Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física da Materia Condensada
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
RESULTADOS DE APRENDIZAXE
Na materia de Física Atmosférica, o alumno familiarizaráse cos aspectos básicos da dinámica atmosférica, desde as ecuacións que gobernan a sua dinámica ata aspectos relacionados coa interpretación de mapas atmosféricos.
1. Ecuacións básicas de conservación e aplicacions. Aproximación hidrostática, análise de escala, estabilidade.
2. Aplicacions elementais das ecuacions básicas. Vento xeostrófico, vento térmico.
3. Circulación e vorticidade. Vorticidade potencial, a ecuación barotrópica de vorticidade potencial.
4. Oscilacions atmosféricas. Ondas de gravedade, ondas de Rossby.
5. Capa límite planetaria. Turbulencia atmosférica.
6. Circulacions de mesoscala: Frontes, convección (tormentas), furacans.
7. Circulación xeral da atmosfera. Zonas climáticas.
8. Predicción numérica do tempo. Modelos meteorolóxicos.
9. Problemas de contaminación na atmosfera.
10. Aproveitamento da atmosfera.
Bibliografía básica:
J.R. Holton. An Introduction to Dynamic Meteorology. Acad. Press (1992).
J. M. Wallace and P. V. Hobbs, Atmospheric Science: an introductory survey - 2nd edition, Elsevier (2006)
Bibliografía complementaria:
D.G. Andrews. An Introduction to Atmospheric Physics. Cambridge Univ. Press. (2000).
R.G. Barry y R.J. Chorley. Atmósfera, Tiempo y Clima. Ediciones Omega. 7ª edición. (1999).
Mª Carmen Casas Castillo y Marta Alarcón Jordán. Meteorología y Clima. Edicions UPC. (1999).
J.A. Dutton. Dynamics of Atmospheric Motion. Dover Edition (1986).
J.G. Haltiner. Meteorología Dinámica y Física. McGraw-Hill. (1957).
J. Houghton. The Physics of Atmospheres. Cambridge Univ. Press (2002).
E. Kalnay. Atmospheric Modeling, Data Assimilation and Predictability. Cambridge Univ. Press (2003).
R.A. Pielke. Mesoscale Meteorological Modeling. Academic Press. (1984).
R.S. Scorer. Dynamics of Meteorology and Climate. John Wiley and Sons. (1997).
R.B. Stull. An Introduction to Boundary Layer Meteorology. Kluwer Acad. Pub. (1991).
BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos stándares de publicación.
CG04 - Familiarizarse coas distintas modalidades usadas para a difusión de resultados e divulgación de coñecementos en reunións científicas.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
ESPECÍFICAS
CE09 - Dominar o conxunto de ferramentas necesarias para que poida analizar os diferentes estados en que pode presentarse a materia.
CE12 - Proporcionar unha formación especializada, nos distintos campos que abarca a Física Fundamental: desde a física medioambiental, a física de fluídos ou a acústica ata fenómenos cuánticos e de radiación coas súas aplicacións tecnolóxicas, médicas, etc.
CE13 - Dominar ferramentas interdisciplinares, tanto a nivel teórico como experimental ou computacional, para desenvolver con éxito calquera actividade de investigación ou profesional enmarcada en calquera campo da Física.
Desenvolvemento do temario teórico en clases presenciais. A parte teórica desenvólvese con axuda de diferentes medios audiovisuais que xeren unha proposta atractiva dos contidos e faciliten a comprensión dos mesmos. Durante o desenvolvemento do temario poderanse utilizar programas informáticos e internet.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual. En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos alumnos do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-alumno.
A nota final será o resultado da avaliación dun traballo final sobre un tema seleccionado polo alumno que sexa adecuado ao contido da materia e / ou a outras actividades. Valorarase especialmente as habilidades na busca de material para o desenvolvemento dos temas, a capacidade de síntese na elaboración de traballos e o dominio dos temas.
Poderanse realizar diferentes probas para verificar a obtención de coñecementos teóricos / prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes
Os alumnos que non se sometesen á avaliación de ningunha actividade obrigatoria obterán a nota de non presentado.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no “Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións”.
Docencia teórica: 20 h
Docencia interactiva: 5 h
Docencia práctica de laboratorio: 5 h
Titorización individual do alumnado: 1 h
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 44 h
E recomendable, ainda que non imprescindible que o alumno cursase ou estea cursando a Física de Fluidos, optativa vinculada ao itinerario de Física Fundamental. Igualmente, a asignatura de Física Ambiental permite ao alumno completar os conceptos plantexados
Gonzalo Miguez Macho
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814001
- Correo electrónico
- gonzalo.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
14.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
19.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |