Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Bioloxía Mariña
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Nesta materia acadárase unha formación e coñecemento sobre as especies mariñas de interese comercial capturadas nas principais áreas do mundo, así como as alternativas comerciais á saída destes recursos, a súa manipulación correcta e sistemas de control de calidade e idoneidade que avalen a súa salubridade dende un punto de vista de consumo.
Programa clases teóricas.
PESQUEIRAS MUNDIAIS.
Tema 1. - Principais especies de peixes de interese económico.
Tema 2. - Principais pesqueiras de invertebrados.
Tema 3. - Sistemas de captura.
TRATAMENTO DO PEIXE POSTCAPTURA.
Tema 4. - Tratamento do peixe a bordo.
Tema 5. - Sistemas de arrefriamento: refrixerado e conxelado.
Tema 6. - A composición bioquímica do peixe e a súa alteración.
TRANSFORMACIÓN DOS PRODUTOS DA PESCA.
Tema 7. - Sistemas clásicos de conservación de alimentos.
Tema 8. - Novas tecnoloxías na conservación do peixe.
Tema 9. - Cambios fisicoquímicos nos produtos transformados da pesca
CONTROL DA APTITUDE DOS PRODUTOS DA PESCA.
Tema 10. - Compostos indicadores de alteración, adulteración e contaminación.
Tema 11. - Métodos para avaliar a aptitude dos produtos da pesca.
Tema 12. - Aplicación dun sistema de control de calidade: APPCC.
OS PARASITOS NOS PRODUTOS PESQUEIROS.
Tema 13. - O ciclo de vida dos parásitos habituais do peixe.
Tema 14. - Principais parásitos patóxenos para o home.
Tema 15. - Sistemas de control do parasitismo.
Tema 16. - Eliminación dos parásitos do peixe.
Seminarios
Seminario 1. Técnicas físicoquímicas e biolóxicas na avaliación da aptitude dun produto pesqueiro. Marco legal. Vantaxes e desvantaxes de determinadas metodoloxías.
Seminario 2. Técnicas de mostraxe para tratamento de parasitos de peixe. Metodoloxías para avaliación de alérxenos. Casos prácticos.
Seminario 3. Desenvolvemento dun modelo de xestión de control de calidade dun produto pesqueiro determinado. Caso práctico baseado en empresas conserveiras.
Traballos presentados polos alumnos.
En función do número de alumnos, realizarase un máximo de 4 grupos, que deberán participar no desenvolvemento dun traballo de ampliación aos coñecementos adquiridos nas clases teóricas.
A realización do traballo implica unha asistencia obrigatoria ás titorías e clases teóricas, onde o profesor resolverá as dúbidas, formulacións, estratexias e cuestións ás que se deberán enfrontar para realizar un traballo orientado cara a presumibles resultados prácticos e óptimos.
Os seminarios expoñeranse de forma oral en horario de clase, segundo calendario previamente establecido. A duración do traballo será concisa e un máximo de 20 minutos, empregando as ferramentas de divulgación (canón de vídeo, transparencias, lousa electrónica) que se considere oportunas. Tras a exposición establecerase un debate co profesor e resto de compañeiros, indicando posibles obxeccións, alternativas, esclarecemento de dúbidas.. cun máximo de 10 minutos. Os contidos destas exposicións entregásense en soporte de papel e CD ao profesor para o seu estudo minucioso, ao tempo que serán dispoñibles para o resto de alumnos.
Temas propostos:
1. Obtención de coproductos a partir dos residuos xerados nunha lonxa pesqueira.
2. Valoración dos descartes da frota de arrastre de Altura.
3. Desenvolvemento de pratos preparados a base de especies menosprezadas.
4. Estado actual e valoración do uso da técnica de irradiación no peixe.
5. Aplicación dun sistema APPCC realista no actual sistema de primeira venda de peixe fresco.
6. Proles e contras ao emprego de aditivos no sector de pesca fresca.
7. Novas saídas a excedentes de determinadas pesqueiras.
8. Aproveitamento e implantación de novas especies pesqueiras en España: estratexia de mercado e valoración da actividade.
9. Ultimas tendencias en análises rápidas e fiables dos produtos da pesca.
10. Creación dunha empresa tipo delicatessen a base de produtos da pesca.
11. Posibilidades de control no peixe fresco da infestación de parasitos patóxenos ao home.
12. Riscos biolóxicos vencellados á comercialización do peixe fresco.
13. Significado técnico-sanitario da presenza de aminas bióxenas en produtos da pesca.
Manuais de texto:
-Sikorski, Z. (1990). Tecnología de los productos del mar. Ed. Acribia.
-Tewari, G. & Jeneja, V. (2007) Advances in termal and non-thermal food preservation. Ed. Blackwell Publising.
-Cabado, A. G. & Vieites, J.M. (2008). Quality parameters in canned seafoods. Ed. Nova Sci. Publisiers.
-Bremner, H.A. (2002) Safety and quality issues in fish processing. Ed. CRC Press.
-Lal, R. et al. (2003) Food security and environmental quality in the developing world. Ed. Lewis Publishers.
-Borresen, T. (2008) Improving seafood products for the consumer. Ed. CRC Press.
-Milliotis, M.D. & Bier, J.W. (Eds.) (2003) International handbook of foodborne pathogens. Ed. Marcell Dekker.
Bases de datos (ASFA, ISI, AGRIS...) e revistas científicas electrónicas relacionadas con pesqueiras e alimentos a través das webs da bibliotecas das universidades: J. Food Sci., Food Microbiol., J. Food Technol., Food Chem., etc.
Son de aplicación todas a Competencias xerais establecidas no Máster. Como específicas:
CEH18 Transformación, mellora e explotación de recursos mariños.
CEH21 Control de calidade de alimentos de orixe mariña.
CEH22 Identificación, xestión e comunicación de riscos alimentarios de orixe mariña.
CEC9 Coñecemento da problemática e os principios da sostibilidade en relación coa utilización e explotación do medio mariño.
CEC14 Coñecemento de especies mariñas de interese económico, as súas características e propiedades.
CE31 Capacidade de sintetizar un traballo ou proxecto relacionado con prácticas externas na empresa ou nun laboratorio de investigación.
Clases teóricas presenciais: 12 h impartidas polo profesor nas que se desenvolverá o contido do programa. As clases maxistrais realizaranse mediante videoconferencia interuniversitaria.
Seminarios: 3 (6 horas presenciais). Estas sesións teñen como misión básica integrar e aplicar os coñecementos adquiridos en clases teóricas e en determinados documentos específicos de consulta á resolución e debate de diversas situacións prácticas relacionadas coa temática da materia
Traballos-Seminarios presentados polos alumnos: 4 (2 h presenciais) competencias que o alumno debe adquirir é a capacidade de traballar de forma autónoma e/ou en equipo. É necesario proporcionarlle actividades non presenciais programadas polo coordinador que o orienten nesta aprendizaxe e vinculación á realidade empresarial.
Titorías personalizadas: 4 titorías de 22 min para cada grupo. Asesoramento á hora de enfocar un tema e como desenvolvelo, con especial énfase ao traballo técnico e bibliográfico
Teoría. Realizarase un exame tipo test, que representará o 40% do a nota final.
Seminarios. Asistencia obrigatoria. Parte dos coñecementos que o alumno adquira serán trasladados tamén ao exame de teoría. Valorarase a participación activa do alumno nos debates. A valoración representará o 30% da nota final.
Exposición de traballos realizados polos alumnos. Valorarase a forma de exposición (estrutura, síntese, expresión verbal, dominio do tema) e a defensa que se realice durante o debate. A valoración representará o 30% da nota final.
Avaliación final. O sistema de cualificación expresarase mediante cualificación final numérica de 0 a 10 segundo lexislación vixente (R.D. 1125/2003). A superación da materia implica obter unha cualificación mínima de 5 (aprobado).
Traballo presencial na aula.
Clases maxistrais: 12 horas.
Seminarios: 6 horas.
Exposición de traballos polos alumnos: 2 horas.
Titorías en grupos reducidos: 1,3 horas
Total horas de traballo presencial: 23,3 horas
Traballo persoal do estudante
Estudo individual a clases teóricas: 12 horas.
Ampliación información seminarios 19,5 horas.
Elaboración de traballos para exposición: 20 horas.
Realización de exame: 1,2 horas.
Total horas de traballo persoal do estudante: 52,7 horas.
Recoméndase cursar simultáneamente outras materias relacionadas do Máster como son:
- Fisioloxía de organismos mariños
- Contaminación e ecotoxicoloxía mariña
- Bioloxía das especies explotadas e potencialmente explotables
- Avaliación e explotación de recursos no litoral
Ou ter cursado materias como:
- Bioquímica dos alimentos.
- Tecnoloxía dos produtos pesqueiros
Consultar a bibliografía recomendada.
Como iniciativa persoal do alumno, visitar portos pesqueiros, lonxas e/ou solicitar visita a empresas de transformación.
Facer uso das titorías e asistir a charlas, conferencias, simposios, que se poidan realizar relacionadas coa materia en diversos centros ou entidades.
Recoméndase traballar na materia de forma continua
PLAN DE CONTINXENCIA:
En previsión de posibles continxencias derivadas da pandemia covid-19, contémplanse as seguintes adaptacións:
Escenario 2. Distanciamento; restricións parciais á presencialidade.
Metodoloxía: As clases serán telemáticas a traves de MS Teams, salvo as practicas que poderan, desenvolvendose en pequenos grupos..
Avaliación: Poderase realizar unha avaliación continua mediante tarefas e exame pola plataforma Moodle (USC virtual).
- A comunicación co alumnado será a través das plataformas MS Teams, Moodle y email
Escenario 3. Peche das instalacións
Metodoloxía: As clases serán telemáticas a través de MS Teams
Avaliación: Poderase realizar unha avaliación continua mediante tarefas e examepola plataforma Moodle (USC virtual).
- A comunicación co alumnado será a través das plataformas MS Teams, Moodle y email.
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
24.02.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
01.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |