Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Área externa M. U. en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión, Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Capacidade para aplicar criterios caracterizadores do nivel de ameaza da fauna.
• Saber elaborar plans de recuperación e conservación.
1. Introdución. Conceptos sobre fauna ameazada.
2. Consideracións biolóxicas e técnicas para a caracterización da fauna ameazada.
3. Marco lexislativo sobre fauna ameazada.
4. Unidade de Conservación.
5. Plans de Conservación e Recuperación.
6. Factores limitantes e de ameaza para a fauna.
7. Conservación ex situ. Reintroducións.
Temario doutras actividades (prácticas, seminarios, titorías, etc.)
1. Fauna ameazada a escala global e nos Catálogos Galego e Español.
2. Práctica: diagnostico e análise de viabilidade dunha especie ameazada.
Primack, R. B. (2014). Essentials of Conservation Biology. 6th Edition. Sinauer
Associates. Massachusetts, USA.
Spellerberg, I. F. (1996). Conservation Biology. Longman, Singapure
UICN. (2012). Categorías y Criterios de la Lista Roja de la UICN: Versión 3.1. Segunda edición. Gland, Suiza y Cambridge, Reino Unido: UICN. vi + 34 pp. Originalmente publicado como IUCN Red List Categories and Criteria: Version 3.1. Second edition. (Gland, Switzerland and Cambridge, UK: IUCN, 2012). Disponible en: https://www.iucn.org/es/content/categor%C3%ADas-y-criterios-de-la-lista…
BÁSICAS
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e os poidan transferir á resolución de problemas en entornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio.
CB3- Que os estudantes saiban integrar coñecementos e poidan enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB4- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións a públicos especializados ou non especializados dun modo claro e preciso.
XERAIS
CG01- Adquisición da capacidade de análise sobre a situación actual e futura da biodiversidade terrestre.
CG05- Contribuír ao desenvolvemento do coñecemento no ámbito da biodiversidade terrestre.
TRANSVERSAIS
CT2- Capacidade para o razoamento, argumentación e toma de decisións.
CT3- Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5- Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
ESPECÍFICAS
CE5- Coñecer e saber aplicar a metodoloxía para o seguimento de poboacións naturais e recoñecer, de ser o caso, o grao de ameaza dunha especie, ou ben o seu potencial invasor.
Lección-explicación: procedemento docente polo cal o profesor presenta conceptos e/ou procedementos, aportando a información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico, promovendo a participación dos estudantes.
Clase práctica: desenvolvida no campo, laboratorio ou aula de informática, ten por obxectivo a observación in situ de aspectos do medio físico e biolóxico, a realización de experimentos ou a aprendizaxe e aplicación de software informático, co apoio e supervisión do profesorado.
Para as actividades de teledocencia empregaranse as plataformas/aplicacións Moodle/Teams/Stream.
Prácticas de ordenador: a través da realización de diversos exercicios, ilustraranse algúns dos distintos modos de levar a cabo unha Análise de Viabilidade Poboacional. Ao final da práctica, o alumnado deberá entregar as solucións/respostas obtidas e dito informe supoñerá o 15% da nota final.
Prácticas de campo: realizarase unha saída ao campo a unha zona onde se poida observar fauna ameazada e a súa problemática de conservación. Estas prácticas avaliaranse en base a un traballo escrito realizado polo alumnado sobre o observado na práctica de campo. Computará como o 15% da nota final.
Exame: realizarase un exame escrito sobre o contido abordado nas sesións maxistrais en videoconferencia e supoñerá o 70% da nota final.
ACTIVIDADE HORAS PRESENZA
Clases expositivas 7 100% presenciais
Clases interactivas 14 100% presenciais
Titorías obrigatorias 1 100% presenciais
Exame 2 100% presenciais
Estudo persoal do alumnado 51 0% presencial
Total horas de traballo 75
Jesus Dominguez Conde
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813268
- Correo electrónico
- jesus.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |
Venres | |||
09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |