Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Departamento externo vinculado ás titulacións, Física de Partículas, Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Física Aplicada, Área externa M.U en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable, Física Atómica, Molecular e Nuclear, Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes, Proxectos de Enxeñaría
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Completar a formación transversal dos estudantes con seminarios e actividades para que vexan a aplicabilidade e potencialidade das enerxías renovables, analizar os proceso de sustentabilidade das mesmas e dos procesos relacionados, e como esta nova política enerxética pode causar un impacto positivo como política na loita contra o cambio climático. Ademais de presentar novos escenarios de negocio e empregabilidade.
Seminarios específicos para:
a) Coñecemento e adestramento na contorna CLEWs.
b) Novas estratexias de aproveitamento dos recursos agroforestais.
c) Bioconstrucción e ciclos de vida de materiais de construción.
e) Economía circular.
f) Pacto verde Europeo.
g) Descarbonización.
h) Procesos de Transición Xusta.
i) Industria textil sostible.
Estes seminarios poderán variar en función da aparición doutras propostas de interese.
A bibliografía, dado o carácter da materia irase adecuando aos datos e a información dos campos en estudo.
BÁSICAS E XERAIS
CG06 - Coñecer en profundidade as tecnoloxías e ferramentas actuais no campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e o cambio climático.
CG07 - Coñecer a lexislación básica a nivel nacional e autonómico relacionada co campo das enerxías renovables, e ser capaz de acceder ás bases bibliográficas dispoñibles e ter capacidade para interpretalas.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
TRANSVERSAIS
CT02 - Analizar, razoar críticamente, pensar con creatividade e comunicar as súas ideas defendéndoas e discutíndoas asertiva e estructuradamente.
CT05 - Ser capaz de interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés.
CT09 - Comunicarse correctamente tanto nas linguas propias como nunha lingua estranxeira, oralmente e por escrito e en contextos diversos, resultando convincente e adaptado a mensaxe e os medios empregados ás características das situacións e as audiencias.
CT10 - Capacidade de análise e de síntese.
CT13 - Capacidade para analizar as demandas, necesidades e expectativas do mercado .
ESPECÍFICAS
CE07 - Ser capaz de identificar e discriminar os modelos actuais de transición enerxética e xestionar de forma sostible o modelo seleccionado usando as mellores tecnoloxías dispoñibles
CE10 - Comprender e establecer metodoloxías para a diagnose, xestión e planificación enerxética sostible a través da valorización de recursos enerxéticos propios en diferentes tipos de asentamento e aplicar este tipo de procedemento en casos sinxelos.
A materia desenvolverase en horas de clases maxistrais e actividades diversas (seminarios, mesas redonda, coloquios, etc.), utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispoñer e que fagan amena e formativa a materia para o estudante.
Entregaráselle ao estudante todo a material base necesario para o estudo da materia a través da web virtual da materia.
O estudante dispoñerá das horas de titorías correspondentes para solucionar dúbidas, ampliar coñecementos e mellorar os procesos de exposición dos seminarios.
Os estudantes deberán desenvolver en grupo ou de forma individual ao longo do curso un traballo que deberán expoñer.
Excepcionalmente poderase realizar un exame final da materia.
A parte teórica desenvólvese con axuda de diferentes medios audiovisuais que xeren unha proposta atractiva dos contidos e faciliten a comprensión dos mesmos. Durante o desenvolvemento do temario poderanse utilizar programas informáticos e internet.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
A avaliación da materia será continua e compoñerase dunha combinación de:
Asistencia e actitude en clase: 10 %
Realización de actividades diversas (prácticas, problemas, tarefas diversas, etc.): 40 %
Desenvolvemento e presentación do seminario (individualmente ou en grupo): 50 %
De non cumprir calquera dos requisitos anteriores o estudante poderá presentarse a un exame en primeira convocatoria e de non superalo poderá presentarse a outro exame en segunda convocatoria. A cualificación obtida nestes exames será a que o estudante obteña como nota definitiva no proceso de avaliación da aprendizaxe.
Obterán a cualificación de non presentado os estudantes que non se presentaron ao exame nin se someteron á avaliación de ningunha outra actividade obrigatoria.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
De forma xeral, poderanse realizar diferentes probas para verificación obtención coñecementos téoricos/prácticos e adquisición de habilidades e actitudes.
Docencia interactiva. Expositiva-Seminarios 21 h
Titoría en grupo 3 h
Traballo persoal do alumno e outras actividades 51 h
Recoméndase asistir ás clases e intervir activamente nelas.
Asistir ás titorías para resolver dúbidas e desenvolver os seminarios propostos para a súa exposición.
Traballar en grupo desde o primeiro día en todos e cada un dos puntos (estudo teórico, resolución problemas e cuestións, traballo a presentar e defender, etc.).
Así mesmo, sería recomendable un coñecemento básico de inglés. Tamén sería recomendable un coñecemento a nivel de usuario en informática para familiarizarse coas novas tecnoloxías á hora de dar calidade ás exposicións orais públicas, programas de tratamento de datos para analizar os datos obtidos no traballo de laboratorio, e navegación por Internet para ter o acceso mais directo e rápido á maior información posible.
Jose Antonio Rodriguez Añon
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- ja.rodriguez.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ma Angeles Lopez Aguera
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Teléfono
- 881813974
- Correo electrónico
- a.lopez.aguera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
David Cota Mascuñana
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes
- Correo electrónico
- david.cota [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
José Francisco Vaamonde Longueira
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- josefrancisco.vaamonde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU