Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 14 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia aporta aos estudantes unha formación básica para:
• Identificar, clasificar e diferenciar as propiedades dos biomateriais e nanomateriais, as ferramentas básicas do diseño 3D e procesos de fabricación aditiva de interés na biofabricación.
• Saber aplicar en biofabricación os coñecementos sobre biomateriais, nanomateriais, deseño 3D e procesos de fabricación aditiva
Introducción aos biomateriais
Conceptos básicos, clasificación e aplicacións dos biomateriais metálicos, cerámicos, vítreos e híbridos na biofabricación.
Nanomateriais de interese na biofabricación
Introducción á biofabricación
Procesos de fabricación aditiva
Procesos con tecnoloxía láser
Outros procesos para enxeñería de tecidos
Técnicas básicas de análisis de biomateriais
Técnicas de caracterización composicional
Técnicas de evaluación estrutural
Outras técnicas de análisis
Ferramentas básicas de diseño 3D
Ferramentas de diseño 3D
Modelado directo de xeometría.
- J. Serra, P. González et al., MOOC Biomateriales: del concepto a la clínica, Campus Aberto UVigo, 2023
- W.R. Wagner et al., Biomaterials science: an introduction to materials in medicine, Elsevier, 2020
A1 Identificar, clasificar e diferenciar as propiedades de biomateriales e nanomateriales, as ferramentas básicas do deseño 3D e procesos de fabricación aditiva de interese na biofabricación.
A2 Saber aplicar en biofabricación os coñecementos sobre biomateriais, nanomateriais, deseño 3D e procesos de fabricación aditiva.
B1 Clasificación, propiedades e aplicacións de biomateriais e procesos básicos na biofabricación
B7 Deseño e aplicación de procesos en biofabricación avanzada
C1 Adquirir coñecementos avanzados no campo da biofabricación e demostrar unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos-prácticos e da metodoloxía de traballo que a sustentan.
C2 Saber aplicar e integrar coñecementos en biofabricación na a resolución de problemas en contornas novas e de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais altamente especializados.
D1 CG1: Dominar técnicas de recuperación de información, análise crítica da información e ser capaz de identificar teorías científicas e aproximacións metodolóxicas adecuadas para o deseño e a avaliación crítica en procesos de biofabricación.
D2 CG2: Saber aplicar os coñecementos á resolución de problemas e planificación-xestión de proxectos multidisciplinares na investigación e a innovación relacionada con biofabricación.
D8 CT1: Saber expor un proxecto de investigación de forma autónoma en contornas multidisciplinares e ter capacidade para a xestión da investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica en biofabricación.
D9 CT2: Usar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) como ferramenta para a transmisión de coñecementos, resultados e conclusións en ámbitos especializados de modo claro e rigoroso.
D10 CT3: Ter iniciativa para a formación continuada e a abordaxe de novos retos científicos e tecnolóxicos.
D11 CT4: Capacitar para a comprensión do significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
D12 CT5: Practicar a sustentabilidade e o compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos
D13 CE1: Coñecer os biomateriais poliméricos, cerámicos, vítreos, metálicos e híbridos, incluíndo nanomateriais, o seu procesado e caracterización, así como a obtención das capacidades para a súa manexo na biofabricación.
D14 CE2: Coñecer as ferramentas básicas do deseño 3D e procesos de fabricación aditiva, así como a obtención das capacidades para a súa aplicación na biofabricación.
D15 CE3: Coñecer os biomateriais con propiedades avanzadas e intelixentes, así como a obtención de capacidades para a súa manexo na biofabricación.
D16 CE4: Coñecer as técnicas avanzadas de deseño 3D, así como a obtención de capacidades para a súa aplicación na biofabricación.
Lección maxistral
Exposición por parte do profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio que o/a estudante ten que desenvolver.
Presentación
Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Estudo de casos
Análise dun problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Prácticas de laboratorio
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos especiais con equipamento especializado (laboratorios, aulas informáticas, etc).
Prácticas con apoio das TIC
Actividades de aplicación dos coñecementos nun contexto determinado e de adquisición de habilidades básicas e procedementais en relación coa materia, a través das TIC.
Metodoloxías baseadas en investigación
Mellora o procesamento da información en dominios específicos recorrendo a actividades de investigación científica.
Presentación (30%) Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto.
Exame de preguntas obxectivas (30%) Probas que inclúen preguntas abertas sobre os temas desenvolvidos, así como preguntas de resposta curta.
Observación sistemática (10%) Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado.
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas (30%) Elaboración dun informe por parte do alumnado no que se reflictan as características do traballo realizado. Os estudantes deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e o tratamento dos datos.
A materia se supera ao obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10 puntos), obtida da seguinte forma:
a) Avaliación continua, realización de prácticas de laboratorio (30%) e presentacións orais (30%), son de caracter obrigatorio con
asistencia mínima de 80%;
b) Avaliación global, realización de proba de resposta curta (30%) e observación sistemática (10%);
c) Segunda oportunidade, so será preciso realizar as reavaliacións das metodoloxías/probas consideradas non aptas.
Horas na aula Horas fóra da aula Horas totais
Lección maxistral 6 12 18
Presentación 2 10 12
Estudo de casos 2 10 12
Prácticas de laboratorio 4 8 12
Prácticas con apoio das TIC 10 5 15
Metodoloxías baseadas en investigación 0 3 3
Exame de preguntas obxectivas 1 0 1
Observación sistemática 0 1 1
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas 0 1 1
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientador, considerando a heteroxeneidade do alumnado.
O alumno debe evitar o simple esforzo de memorización e centrar o seu estudo na comprensión, razoamento e relación dos contidos da materia. A asistencia regular ás sesións do curso e a participación activa en actividades interactivas permitirán aos estudantes comprender mellor os temas tratados nas clases teóricas, o que facilitará a preparación para o exame final.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo RAI.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.