Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Que o alumno:
- coñeza os modelos de organización dos principais grupos de animais mariños
- entenda a diversidade morfolóxica e as adaptacións ao diferentes hábitats, modos de vida, alimentación e reprodución
- coñeza a sistemática dos principais grupos de animais mariños
- coñeza a fauna dos substratos rochosos e sedimentarios dos sistemas litoral e profundo.
Patróns arquitectónicos dos principais grupos de invertebrados e vertebrados. Diversidade morfolóxica, autoecoloxía e adaptacións a diferentes modos de vida e alimentación. Taxonomía e sistemática dos principais grupos. Fauna de ambientes rochosos, areosos e de marisma nos sistemas intermareal, submareal e profundo.
PATRÓNS ARQUITECTÓNICOS DOS ANIMAIS. A forma e o deseño corporal como adaptación aos medios bentónico e peláxico. Formas coloniais e gregarias. As estruturas esqueléticas. Os movementos. Sistemas de defensa. Coloracións. Refuxios e territorialidade. Relacións interespecíficas. A alimentación. A reprodución asexual.
PORÍFEROS. A individualización. O substrato e o hidrodinamismo como determinantes da forma corporal. As formacións esqueléticas. A filtración como modo de vida. Evolución dos tipos de organización segundo o circuito interno de auga. Reproducción asexual e sexual.
METAZOOS DIBLÁSTICOS.- Cnidarios. As formas pólipo e medusa. Células exclusivas: os cnidocitos. Clasificación.- Hidrozoos. Formas individuais e coloniais. Colonias hidroides peláxicas. Hidromedusas. Colonias peláxicas mixtas. Estruturas especiais para a flotación, o desplazamento e a captura do alimento.- Cubozoos.- Escifozoos. Estrutura. A natación por pulsacións natatorias.- Antozoos. Estrutura. Formas solitarias, coloniais e pseudocoloniais. Colonias córneas. Os arrecifes de coral.- Ctenóforos.
METAZOOS TRIBLÁSTICOS. Turbelarios. Gnatostomúlidos. Gastrotricos. Quinorrincos Nematodos. Nemertinos. Priapúlidos. Caracteres singulares. Modos de vida. Ecoloxía.
MOLUSCOS. Manto, cavidade paleal e rádula.- Solenogastros. Caudofoveados. Monoplacóforos. Poliplacóforos. Caracteres singulares. Modos de vida. Ecoloxía.- Gasterópodos. A ventilación paleal. A solidez da espiral asimétrica. A redución da cuncha nos Opistobranquios. Locomoción, natación e flotación. Alimentación. A posta.- Bivalvos. A cuncha. O manto. A ornamentación. A alimentación. Os sifóns e a soldadura do manto. Mecanismos de enterramento, fixación e retropropulsión. Bivalvos epifáunicos, perforadores e xilófagos.- Escafópodos. Caracteres singulares. Modos de vida. Ecoloxía.- Cefalópodos. A cuncha. A natación. A captura das presas. O cortexo e a postura.
ANÉLIDOS POLIQUETOS. O modelo corporal xeralizado. A locomoción parapodial. Os élitros. Os movementos escavadores. Poliquetos tubícolas, perforadores, intersticiais e simbiontes. A depredación. Sedimentívoros non selectivos e selectivos superficiais e subsuperficiais. A filtración.
SIPUNCÚLIDOS. EQUIÚRIDOS. Caracteres singulares. Modos de vida. Ecoloxía.
CRUSTÁCEOS. Xeneralidades: a rexionalización corporal e o apéndice birrámeo.- Remipedios. Cefalocáridos. Maxilópodos. Caracteres singulares. Modos de vida. Ecoloxía.- Malacostráceos: Filocáridos e Eumalacostráceos. A natación pleopodal e o abano caudal. Formas reptantes: covas e refuxios. Territorialidade. Decápodos Braquiuros e Anomuros: diversidade adaptativa.
LOFOFORADOS.- Briozoos. Colonias estoloniais, incrustantes, arbusculares e foliáceas. Colonias estenolaemadas, ctenostomadas e quilostomadas. Avicularias e vibracularias. O crecemento colonial. A protrusión do lofóforo. A alimentación.- Mención de Foronídeos, Braquiópodos e Ectoproctos.- Quetognatos. Caracteres singulares. Modos de vida. Ecoloxía.
EQUINODERMOS. O caparazón dermatoesquelético, a simetría e a orientación.- Asteroideos. O sistema ambulacral. O enterramento. A alimentación carnívora.- Ofiuroideos. A locomoción braquial. O enterramento. A alimentación.- Equinoideos. O caparazón: ourizos regulares e irregulares. A alimentación raspadora: a linterna de Aristóteles. A excavación. A alimentación sedimentívora: espiñas e podios.- Holoturoideos. A orientación corporal: bivio e trivio. Os diferentes modos de vida: podios bucais. A alimentación suspensívora, detritívora e sedimentívora. Os túbulos de Cuvier.- Mención de Crinoideos.- Hemicordados. Tunicados. Caracteres singulares. Modos de vida. Ecoloxía.
CEFALOCORDADOS. VERTEBRADOS. O esquelete axial: notocorda e columna vertebral.- Condrictios. Natación por ondas de contración. A estabilidade, direción e control da natación. A alimentación depredadora.- Osteíctios. A natación. Dietas alimenticias. A alimentación rapaz e planctívora. Comportamento social. Coidados parentais.- Mamíferos Cetáceos. Modificación do plan de organización mammaliano para a vida acuática. Adaptación ás variacións de presión hidrostática: narcose e descompresión. A alimentación planctívora (Mistacocetos). A alimentación carnívora (Odontocetos). A ecolocación. Comunicación e comportamento social.
BARNES, R.D. (1989). Zoología de los invertebrados, McGraw Hill-Interamericana, Mexico (traducción de la 5ª ed. americana de 1987).
BARNES, R.S.K., P. CALLOW, P.J.W. OLIVE, D.W. GOLDING & J.I. SPICER. (2001). The Invertebrates: A synthesis. 3.ª ed., Blackwell Science, Oxford.
BAYER, F.M. & H.B. OWRE. (1968). The free-living lower Invertebrates. MacMillan Company, New York.
BRUSCA R.C. & G.J. BRUSCA. (1990). Invertebrates. Sinauer Ass. Inc., Sunderland, Massachusetts.
CAMPBELL, A.C. (1983). Guía de campo de la flora y fauna de las costas de España y de Europa. Omega, Barcelona.
CASTRO, P. & HUBER, M.E. (2007). Biología marina, McGraw Hill-Interamericana, Mexico (traducción de la 6ª ed. en inglés de 2007).
COGNETTI, G., M. SARÁ & G. MAGAZZÚ. (2001). Biología marina, Ariel Ciencia, Barcelona.
DÍAZ, J.A. & SANTOS, T. (1998). Zoología: aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales., , Madrid: Síntesis.
FRETTER, V. & A. GRAHAM. (1976). A functional anatomy of Invertebrates. Academic Press, London.
FUENTE, J.A. de la, (1982). Artrópodos. I: características generales., , Salamanca: Universidad.
GARDINER, M.S. (1978). Biología de los Invertebrados. Omega, Barcelona.
HAYWARD, P.J. & J.S. RYLAND. (1975). Handbook of the Marine Fauna of North-West Europe. Oxford University Press, Oxford.
HAYWARD, P.J. & J.S. RYLAND. (1990a). The Marine Fauna of the British Isles and North-West Europe, vol 1: Introduction and Protozoans to Arthropods. Oxford Science Publications, Clarendon Press, Oxford.
HAYWARD, P.J. & J.S. RYLAND. (1990b). The Marine Fauna of the British Isles and North-West Europe, vol 2: Molluscs to Chordates. Oxford Science Publications, Clarendon Press, Oxford.
HAYWARD, P.J., T. NELSON-SMITH & C. SHIELDS. (1998). Guía de identificación de la flora y fauna de las costas de España y Europa. Omega, Barcelona.
HICKMAN, C.P., L.S. ROBERTS & A. LARSON. (2002). Zoología. Principios integrales. McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
HONDT, J.L.d', (1999). Les invertebrés marins méconnus, , París: Institut Océanographique
KAESTNER, A. (1970). Invertebrate Zoology, vol III. Interscience Publishers, New York.
KAESTNER, A.. (1967). Invertebrate Zoology, vol I. Interscience Publishers, New York.
KARDONG, K.V. (2007). Vertebrados: anatomía comparada, función, evolución., , Madrid: MacGraw Hill-Interamericana
MADER, S.S. (2008). Biología. McGraw Hill-Interamericana, Mexico (traducción de la 9ª ed. en inglés de 2007).
MOUTOU, F., (1993). Los mamíferos en su medio., , Barcelona: Plural.
RUPPERT, E.E. & BARNES, R.D. (1996). Zoología de los invertebrados. McGraw Hill-Interamericana, Mexico (traducción de la 6ª ed. americana de 1995).
VARIOS AUTORES. (2002). Galicia. Natureza. Zooloxía. Tomo XXXVII: Zooloxía I; Tomo XXXVIII: Zooloxía II; Tomo XXXIX: Zooloxía III; Tomo XL: Zooloxía IV. Hércules Edicións. A Coruña:
YOUNG, J.Z. (1971). La vida de los Vertebrados. Omega, Barcelona.
BÁSICAS
CB1. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinaes) relacionados coa súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
GENERALES
CG1. Utilización de criterios e métodos científicos no plantexamento e resolución de problemas aplicando os coñecementos adquiridos.
CG2. Desenvolvemento de capacidades para aplicar coñecementos a contornas novas, especialmente en contextos multidisciplinares.
CG7. Desenvolvemento da curiosidade científica, da iniciativa e a creatividade.
ESPECÍFICAS
CE2. Coñecemento da diversidade de animais mariños e as súas estratexias adaptativas.
CE14. Elaboración, discusión, interpretación, asesoramento e peritaxe de informes científico-técnicos, éticos, legais e socioeconómicos relacionados co ámbito mariño.
TRANSVERSALES
CT1. Desenvolvemento das capacidades comprensivas, de análise e síntese.
CT2. Desenvolvemento da capacidade de razoamento crítico e autocrítico.
CT4. Desenvolvemento da capacidade para actualizar o coñecemento de forma autónoma.
CT7. Desenvolvemento de habilidades para a divulgación de ideas en contextos tanto académicos como non especializados.
Clase maxistral. Clases presenciais para a exposición por parte do Profesor dos contidos do temario de teoría.
Titorías personalizadas. Resolución aos alumnos de dúbidas sobre o contido teórico da materia.
Lección maxistral: Avaliación continua da asistencia e actitude do alumnado nas sesións maxistrais.
Cualificación: 10%
Traballo tutelado: Avaliación dos coñecementos adquiridos mediante a elaboración en grupo dun traballo relacionado cos contidos da materia. A relación de traballos será proposta pola profesora.
Cualificación: 40%
Exame de preguntas de desenvolvemento: Avaliación dos coñecementos adquiridos mediante a realización dun exame escrito acerca dos contidos da materia
Cualificación: 50%
Na primeira oportunidade teranse en conta as catro metodoloxías. Na segunda, a avaliación realizarase mediante unha proba escrita, manténdose as cualificacións da avaliación continua obtidas ao longo do curso.
Para os alumnos que non desenvolveran as actividades de avaliación continua (asistencia a clase e elaboración e presentación do traballo), a proba escrita suporá o 100% da cualificación.
Estímanse unhas 75 horas totais de traballo por parte do alumno, desagregadas do modo seguinte:
20 h: Asistencia ás clases expositivas
2 h: Titorías
2 h: Para o exame escrito
1 h. Para a revisión do exame
50 h: Para o traballo persoal do alumno
Recoméndase traballar na materia de forma continua. Asistencia e participación activa nas actividades docentes.
Na segunda oportunidade a avaliación realizarase tamén mediante unha proba escrita final, manténdose as cualificacións da avaliación continua obtidas ao longo do curso.
Maria Celia Besteiro Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 982822309
- Correo electrónico
- celia.besteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
11.10.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
18.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |