Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Física Aplicada, Enxeñaría Química, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Física Aplicada, Enxeñaría Química, Proxectos de Enxeñaría
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao final do estudo da materia, o alumnado coñecerá a forma de avaliar a viabilidade económica dun proxecto de enerxías renovables e de organizar a súa tramitación administrativa, considerando os ricos económicos e financeiros asociados ao investimento que debe realizarse e os diversos aspectos legais e técnicos que deben atenderse na súa formulación.
Conceptos xerais sobre proxectos de investimento e a súa análise de viabilidade: estrutura e deseño dun proxecto; análise de viabilidade dun proxecto. Conceptos financeiros básicos: valor do diñeiro no tempo; estrutura económico-financeira e beneficio empresarial. Análise da viabilidade económica e financeira dun proxecto: métodos clásicos de selección dun investimento.
Bibliografía básica:
Idae. Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía. https://www.idae.es/
Morales Plaza, J.I. (2012): La transición de un modelo económico "energívoro" a un modelo económico sostenible. Marcial Pons, Ediciones Jurídicas y Sociales. Disponible en: https://www.marcialpons.es/media/pdf/9788497689779.pdf
Bibliografía complementaria:
Amaru, A.C. (2008): Administración para emprendedores. Fundamentos para la creación y gestión de nuevos negocios. Pearson.
Castro Abancens, I. (2010): Creación de empresas para emprendedores: guía para la elaboración de un plan de negocio. Pirámide.
Morales Plaza, José I. (2012): Las claves del éxito de la inversión en energías renovables. Marcial Pons, Ediciones Jurídicas y Sociales.
Rodríguez Sandiás, A. (2013): Modelos de Análisis y Valoración de Proyectos, Ed. Andavira.
BÁSICAS E XENÉRICAS
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas
novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha
información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos
especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG03 - Capacidade de realizar estudos de planificación e deseño de solucións enerxéticas no campo das enerxías renovables e a sustentabilidade e o cambio climático, ben sexan modelos de planificación ou para a súa aplicación a instalacións.
CG04 - Dimensionar, executar, explorar,manter, xestionar e avaliar obras e instalacións de tecnoloxías renovables.
CG07 - Coñecer a lexislación básica a nivel nacional e autonómico relacionada co campo das enerxías renovables, e ser capaz de acceder ás bases bibliográficas dispoñibles e ter capacidade para interpretalas.
CG08 - Coñecer os factores sociais, xurídicos e económicos que interveñen na implantación das enerxías renovables no
marco da sustentabilidade.
CG09 - Utilización das bases científicas aplicables no campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e a eficiencia
enerxética para comparar e seleccionar as alternativas máis eficientes e sustentables en diferentes contextos socioeconómicos
TRANSVERSAIS
CT01 - Traballar eficazmente tanto en equipos interdisciplinares, como de forma autónoma e con iniciativa.
CT13 - Capacidade para analizar as demandas, necesidades e expectativas do mercado.
ESPECÍFICAS
CE02 - Desenvolver habilidades no campo do deseño, implementación, explotación e mantemento en instalacións enerxéticas
eficientes, renovables e sustentables, aplicando ferramentas de modelización, planificación e optimización.
CE03 - Asesorar no desenvolvemento de proxectos relacionados coas enerxías renovables e a sustentabilidade enerxética, analizar,
desde o punto de vista técnico, económico e social, os proxectos enerxéticos e propoñer solucións específicas e innovadoras para empresas e particulares.
CE12 - Utilizar os conceptos e as fontes do dereito (legais, doctrinales e jurisprudenciales) para protexer o medioambiente e interpretar e aplicar as normas xurídicas internacionais e internas á regulación e promoción das enerxías renovables e o desenvolvemento sustentable.
O programa cobre un amplo abanico de temas que se consideran fundamentais no ámbito da materia.
Nas horas presenciais de docencia tratarase de afondar nos aspectos máis relevantes e novos para o alumno, e farase unha revisión máis superficial daqueles xa tratados noutras materias pero considerados importantes para comprender a Análise e a Valoración de Proxectos de Investimento en enerxías renovables.
No transcurso do curso farase referencia á bibliografía específica a utilizar para ampliar os coñecementos adquiridos en cada tema. Nas horas de docencia semanal tentaranse seguir as directrices metodolóxicas mencionadas a continuación:
- Compatibilizar o rigor lóxico da Teoría Financeira coa necesaria claridade expositiva que permita unha mellor comprensión dos conceptos tratados, mediante a utilización de exemplos que precisen os conceptos introducidos e os resultados obtidos.
- As demostracións teóricas e a formación matemática dos modelos analizados serán obxecto de atención en numerosas ocasións co fin de introducir aos estudantes no uso dos mesmos antes de utilizar as ferramentas informáticas.
- Contarase co apoio das ferramentas informáticas oportunas en cada momento.
- Resolver exercicios que permitan ao alumno practicar e comprobar a asimilación dos contidos expostos, xa sexa na aula xa na aula de informática.
- Fomentar o traballo en equipo tanto dentro do centro docente como fora del.
- Fomentar o diálogo na aula e a participación activa en clase.
Os/as estudantes recibirán o apoio do campus virtual da USC a través da aula virtual da materia, na que se ofrecerá a programación periódica das clases e o material de apoio correspondente, tanto para as sesión expositivas como para as interactivas.
Para todos os alumnos (incluidos/as alumnos/as con dispensa), todas as oportunidades e todas as convocatorias:
Exame: 50%
Actividades: 40%
Titorías: 10% (sempre telemáticas para alumnos/as con dispensa)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de competencias:
- Avaliación continua: CB7 CB8 CB9 CB10 CG03 CG04 CG07 CG08 CG09 CT01 CT13 CE02 CE03 CE12
- Exame final: CB7 CB8 CB9 CG03 CG04 CG07 CG08 CG09 CE02 CE03 CE12
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDAD
Clases maxistrais 9 100
Docencia interactiva. Aula de informática 12 100
Titoría en grupo 3 100
Traballo persoal do alumno e outras actividades 51 0
Asistir a clase. Seguir a materia día a día. Realizar as actividades. Traballo persoal
As clases impartiranse en castelán e galego.
Juan Ramon Piñeiro Chousa
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- j.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Antonio Rodriguez Añon
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- ja.rodriguez.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pastora Maria Bello Bugallo
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816789
- Correo electrónico
- pastora.bello.bugallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
José Francisco Vaamonde Longueira
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- josefrancisco.vaamonde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Sala de Xuntas - Bloque II |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Sala de Xuntas - Bloque II |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Sala de Xuntas - Bloque II |
13.05.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
20.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |