Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M. U. en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Capacidade de análise de datos nos que estean involucradas moitas variables, podendo no seu caso describir a natureza dos datos e a súa dimensión.
• Coñecemento para establecer relacións entre variables.
• Manexar apropiadamente software estatístico para o proceso de selección, axuste e validación de modelos.
1. Planificación e diseño de experimentos, técnicas de mostraxe.
2. Técnicas de exploración de datos.
3. Estatística básica paramétrica e alternativas non paramétricas.
4. Modelos lineais: Regresión lineal e modelos ANOVA.
5. Técnicas multivariantes de datos.
Temario doutras actividades (prácticas, seminarios, titorías, etc.)
6. Introducción á análise de datos co software estatístico R. Prácticas en R para a implementación dos métodos considerados nos contidos de teoría.
BÁSICAS E XERAIS
CB1- Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base u oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contesto de investigación.
CG01- Adquisición da capacidade de análise sobre a situación actual e futura da biodiversidade.
CG03- Empregar fontes de información e bases de datos necesarias para contribuír o análise e xerar información específica.
TRANSVERSAIS
CT4- Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada en distintos idiomas.
CT5- Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
ESPECÍFICAS
CE2- Capacidade para aplicar análise estatística á caracterización global das respostas das comunidades aos factores ambientais.
CE3- Capacidade para deseñar e realizar adecuadamente mostraxes e experimentos, e interpretar correctamente os resultados..
Lección-explicación: procedemento docente polo cal o profesorado presenta conceptos e/ou procedementos, aportando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico, promovendo a participación do estudantado. Realizaranse simultáneamente de forma presencial na Facultade de Ciencias da UDC (para o alumnado da UDC) e por videoconferencia (para o resto do alumnado).
Clase práctica: desenvolvida no campo, laboratorio o aula de informática, ten por obxecto a observación in situ do medio físico e biolóxico, a realización de experimentos ou a aprendizaje e aplicación de software informático, co apoio e supervisión do profesorado. Realizaranse de forma presencial nas aulas de informática da Facultade de Ciencias da UDC.
Aprendizaxe colaborativa: o alumnado, co asesoramento do profesorado, traballan en pequenos grupos, de xeito que o traballo de cada un dos membros vai dirixido á consecución dunha meta común; o proceso enriquece e mellora a aprendizaxe dos restantes membros do grupo. O estudantado elaborará, en grupos, un traballo consistente na análise de datos de biodiversidade con software estatístico. A actividade consiste principalmente en traballo autónomo do alumnado, que poderán consultar co profesorado as súas dúbidas, fixando las correspondientes titorías tanto de forma presencial como online, usando Teams.
A cualificación final da materia será o resultado dos seguintes ítems:
• Avaliación continua (30% da nota final): Resolución de exercicios relacionados con cada tema da materia.
• Avaliación final (70% da nota final): Realización dun traballo práctico en grupo.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a aplicación da normativa vixente da UDC. Implicacións do plaxio na cualificación: aplicarase a normativa vixente.
Actividad Horas Presencialidad
Clases expositivas 10 100% (Videoconferencia)
Clases interactivas 10 100%
Tutorías obligatorias 1 100% (Videoconferencia)
Estudio personal del alumnado: 54 0%
Total horas de trabajo 75
Recoméndase a participación activa en tódalas actividades, pero moi especialmente nas clases interactivas. Recoméndase tamén a instalación do software estatístico R canto antes, para solucionar calquer problema técnico que poida xurdir.
Programa Green Campus Facultade de Ciencias
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos que se realicen nesta materia enviaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.
De realizarse en papel, non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado, e evitarase a realización de borradores.
Perspectiva de Xénero
Según se recoge en las distintas normativas de aplicación para la docencia universitaria se deberá incorporar la perspectiva de género en esta materia (se usará lenguaje no sexista, se utilizará bibliografía de autores/as de ambos sexos, se propiciará la intervención en clase de alumnos y alumnas...)
Se trabajará para identificar y modificar prejuicios y actitudes sexistas y se influirá en el entorno para modificarlos y fomentar valores de respeto e igualdad. Se trabajará para detectar situaciones de discriminación por razón de género y se propondrán acciones y medidas para corregirlas.
Medios de comunicación directa co alumnado
A comunicación farase mediante tres canles principais:
Correo electrónico Diariamente, para facer consultas, solicitar titorías e para o seguimento da actividade de aprendizaxe colaborativa.
Videoconferencia (Teams) Para a realización de titorías individuais e grupais fixadas previamente.
Foros (Teams) Diariamente, segundo a necesidade do alumnado. Na plataforma Teams estará dispoñible todo o material necesario para preparar a materia e crearanse “foros temáticos” asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias.
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |
Mércores | |||
09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |