Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia pretende dar unha visión global das principais ferramentas estatísticas utilizadas na modelización de datos biolóxicos, así como dos algoritmos de bioloxía computacional e bioinformática, desde un punto de vista práctico. Persegue así mesmo familiarizar ao alumnado con software estatístico e feramentas computacionais de uso frecuente nestes campos.
BLOQUE 1: BIOESTADÍSTICA
- Exploración de datos
- Modelos de probabilidade
- Introducción á inferencia estatística: intervalos de confianza e contrastes de hipótese
- Modelos estatísticos lineais
- Manexo básico de software estatístico
BLOQUE 2: BIOINFORMÁTICA
- Ferramentas de procesamento de información molecular
- Bases de datos biolóxicas. Introdución aos sistemas de xestión de bases relacionais
- Omics e epixenética: Xenómica, proteómica, transcriptómica
- Analise de imaxes biomédicas
- Aplicacións de bioinformática na clínica
- Novas liñas de investigación en Bioinformática e Enxeñaría Biomédica
- Explotación de información biomédica. Aspectos éticos e legais.
-
A11 Identificar e discriminar os distintos tipos de datos habituais en Ciencias da Saúde e elixir o tipo de análise estatística máis apropiado para unha investigación concreta. Saber aplicar correctamente o software estatístico dispoñible para a análise de datos, en particular, R e RCommander.
A12 Identificar e diferenciar os diferentes sistemas de información no ámbito da información biomédica e saber aplicar as principais ferramentas computacionais para a análise de datos clínicos e ómicos
B5 Bases da bioestaTística e bioinformática
C1 Adquirir coñecementos avanzados no campo da biofabricación e demostrar unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos-prácticos e da metodoloxía de traballo que a sustentan.
C2 Saber aplicar e integrar coñecementos en biofabricación na a resolución de problemas en contornas novas e de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais altamente especializados.
C4 Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo no campo da biofabricación.
D1 CG1: Dominar técnicas de recuperación de información, análise crítica da información e ser capaz de identificar teorías científicas e aproximacións metodolóxicas adecuadas para o deseño e a avaliación crítica en procesos de biofabricación.
D2 CG2: Saber aplicar os coñecementos á resolución de problemas e planificación-xestión de proxectos multidisciplinares na investigación e a innovación relacionada con biofabricación.
D8 CT1: Saber expor un proxecto de investigación de forma autónoma en contornas multidisciplinares e ter capacidade para a xestión da investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica en biofabricación.
D9 CT2: Usar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) como ferramenta para a transmisión de coñecementos, resultados e conclusións en ámbitos especializados de modo claro e rigoroso.
D10 CT3: Ter iniciativa para a formación continuada e a abordaxe de novos retos científicos e tecnolóxicos.
D11 CT4: Capacitar para a comprensión do significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
D12 CT5: Practicar a sustentabilidade e o compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos
D27 CE15: Adquirir a capacidade para elixir e aplicar as técnicas estatísticas máis adecuadas á investigación ou o deseño experimental exposto.
D28 CE16: Avaliar e ensaiar as aplicabilidades dos diferentes modelos matemáticos, estatísticos ou de intelixencia artificial en bioinformática para analizar e integrar datos nunha contorna clínica.
Prácticas con apoio das TIC
As/os alumnos realizarán, baixo a dirección das/os docentes da materia, exercicios prácticos con axuda das ferramentas informáticas axeitadas en cada un dos bloques dos que consta a materia.
Estudo de casos
Formularanse problemas prácticos concretos relacionados cos contidos e as prácticas desenvolvidas en clase, que deberán ser valorados e resoltos de forma individual ou en grupo, segundo o indicado
Lección maxistral
As/os docentes desenvolverán, mediante clases maxistrais e dinámicas, os contidos recollidos no temario, que se poderán facer dispoñibles a través do campus virtual.
Exame de preguntas obxectivas (80%) Para cada un dos bloques dos que consta a materia, poderanse formular probas tipo test ou probas prácticas que exixirán do manexo das aplicacións informáticas explicadas durante o desenvolvemento da materia.
Observación sistemática (20%) Prácticas con apoio das TIC (10%): As/os alumnos realizarán, baixo a dirección das/os docentes da materia, exercicios prácticos con axuda das ferramentas informáticas axeitadas en cada un dos bloques dos que consta a materia.
Estudo de casos (10%): Formularanse problemas prácticos concretos relacionados cos contidos e as prácticas desenvolvidas en clase, que deberán ser valorados e resoltos de forma individual ou en grupo, segundo o indicado.
A avaliación da materia persegue valorar a adquisición e o grao de desenvolvemento das competencias previstas nesta guía docente por parte do alumnado.
A materia BIOESTATÍSTICA E BIOINFORMÁTICA consta de 2 bloques que serán cualificados de forma independente, obtendo en cada un delas unha puntuación entre 0 e 10 puntos:
· Bioestatística (1,5 ECTs)
· Bioinformática (1,5 ECTs)
A cualificación final da materia calcularase como a media aritmética da cualificación de ámbolos bloques. Para superar a asignatura, é imprescindible acadar polo menos unha nota de 3 puntos sobre 10 en cada un dos bloques, e acadar unha cualificación media mínima de 5 puntos sobre 10. No caso de non supera-la nota de 3 nalgunha das partes, a nota que figurará na acta será a media da nota de ámbolos bloques, se esta é inferior a 5 puntos, ou unha nota de 4 en caso contrario.
Por limitacións da plataforma, o contido deste punto é orientativo. Nos primeiros días de clase cada profesor/a comentará como se realizará a avaliación de cada parte.
Para cada bloque, a avaliación da disciplina realizarase mediante a media ponderada da cualificación das seguintes actividades, valoradas nas porcentaxes indicadas:
i) Probas obxectivas (80% da cualificación final): avaliación sobre os contidos teóricos e prácticos tratados na disciplina. Para cada un dos bloques dos que consta a materia, poderanse formular probas tipo test ou probas prácticas que exixirán do manexo das aplicacións informáticas explicadas durante o desenvolvemento da disciplina.
ii) Prácticas a través de TIC e estudos de caso (20% da cualificación final): corresponden á parte de observación sistemática que consta na memoria do título. A asistencia ás prácticas será obrigatoria. Valoraranse as probas, exercicios, prácticas ou problemas realizados individualmente ou en grupo ao longo do curso. Así mesmo, durante o desenvolvemento das actividades realizadas na aula avaliarase a asistencia e participación do alumno en clase e nos seminarios, e as súas achegas nas actividades desenvolvidas.
No presentado
Obterá a cualificación de NP (Non Presentado), o/a alumno/a que non se presente a ningunha das probas obxectivas formuladas.
Segunda oportunidade
O sistema de avaliación descrito será de aplicación tanto en primeira como en segunda oportunidade. Aquelas alumnos que non asistisen ás prácticas durante o curso, poderán superar a materia unicamente coa cualificación obtida nunha proba obxectiva, aplicando un factor corrector de 0,8 para calcular a nota final.
Segunda convocatoria e sucesivas
No caso do alumnado de segunda convocatoria e sucesivas, non se conservarán as cualificacións obtidas en cursos anteriores. O sistema de avaliación será o mesmo que en primeira convocatoria.
Matrícula de honor
Poderán optar a Matrícula de Honra os/as estudantes cunha media que supere o 9. Os/as docentes da materia poderán considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente.
Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
Horas na aula Horas fóra da aula Horas totais
Prácticas con apoio das TIC 10 15 25
Estudo de casos 4 20 24
Lección maxistral 10 15 25
Exame de preguntas obxectivas 1 0 1
Observación sistemática 0 0 0
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientador, considerando a heteroxeneidade do alumnado.
O alumno debe evitar o simple esforzo de memorización e centrar o seu estudo na comprensión, razoamento e relación dos contidos da materia. A asistencia regular ás sesións do curso e a participación activa en actividades interactivas permitirán aos estudantes comprender mellor os temas tratados nas clases teóricas, o que facilitará a preparación para o exame final.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo RAI.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.