profesional, elaboración dun CV en formato no científico e unha carta de presentación 15
Obradoiros Resultado da avaliación cruzada realizada entre os membros do equipo de traballo. 25
Presentación Calidade da exposición oral, calidade técnica, viabilidade, y escalabilidade do proxecto empresarial desenvolvido 60
Horas Presencialidade (%)
Clases expositivas (lección maxistral + clases introdutorias) 7 100
Clases interactivas: obradoiros 7 100
Seminarios 7 100
Titorías 2 100
Exame: presentación do proxecto 2 100
Estudio persoal do alumnado 50 0
Total horas de traballo 75