Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Botánica, Área externa M. U. en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer a flora característica dos ecosistemas terrestres de Galicia.
Saber identificar as especies que caracterizan estes ecosistemas.
Coñecer e valorar a súa importancia.
Desenvolver a capacidade para valorar a importancia relativa dos distintos grupos que forman parte do estudo da botánica e a súa implicación ecolóxica.
Teóricos:
1. Características da Flora dos ecosistemas terrestres. (1h UDC)
2. Métodos de estudo e análise da Flora dos ecosistemas terrestres. (1h UDC)
3. Fungos liquenizados: Características xerais, recoñecemento e análise da diversidade de liques. Usos dos liques e importancia como bioindicadores. (2h UVigo)
4. Micromicetos. Recoñecemento, análise e cultivo dos micromicetos. Utilidades e importancia. (2h USC)
Temario doutras actividades (prácticas, seminarios, titorías, etc.)
1. Recoñecemento in situ da Flora característica dos medios obxecto de estudo. Observación dos principais carácteres taxonómicos e inventariación. Interpretación dos datos. (2.5h UDC)
2. Técnicas de elaboración de preparacións e contaxe. Interpretación dos datos. (2,5h UdC)
3. Identificación de micromicetos. Aplicación de técnicas macro e microscópicas e de cultivo. (5h USC)
4. Observación de fungos liquenizados. Identificación de fotobiontes, tipos de talo e formacións talinas. Diversidade de estruturas reprodutoras. Bioindicadores. (5h UVigo)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Alexopoulos, C. J. y Mims, C. W., 1985. Introducción a la Micología. Ed. Omega. Barcelona.
-Romero, M.I. 2008. Catálogo da Flora de Galicia. IBADER
-Aedo, C. (Coord. general). 2009-2019. Flora Iberica. Real Jardín Botánico de Madrid.
-Buira A., Aedo C. & L. Medina. 2017. Spatial patterns of the Iberian and Balearic endemic vascular flora. Biodivers. Conserv. 26:479–508
- Nash, T.H. III 2008. Lichen Biology Second Edt. Cambridge, University Press, 486pp.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
-Aira, Mª J., Vázquez, R.A. e Izco, J. Eds. 2014. Manual de prácticas de botánica: laboratorio y campo. Servizo de Publicacións e intercambio Científico. Santiago de Compostela.
-Barnett, H.L. & Hunter, B.B. 1972. Illustrated Genera of Imperfect Fungi. MacMilllan Publishing Co. New York. 218 p.
- Mueller, GM, Bills, GF, Foster, MS., 2004. Biodiversity of Fungi. Inventoring and Monitoring Methods. Elsevier Academic Press. Amsterdam.
- Pérez Valcárcel, C.; López Prado, M.C. & López de Silanes, M.E. 2003. Guía dos liques de Galicia. Ed Baía
WEB-GRAFÍA (Consultado 10/05/2022)
http://www.indexfungorum.org/names/names.asp
https://www.adelaide.edu.au/mycology/
https://www.floraiberica.es/
https://colecciones.rjb.csic.es/
https://www.arbolesibericos.es/
5.5.1.5.1 BÁSICAS E XENERAIS
CG02 - Uso da terminoloxía adecuada para o ámbito da biodiversidade terrestre
CG03 - Empregar fontes de información e bases de datos necesarias para contribuír á análise e xerar información específica para o ámbito da biodiversidade terrestre
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
5.5.1.5.2 TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade para o razoamento, argumentación e toma de decisións
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada en distintos idiomas
5.5.1.5.3 ESPECÍFICAS
CE6 - Coñecer as técnicas de identificación dos organismos e as tipoloxías de interaccións biolóxica
Docencia expositiva: o profesor presenta conceptos e/ou procedementos, achegando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico, promovendo a participación do estudantado.
Clases prácticas: desenvoltas no campo e laboratorio, ten por obxecto a observación in situ do medio físico e biolóxico, a realización de experimentos ou a aprendizaxe e aplicación de software informático, co apoio e supervisión do profesorado.
SISTEMA DE AVALIACIÓN: PONDERACIÓN MÍNIMA - PONDERACIÓN MÁXIMA
Sistema de avaliación baseado nos traballos, individuais e colectivos, plantexados durante a docencia expositiva, as prácticas e a saída o campo. Avaliación continua: 100.0% nota final
Actividade; horas; presencialidade
Clases expositivas; 7h; 100%
Clases interactivas; 14h; 100%
Titorías obrigatorias; 3h; 100%
Estudo persoal do alumnado; 51h; 0%
Total horas de traballo: 75h
Rosa Ana Vázquez Ruiz De Ocenda
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 982822466
- Correo electrónico
- rosana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |
Venres | |||
09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |