Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Área externa M.U en Bioloxía Mariña, Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O alumno debe obter un coñecemento suficiente acerca de:
- Os métodos de mostraxe para a obtención de plancto, bentos e necton.
- Os procedementos para a separación, fixación e conservación das mostras.
- Observación in vivo das especies intermareais e infralitorais máis relevantes da flora e fauna mariñas de Galicia.
- Estudo dos principais caracteres taxonómicos da flora e fauna mariñas de Galicia. Identificación das especies.
- Recoñecemento e interpretación das comunidades.
Métodos de mostraxe para a obtención de plancto, bentos e necton. Separación, fixación e conservación das mostras. Observación in vivo das especies intermareais e infralitorais máis relevantes da flora e a fauna mariñas de Galicia. Principais caracteres taxonómicos da flora e fauna mariñas de Galicia. Identificación das especies. Recoñecemento e interpretación das comunidades.
FLORA E FAUNA INTERMAREAL (ROCHEDOS E SEDIMENTO). Explicación in situ da zonación e estrutura das comunidades intermareais de substrato rochoso e sedimentario. Recollida de material: revisión dos diferentes métodos, directos e indirectos, empregados para a recollida da fauna e flora de rocha, area e lodo. Recollida a pé na zona intermareal. Tratamento, separación e preparación das mostras: o remonte. Observación in vivo e estudo no laboratorio da flora e fauna obtidas, con especial dedicación ás algas.
FLORA E FAUNA SUBLITORAL (ROCHEDOS E SEDIMENTO). Explicación in situ, a bordo do barco Polybius, da metodoloxía de recolección con escafandro autónomo: técnicas e materiais. Recollida mediante mergullo con escafandro autónomo de fauna e flora intermareal de rocha.- Explicación in situ, a bordo do barco Polybius e da planadora Adamsia, da metodoloxía de recolección mediante métodos indirectos: dragas de actuación horizontal e vertical, dragas cualitativas e cuantitativas. Recollida de sedimento coa draga da actuación horizontal Rectangular de Naturalista e coa draga de actuación vertical van Veen. Recollida de epifauna sedimentaria mediante a draga Agassiz trawl. Peneirado, separación e preparación das mostras.- Demostración no laboratorio da metodoloxía de estudo da meiofauna. Separación e observación in vivo de fauna intersticial.
FLORA E FAUNA PLANCTÓNICAS. Recollida de material mediante mangas de plancto. Observación in vivo e estudo no laboratorio do fitoplancto e zooplancto obtidos.
TRATAMENTO DA INFORMACIÓN. Recoñecemento e interpretación das comunidades. Organización dos datos obtidos para a súa elaboración posterior.
BARNES, R.D. (1989). Zoología de los invertebrados, McGraw Hill-Interamericana, Mexico (traducción de la 5ª ed. americana de 1987).
BARNES, R.S.K., P. CALLOW, P.J.W. OLIVE, D.W. GOLDING & J.I. SPICER. (2001). The Invertebrates: A synthesis. 3.ª ed., Blackwell Science, Oxford.
BAYER, F.M. & H.B. OWRE. (1968). The free-living lower Invertebrates. MacMillan Company, New York.
BOTOSANEANU, L. (1986). Stygofauna Mundi. A faunistic, distributional and ecological syntesis of the world fauna inhabiting subterranean waters (including the marine interstitial). Brill & Backhuys, Leiden, 810 pp.
BRAUNE, W. & M.D. GUIRY (2011) Seaweeds: A colour guide to common benthic green, brown and red algae of the world’s oceans. Gantner Verlag.
BRUSCA R.C. & G.J. BRUSCA. (1990). Invertebrates. Sinauer Ass. Inc., Sunderland, Massachusetts.
BUNKER, BRODIE, MAGGS & BUNKER (2010) Seasearch guide to seaweeds of Britain and Ireland. Marine Conservation Society, UK
CABIOCH, J., J. FLOC'H, A. TOQUIN, C.F. LE, CH.-F. BOUDURESQUE, A. MEINESZ & M. VERLAQUE (2006) Guía de las algas del Atlántico y del Mediterráneo. Omega, Madrid.
CAMPBELL, A.C. (1983). Guía de campo de la flora y fauna de las costas de España y de Europa. Omega, Barcelona.
CASTRO, P. & HUBER, M.E. (2007). Biología marina, McGraw Hill-Interamericana, Mexico (traducción de la 6ª ed. en inglés de 2007).
COGNETTI, G., M. SARÁ & G. MAGAZZÚ. (2001). Biología marina, Ariel Ciencia, Barcelona.
DAWES, C.J. (1997) Marine Botany. John Wiley & Sons, Inc., New York.
DÍAZ, J.A. & SANTOS, T. (1998). Zoología: aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales., , Madrid: Síntesis.
ELEFTHERIOU, A. & A. MCINTHYRE. (2005). Methods for the study of marine benthos. Blakwell, Oxford, 418 pp.
FALCIAI, L. & R. MINERVINI. (1995). Guía de los Crustáceos Decápodos de Europa. Omega, Barcelona, pp..
FRETTER, V. & A. GRAHAM. (1976). A functional anatomy of Invertebrates. Academic Press, London.
FUENTE, J.A. de la, (1982). Artrópodos. I: características generales. Salamanca: Universidad.
GARDINER, M.S. (1978). Biología de los Invertebrados. Omega, Barcelona.
GIERE, O. (2009). Meiobenthology: The microscopic fauna in aquatic sediments. Springer-Verlang, Berlin, 328 pp.
HAYWARD, P.J. & J.S. RYLAND. (1975). Handbook of the Marine Fauna of North-West Europe. Oxford University Press, Oxford.
HAYWARD, P.J. & J.S. RYLAND. (1990a). The Marine Fauna of the British Isles and North-West Europe, vol 1: Introduction and Protozoans to Arthropods. Oxford Science Publications, Clarendon Press, Oxford.
HAYWARD, P.J. & J.S. RYLAND. (1990b). The Marine Fauna of the British Isles and North-West Europe, vol 2: Molluscs to Chordates. Oxford Science Publications, Clarendon Press, Oxford.
HAYWARD, P.J., T. NELSON-SMITH & C. SHIELDS. (1998). Guía de identificación de la flora y fauna de las costas de España y Europa. Omega, Barcelona.
HICKMAN, C.P., L.S. ROBERTS & A. LARSON. (2002). Zoología. Principios integrales. McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
HIGGINS, R.P. & H. THIEL, H. (1988). Introduction to the study of meiofauna. Smithsonian Institution Press, Washington, 488 pp.
HONDT, J.L.d', (1999). Les invertebrés marins méconnus, , París: Institut Océanographique
HORNER, R.A. (2002) A taxonomic guide to some common marine phytoplankton. Biopress.
KAESTNER, A. (1970). Invertebrate Zoology, vol III. Interscience Publishers, New York.
KAESTNER, A.. (1967). Invertebrate Zoology, vol I. Interscience Publishers, New York.
KERMACK, D.M. & R.S.K. BARNES (Eds). (1970-2009). Synopses of the British fauna. Bill & Backhuys, Leinden. Vols. 1-58.
MADER, S.S. (2008). Biología. McGraw Hill-Interamericana, Mexico (traducción de la 9ª ed. en inglés de 2007).
MCINTYRE, A.D. (1969). Ecology of marine meiobenthos. Biological Revue, 44: 245-290.
RAMOS, M.A.et al. (Ed.) (1992-2015). Fauna Ibérica. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. Vol. 2, 4, 21, 25, 27, 29, 33, 34, 36, 38, 39, 41.
RIEDL, R. (2000). Fauna y flora del Mar Mediterráneo. Omega. Barcelona, 858 pp.
RUPPERT, E.E. & BARNES, R.D. (1996). Zoología de los invertebrados. McGraw Hill-Interamericana, Mexico (traducción de la 6ª ed. americana de 1995).
SWEDMARK, B. (1964). The interstitial fauna of marine sand. Biological Revue, 39: 1-42.
TOMAS, C.R. (ed.) (1997) Identifying Marine Phytoplankton. Academic Press, Inc., San Diego.
VARIOS AUTORES. (2002). Galicia. Natureza. Zooloxía. Tomo XXXVII: Zooloxía I; Tomo XXXVIII: Zooloxía II; Tomo XXXIX: Zooloxía III; Tomo XL: Zooloxía IV. Hércules Edicións. A Coruña:
VARIOS AUTORES. Serie Inventarios. Seminario de Estudos Galegos. O Castro, Sada, A Coruña. Vols.
WARNER, G.F. 1984. Diving and Marine Biology. Cambridge Univ. Press, Cambridge, 210 pp.
YOUNG, J.Z. (1971). La vida de los Vertebrados. Omega, Barcelona.
BÁSICAS
CB1. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
XERAIS
CG1. Utilización de criterios e métodos científicos no plantexamento e resolución de problemas aplicando os coñecementos adquiridos.
CG2. Desenvolvemento de capacidades para aplicar coñecementos a contornas novas, especialmente en contextos multidisciplinares.
CG3. Busca, análise e integración de información a partir de diferentes fontes e capacidade para a súa interpretación e avaliación.
CG4. Aprendizaxe de diversas técnicas e métodos analíticos tanto no medio natural como no laboratorio.
CG5. Desenvolvemento de habilidades no manexo e tratamento de ferramentas matemáticas, estatísticas e informáticas.
ESPECÍFICAS
CE2. Coñecemento da diversidade de organismos mariños e as súas estratexias adaptativas.
CE3. Coñecemento e comprensión das interaccións dos organismos mariños e os ecosistemas mariños e costeiros.
CE6. Coñecemento, identificación e avaliación da calidade ambiental do medio mariño e da lexislación vixente. Dirección de consultorías ambientais.
CG7. Catalogación, avaliación, conservación, restauración e xestión de áreas mariñas e litorais protexidas. Elaboración, asesoramento legal e execución de plans de ordenación do litoral.
CE8. Coñecemento e manexo da metodoloxía de investigación, das técnicas de mostraxe e instrumentais e de análise de datos aplicados ao medio mariño.
CE14. Elaboración, discusión, interpretación, asesoramento e peritaxe de informes científico-técnicos, éticos, legais e socioeconómicos relacionados co ámbito mariño e pesqueiro.
TRANSVERSAIS
CT1. Desenvolvemento das capacidades comprensivas, de análise e síntese.
CT2. Desenvolvemento da capacidade de razoamento crítico e autocrítico.
CT3. Desenvolvemento das capacidades de traballo en equipo, enriquecidas pola pluridisciplinariedade.
CT4. Desenvolvemento da capacidade para actualizar o coñecemento de forma autónoma.
CT5. Desenvolvemento das habilidades de comunicación e discusión de plantexamentos e resultados.
Actividade docente tutelada de xeito individual no mar: nas comunidades intermareais de substrato rochoso e sedimentario e no infralitoral, a bordo do barco Polybius e da planadora Adamsia, da metodoloxía de recolección con escafandro autónomo e mediante métodos indirectos: dragas de actuación horizontal e vertical, dragas cualitativas e cuantitativas. Recollida e tratamento das mostras.
Actividade docente tutelada de xeito individual no laboratorio para a observación in vivo das especies intermareais e infralitorais máis relevantes da flora e a fauna mariñas de Galicia. Observación dos principais caracteres taxonómicos da flora e fauna mariñas de Galicia e identificación das especies
Orientación ao alumno na elaboración do traballo de resultados cos datos obtidos durante as actividades docentes.
Resolución de dúbidas e formulación das tarefas a realizar polo alumno de xeito autónomo fora das horas presenciais.
Avaliación continua da actividade desenvolvida (presencial e autónoma) durante a semana de estadía na Estación de Bioloxía Mariña da Graña, dando especial relevancia á participación e actitude manifestadas polo alumno: 20%.
Ao longo da semana de duración desta materia, o alumno irá reenchendo un caderno de prácticas, que se lle entregará ao inicio, con tódalas actividades docentes realizadas: 40%.
Cada alumno deberá elaborar un traballo de resultados cos datos obtidos e coa súa discusión correspondente. Darase especial relevancia á calidade e presentación deste traballo: 40%.
O caderno de prácticas, escaneado, e o traballo, en pdf, serán remitidos a/ao coordinador/a da materia nas dúas semanas seguintes ao remate da docencia. Para cada curso académico establecerase a data concreta da entrega.
Estímanse unhas 150 horas totais de traballo por parte do alumno, desagregadas do modo seguinte:
- Asistencia ás actividades docentes (prácticas e saídas ao mar, titorías): 60 horas.
- Traballo complementario do alumno: 90 horas.
Recoméndase traballar na materia de forma continua. Asistencia e participación activa nas actividades docentes, especialmente nas saídas ao mar, no laboratorio e nas sesións de orientación para a elaboración dos traballos obrigatorios.
Ter cursado Botánica Mariña e Zooloxía Mariña.
As actividades presenciais da materia desenvolveranse na Estación de Bioloxía Mariña da Graña (EBMG) da USC (A Graña, Ferrol), durante as dúas semanas previstas no calendario. En cada unha delas virán a metade dos alumnos de cada universidade; a selección farase por orde alfabético. As actividades comezarán o luns de cada semana, ás 9:00 h.; o horario xeral será dende as 9:00 ata as 20:30 h., cun descanso ao mediodía para o xantar, estando o laboratorio permanentemente aberto a disposición dos alumnos para traballo autónomo. O horario detallado das actividades da semana se programará cuns días de antelación para cada unha, de acordo coas necesidades do traballo, fundamentalmente polos horarios das mareas. Os grupos de embarque estableceranse en función do número total de alumnos, sendo como máximo 8 como consecuencia da normativa vixente. Con antelación ao inicio das actividades, os alumnos recibirán un documento por correo electrónico no que se lles indicará o xeito de acceso á EBMG, así como os materiais necesarios e as opcións dispoñibles en relación coas comidas.
Na segunda oportunidade, a avaliación dos alumnos realizarase coa mesma metodoloxía que na primeira oportunidade (20% - 40% - 40%).
Maria Celia Besteiro Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 982822309
- Correo electrónico
- celia.besteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
04.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |