Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Área externa M.U en Bioloxía Mariña, Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Formar o alumno nos principios básicos da Bioloxía da Conservación, proporcionándolle ferramentas de coñecemento que lle permitan a resolución de casos prácticos relativos ao ambiente mariño.
1 Introdución á bioloxía da Conservación. Que é e como xorde a disciplina. Biodiversidade mariña.
2 Diversidade no medio mariño. 2.1. Historia e estado actual do coñecemento. 2.2. Medios peláxico e bentónico. 2.3. Os medios estuarinos.
3 Especies ameazadas. Extinciones. 3.1. Definicións. 3.2. Patróns temporais de biodiversidade. 3.3. Desenvolvemento humano e extinciones. 3.4. Medio acuático: estado actual e estimación de taxas de extinción.
4 Sobreexplotación de recursos. 4.1. Explotación de recursos naturais vs sostenibilidade. 4.2 Medio mariño: Evolución, estado actual e tendencia das pesquerías mundiais. 4.3. Efectos ecolóxicos da pesca: 4.3.1. Efectos directos sobre especies obxectivo. 4.3.2. Efectos directos sobre especies non obxectivo: Descartes. Pesca accidental (by catch). 4.3.3. Efectos sobre os ecosistemas: Alteración física dos fondos. Efecto de cascada trófica: fishing down. 4.4. Teoría biolóxica da explotación sostenible e modelos de xestión das pesquerías: Modelos de produción vs xestión ecosistémica das pesquerías. 4.5. As reservas mariñas como ferramenta de xestión pesquera: Reservas mariñas de interese pesquero en Galicia: Vos miñarzos.
5 Especies invasoras. A que chamamos especies invasoras. Efectos sobre o ambiente. Vías de introducción de invasoras no medio mariño. Catálogo Español de Especies Invasoras.
6 Cambio climático. Concepto. Cambios observados nos últimos 100 anos. Cambio climático en Galicia. Cambios no medio físico e biótico.
7 O parasitismo no medio mariño. 7.1. Sistema parásito/hospedador: Ciclos biolóxicos e especificidad. 7.2. Ciclos biolóxicos e transmisión dos parásitos mariños. 7.3. Ecoparasitoloxía.
8 A biodiversidade parasitaria. 8.1. Principais grupos parásitos presentes no medio mariño. 8.2. Técnicas de preparación, conservación e identificación de parásitos mariños.
9 Parasitismo e Conservación. 9.1. Dinámica de poboacións parásito-hospedador: regulación poblacional de parásitos e hospedadores. 9.1.1. Mortalidades masivas. 9.1.2. Parásitos e control biolóxico.
9.2. Parásitos como biomarcadores.
Ausden, M. (2007). Habitat management for conservation: a handbook of techniques. Oxford University Press.
Bower, S.M. (2001): Synopsis of Infectious Diseases and Parasites of Commercially Exploited Shellfish.
Bush, A.O.; Fernández, J.C.; Esch, G. & Seed J.R. (2001). Parasitism. The diversity and ecology of animal parasites. Cambridge University Press.
Caro, T. (Ed.) 1998. Behavioral Ecology and Conservation Biology. Oxford University Press, New York.
Charles, A.T. (2000). Sustainable fishery systems. Wiley-Blackwell.
Doody, J.P. (2000). Coastal Conservation and Management - An Ecological Perspective (Conservation Biology Volume 13). Kluwer Academics Publishers.
Grabda, S. (1991). Marine Fish Parasitology. An outline. Weinhein; Basel (Switzerland): Cambrige, NY. VCH- Verl. Ges_Warszawa: PWN. Polish. Scientif. Publ.
Jennings, S. & M., Kaiser (2008). The effects of fishing on marine ecosystems and communities. Academic Press Published.
Kinne, O. (1985-1990). Diseases of Marine Animals. Vol. I – II - III y IV. Biologische Anstalt Helgoland, Hamburg.
Marine protected areas: tools for sustaining ocean ecosystem / Commitee on the Evaluation, Design, and Monitoring of Marine Reserves and Protected Areas in the United States, Ocean Studies Board, Co. (2001). The National Academic Press.
Pitcher, T.J; Hart, J.B. & Pauly, D. (2001). Reinventing fisheries management. Kluwer Academics Publishers.
Primack, R.B. & Ros, J. (2002). Introducción a la biología de la conservación. Ariel Ciencia.
Roberts, L.S. & Janovy J.S. (2005). Foundations of Parasitology. McGraw-Hill Science.
Rohde, K. (2005). Marine Parasitology. CSIRO PUBLISHING
Sinclair, M. & G. Valdimarsson (2003). Responsible fisheries in the marine ecosystem. CABI Publishing.
Slootweg, R.; Rajvanshi, A.; Mathur, V.B.; Kolhoff, A. (2009). Biodiversity in environmental assessment: enhancing ecosystem services for huma well-being. Cambridge University Press.
Sodhi, N.S. & Ehrlich, P.R. (2010). Conservation Biology for All. Oxford University Press, Oxford.
Soulé M. E. (Ed.) 1986. Conservation Biology. Sinauer, Sunderland.
Woo, P.T.K. (2006). 2ª Edición. Fish Diseases and Disorders. Volumen 1. Protozoan and Metazoan infections. C.A.B. International. Cambridge. U.K.
Competencias específicas
Coñecemento da diversidade dos organismos vivos nos ecosistemas mariños, a súa diversidade xenética e as estratexias adaptativas.
Coñecemento e comprensión da importancia das interaccións dos organismos mariños e o seu hábitat.
Comprensión do funcionamento dos ecosistemas mariños e costeiros a nivel de poboacións, comunidades e ecosistemas.
Coñecemento da problemática e os principios da sostenibilidade en relación coa utilización e explotación do medio mariño.
Coñecemento da aplicación de técnicas asociadas á avaliación de poboacións.
Competencias transversais
• Búsqueda e utilización de información científica, capacidade para o traballo en grupo, desenrolo das capacidades de redacción de traballo científico, capacidade de traballo en grupo e capacidade de exposición en público.
Clase maxistral. O alumno recibe os contidos e conceptos esenciais para unha correcta comprensión da materia
Traballo tutelado en grupo ou individual. O alumno realiza un traballo bibliográfico sobre aspectos de interese relativos á materia impartida.
Orientación na elaboración do traballo e resolución de dúbidas. O profesor orienta o alumno no proceso de elaboración do traballo e resolve as consultas acerca da materia impartida.
Descripción Calificación (% sobre nota final)
Exame Exame escrito sobre a materia impartida 100
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA HORAS TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO HORAS
Clases maxistrais 20 Estudo individual 53
Titorías obrigatorias 1
Realización de exame 1
TRABALLO EN AULA 22 TRABALLO PERSONAL 53
• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia
PLAN DE CONTINXENCIA:
En previsión de posibles continxencias derivadas da pandemia covid-19, contémplanse as seguintes adaptacións:
Escenario 2. Distanciamento; restricións parciais á presencialidade.
Metodoloxía: As clases serán telemáticas a traves de MS Teams, salvo as practicas que poderan, desenvolvendose en pequenos grupos..
Avaliación: Poderase realizar unha avaliación continua mediante tarefas e exame pola plataforma Moodle (USC virtual).
- A comunicación co alumnado será a través das plataformas MS Teams, Moodle y email
Escenario 3. Peche das instalacións
Metodoloxía: As clases serán telemáticas a través de MS Teams
Avaliación: Poderase realizar unha avaliación continua mediante tarefas e examepola plataforma Moodle (USC virtual).
- A comunicación co alumnado será a través das plataformas MS Teams, Moodle y email.
Jesus Dominguez Conde
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813268
- Correo electrónico
- jesus.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
Mércores | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
26.02.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
25.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |