Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Botánica, Área externa M.U en Bioloxía Mariña
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Capacitarase e instruirá ao estudante cos coñecementos básicos sobre a diversidade, a bioloxía, a reprodución, os ciclos biolóxicos e a ecoloxía das algas mariñas, así como a súa relación co medio e os principais factores ambientais relacionados coa nutrición, crecemento, supervivencia e reprodución, co obxecto de aplicalos noutras materias do máster.
Desenvolveranse destrezas e aptitudes necesarias para a súa aplicación no resto das materias do máster e o desenvolvemento de investigacións en bioloxía mariña.
Tema 1. Medio mariño. Introdución e carácteres xerais. Factores ambientais influentes na distribución dos organismos mariños.
Tema 2. Factores físicos, químicos e biolóxicos: luz, temperatura, substrato, hidrodinamismo, mareas, salinidade, pH, nutrientes e contaminantes. Interaccións entre organismos: depredación, simbiose, epibiosis, endobiosis, parasitismo.
Tema 3. Fitoplancto. Carácteres xerais, importancia, grupos florísticos e dinámica poboacional.
Tema 4. Fitobentos. Definición e importancia. Características xerais das comunidades fitobentónicas. Clasificación dos organismos bentónicos segundo o substrato.
Tema 5. Ficobentos. Ecofisiología: adaptacións ás condicións do medio. Diversidade morfolóxica, ciclos vitais, tipos biolóxicos e formas vitais
Tema 6. Descritiva e sistemática de Cyanophyta: especies características da vexetación.
Tema 7. Descritiva e sistemática de Rhodophyta: especies características da vexetación.
Tema 8. Descritiva e sistemática de Phaeophyta: especies características da vexetación.
Tema 9. Descritiva e sistemática de Chlorophyta: especies características da vexetación.
Tema 10. Descritiva e sistemática doutros organismos bentónicos: fanerógamas, fungos e líquenes: especies características das comunidades mariñas.
Tema 11. Ecoloxía do fitobentos. Distribución dos organismos mariños. Distribución vertical ou zonación. Esquemas de clasificación do litoral e a súa nomenclatura. Distribución temporal ou sucesión
Tema 12. Bioxeografía. Definición, metodoloxía e índices. Factores que inflúen na distribución dos vexetais mariños: temperatura e latitude. Unidades biogeográficas do Atlántico norte.
Tema 13. Vexetación mariña: historia e métodos de estudo. Vexetación bentónica mariñar no Atlántico Norte e Mediterráneo.
Tema 14. Vexetación mariña da Península Ibérica. Vexetación bentónica mariña de Galicia en costas expostas, semiexpostas, protexidas e estuáricas: diversidade, descritiva e zonación.
Bold, H.C. & M. J. Wynne (1985) Introduction to the Algae, Structure and Reproduction. 2ª Ed. Prentice Hall, Englewood Cliffs. New Jersey.
Dawes, C.J. (1997) Marine Botany. John Wiley & Sons, Inc., New York.
Graham, L.E., J.M. Graham & L.W. Wilcox (2009) Algae. Second edition. Pearson.
Hoek, C. van den, D.G. Mann, H.M. Jahns (1995) Algae: An Introduction to phycology. Cambridge Univ. Press, Cambridge.
Lee, R. E. (2008) Phycology. Cambridge Univ. Press, Cambridge, Fourth Edition
Lobban, C.S. & P.J. Harrison (1994) Seaweed ecology and physiology. Cambridge Univ. Press, Cambridge.
Lüning, K. (1990). Seaweeds their environment, biogeography and ecophysiology. John Wiley & Sons, Inc. Toronto, 572 pp.
Reviers, B de (2002) Biologie et phylogénie des algues, tome 1. Belin éd., Paris.
Reviers, B de (2003) Biologie et phylogénie des algues, tome 2. Belin éd., Paris.
South, G.R. & A. Whittick (1987) Introduction to Phycology. Blackwell Scientific Publications, Oxford.
Bibliografía complementaria:
Braune, W. & M.D. Guiry (2011) Seaweeds: A colour guide to common benthic green, brown and red algae of the world’s oceans. Gantner Verlag
Bunker, Brodie, Maggs & Bunker (2010) Seasearch guide to seaweeds of Britain and Ireland. Marine Conservation Society, UK
Cabioc'h, J., J. Floc'h, A. Toquin, C.F. Le, Ch.-F. Bouduresque, A. Meinesz & M. Verlaque (2006) Guía de las algas del Atlántico y del Mediterráneo. Omega, Madrid.
HORNER, R.A. (2002) A taxonomic guide to some common marine phytoplankton. Biopress.
TOMAS, C.R. (ed.) (1997) Identifying Marine Phytoplankton. Academic Press, Inc., San Diego.
Recursos web:
http://www.asturnatura.com/
http://www.algaebase.org/
http://lebrusc.chez-alice.fr/
Revistas
Aquaculture
Botanica Marina
Bulletin of the Faculty of Fisheries
Canadian Journal of Botany
Ciencias Marinas
Cryptogamie, Algologie
European Journal of Phycology
Hydrobiologia
Journal of Applied Phycology
Journal of Experimental Marine Biology and Ecology
Journal of Phycology
Marine and Freshwater Research
Marine Biology
Marine Ecology
Phycologia
The Korean Journal of Phycology
Desenvolvemento das capacidades comprensivas, de análise e síntese.
Utilización de criterios e métodos científicos na formulación e resolución de
problemas aplicando os coñecementos adquiridos.
Busca, análise e integración de información a partir de diferentes fontes e
capacidade para a súa interpretación e avaliación.
Desenvolvemento da capacidade para actualizar o coñecemento de forma autónoma.
Desenvolvemento das habilidades de comunicación e discusión de formulacións e resultados.
Desenvolvemento da curiosidade científica, da iniciativa e a creatividade.
Coñecemento da diversidade dos organismos vivos nos ecosistemas mariños, a súa diversidade xenética e as súas estratexias adaptativas.
Coñecemento e comprensión da importancia das interaccións dos organismos mariños e o seu hábitat.
Coñecemento práctico e directo dos organismos e comunidades do litoral galego.
Catalogación, cartografía, avaliación, conservación, restauración e xestión de recursos naturais e biolóxicos do medio mariño.
Análise e discusión de artigos científicos.
Asesoría e asistencia técnica en temas relacionados co tema mariño e litoral.
Clases presenciais para exposición do temario de teoría e para o desenvolvemento do seminario.
Traballo autónomo do alumno para o estudo e comprensión dos conceptos de teoría e prácticas, así como para a busca de información e bibliografía para a realización dos seminarios.
Titorías personalizadas para a resolución de dúbidas do alumno e formulacións de novos obxectivos e retos na materia.
Terase en conta os coñecementos e as destrezas adquiridas polo alumno, mediante proba escrita e avaliación continua.
Proba escrita: Avaliarase a adquisición dos principais conceptos teóricos a través de preguntas test, preguntas curtas, temas, etc (70%).
Proba escrita e participación colectiva en seminarios (20%).
Avaliación continua: Avaliarase de xeito continuo a actitude e participación do alumno nas clases teóricas e prácticas, etc. (10%).
Hai que obter unha cualificación de 4 (sobre 10) na proba escrita (exame) para poder sumar a avaliación continua na cualificación final.
O tempo de traballo individual do alumno nesta materia estímase en 75horas e coas horas presenciais (36 h), distribúense da seguinte forma:
14 h para clases expositivas +7 h de estudo
6 h para clases interactivas (seminarios) +21 horas de traballo persoal
Presentación escrita e oral de traballos científicos: 23 horas
2 h de titorías
1,5h para exames +0.5 revisión
Asistencia ás clases expositiva e interactivas e manexo da bibliografía recomendada.
Facer uso das horas de titoría para aclarar e discutir as posibles dúbidas sobre os contidos impartidos.
Aplicarase o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” para os casos de realización fraudulenta de exercicios e probas.
Mª Del Carmen Lopez Rodriguez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881813372
- Correo electrónico
- mdelcarmen.lopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
14.10.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
17.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |