Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O estudo e coñecemento da materia "Lexislación Industrial", tendo en conta a amplitude da mesma e a ausencia de coñecementos xurídicos dos estudantes, pretende acadar un coñecemento e manexo da normativa existente e dos axentes xurídicos, que facilite o futuro traballo profesional dos alumnos. Neste senso, a materia pretende que os estudantes comprendan a existencia dun ordenamento xurídico-industrial complexo con diferentes fontes de produción nomativa (internacional, comunitaria, estatal, autonómica e local) e a súa ordenación competencial ou xerárquica. Tamén a presencia dunha pluralidade de Administracións.
Os objectivos concretos son:
- Coñecer a estrutura administrativa e de xustiza europea.
- Adquirir coñecementos da lexislación/reglamentación europea, española e autonómica; saber interpretalos e manexalos con soltura; no ámbito da química, da calidade, da seguridade industrial e do medio ambiente.
- Formar técnicos con coñecementos en prevención de riscos químicos
- Coñecer e interpretar o Regulamento REACH.
- Adquirir coñecementos de Responsabilidade Civil.
- Coñecer os pasos para emprender un procedemento administrativo.
Os contidos desta materia segundo a memoria do título son:
"Lei de prevención de riscos laborais (risco químico). Estrutura administrativa e de xustiza en Europa (documentos xurídicos europeos, directivas, regulamentos, etc). Transposición en España de toda a regulamentación europea nos ámbitos da químcia (etiquetado, almacenamento, transporte, etc.), medioambiente e calidade. Regulamento REACH. Responsabilidade civil. Procedemento administrativo."
Estes contidos estrutúranse en dous bloques. O primeiro bloque será básico cun tema introdutorio no que se inclúe a parte máis xeral da materia, e outro complementario. Este primeiro bloque inclúe dous temas, o primeiro adicado a coñecer a existencia de distintos ámbitos normativos (internacional, europeo, estatal, autonómico e local) e o seu funcionamento ou estruturas administrativas, incluíndo a definición do distinto tipo de documentos xurídicos en cada ámbito, e a forma de adopción de uns a outros ámbitos. O segundo tema inclúe unha introdución á lexislación industrial, mediante a clasificación da mesma de forma sectorial (química, calidade, seguridade e medio ambiente) e unha introdución a cada unha delas seguindo a estrutura do tema primeiro. Por último, e como terceiro tema deste bloque, trátase a lei de procedemento administrativo e aspectos relacionados coa responsabilidade civil.
O segundo bloque consta de catro temas que inclúen un tratamento profundo da lexislación seguindo a clasificación presentada no tema 2.
BLOQUE I. Xeral
Tema 1. O dereito internacional. O Dereito comunitario. A protección interna. A Constitución e o Estatuto de Autonomía. Documentos normativos. Tratados, regulamentos, directivas, decisións e outros documentos comunitarios; leis e regulamentos estatais e autonómicos; ordenanzas municipais. Distribución de competencias: Estado, Comunidade Autónoma e Concellos. Procedementos de elaboración de normativa. Estrutura e publicación dos textos normativos.
Tema 2. A industria. Política industrial integrada e competitividade. Sectores industriais: industria forestal, industria textil, industria extractiva, construción naval, industria espacial, industria da defensa, turismo, comercio electrónico e servizos destinados ás empresas, produtos alimenticios. Industria química e clasificación da normativa: produtos químicos, calidade e seguridade industrial, medio ambiente.
Tema 3. Lei de procedemento administrativo. Responsabilidade administrativa. Responsabilidade civil. Os instrumentos represivos. A disciplina e a inspección. O Dereito sancionador.
BLOQUE 2. ESPECÍFICO
Tema 4. Produtos químicos.
Marco regulamentario de Xestión de las sustancias químicas (REACH), Axencia Europea de Sustancias e Preparados Químicos. Comercio internacional de produtos químicos perigrosos e Convenio de Rotterdam. Os deterxentes. Estratexia comunitaria en materia de alteradores endocrinos. Estratexia comunitaria sobre o mercurio. Exportación e almacenamento de mercurio. Plaguicidas e biocidas. Os abonos.
Tema 5. A industria e a tecnoloxía na política europea de seguridad e defensa.
A política de seguridade e defensa da Unión Europea: misións e capacidades. Novos actores e reglas de xogo. A incipiente política europea de armamento. O sector industrial da defensa en Europa. O novo marco da investigación e desenvolvemento. A transformación da industria. Retos e oportunidades
Tema 6. Saúde, hixiene e seguridade no traballo
Saúde e seguridade no lugar de traballo: normas xerais e estratexia comunitaria. Equipos, sinalización e cargas. Protección de grupos específicos de traballadores. Lugares de traballo. Axentes químicos, físicos e biolóxicos. Exposición: amianto, campos electromanéticos, ruido, vibracións mecánicas, atmósferas explosivas, axentes químicos, radiacións ionizantes, radiacións ópticas artificiais, axentes carcinóxenos e mutáxenos. Sistema europeo para o rexistro dos transportistas de materiais radiactivos. Calidade industrial e normas.
Tema 7. Dereito ambiental
Orixen e fontes do Dereito Ambiental. Os instrumentos de tutela ambiental. Instrumentos preventivos. Instrumentos económicos e voluntarios de tutela ambiental. Instrumentos complementarios. Instrumentos represivos. A tutela sectorial do medio. Aplicación á industria. A prevención e o control integrados da contaminación.
Bibliografía básica
Unión Europea. Portal do dereito da Unión Europea. https://europa.eu/european-union/law_es
Bibliografía complementaria
Unión Europea. Políticas da Unión Europea. https://europa.eu/european-union/topics_es
Muñoz Machado, Andrés. La política industrial: Un reto de nuestro tiempo. Ediciones Díaz de Santos, 2013.
NORMA ÁLVAREZ Hacia una nueva política industrial, EDITORIAL: DIANA Y CENTRO DE INVESTIGACIÓN PARA EL DESARROLLO A.C., 2000
J. Luis Calva. Política Industrial manufacturera. 2007.
Lozano Cutanda, B., Derecho Ambiental Administrativo, Dickinson, ultima edición.
CESEDEN, 2008. La industria y la tecnología en la política europea de seguridad y defensa.
D.G. de Economía y D.G. de Industria, Comunidad de Madrid. Libro blanco de la política industrial, 2005.
Nesta materia o/a alumno/a adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias do Dereito, adaptadas á formación técnico-científica dos estudiantes. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballarase de forma máis específica as seguintes:
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Innovar en espacios e ámbitos do campo de traballo, demostrando iniciativa e espíritu emprendedor
CG3 - Valorar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no ámbito da Química Industrial e a Investigación Química
CG4 - Demostrar habilidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos
CG5 - Utilizar terminoloxía científica na lingua inglesa para argumentar os resultados experimentais no contexto da profesión química
CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de captación e organización de información para solucionar problemas na actividade profesional
CG8 - Valorar a dimensión humana, económica, legal e técnica no exercicio profesional, así como o impacto da química no medio ambiente e no desenvolvemento sostible da sociedade.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
CB10 - Que os estudantes posean as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudiando dun xeito en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT1 - Elaborar, escribir e defender públicamente informes de carácter científico e técnico.
CT2 - Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinares.
CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
CT4 - Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
ESPECÍFICAS
CE2 - Propoñer alternativas para a resolución de problemas químicos complexos das diferentes especialidades químicas
CE5 - Avaliar correctamente os riscos e o impacto ambiental e socioeconómico asociado ás sustancias químicas especiais
MD1. Clases presenciais teóricas. Clases expositivas (utilización de pizarra, ordenador, cañón), complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual.
MD3. Seminarios realizados con profesorado propio do Máster, ou con profesionais invitados da empresa, a administración ou doutras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinión cos alumnos.
MD4. Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestións tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.)
MD5. Titorías individuais ou en grupo reducido.
MD6. Realización de traballos, tanto individualmente como en grupo, sobre temas científicos relacionados con las distintas materias do Máster.
MD7. Exposición oral de traballos, informes, etc., incluindo debate con profesores e alumnos.
MD8. Utilización de programas informáticos especializados e internet. Soporte docente on-line (Campus Virtual).
MD10. Estudo persoal baseado nas diferentes fontes de información
MD11. Realización das diferentes probas para a verificación da obtención tanto de coñecementos teóricos como prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes
Clases expositivas: Clases maxistrais presenciais en aula, propiciando a intervención do alumnado.
Clases interactivas:
- Seminarios: fundamentalmente de carácter presencial; dedicadas ao traballo do alumno baixo a tutela do profesor, para estudar con detalle aspectos importantes da materia, e para a resolución de casos prácticos, problemas e cuestións.
- Titorías: para o seguimento dos traballos en grupo realizados polos alumnos e seguimento personalizado do alumno; de carácter obrigatorio, serán presenciais en aula ou telemáticas, utilizando as plataformas virtuais a disposición na USC e o correo electrónico.
- Conferencias: invitarase, se procede, a relatores especialistas en la materia.
A calificación do alumno, tanto na primeira coma na segunda oportunidade, é unha media ponderada entre eo rendemento do mesmo nas partes que se avalían:
Exame final 55.0 (Competencias: CG3, CG4, CG6, CB6, CB9, CB10 CT3, CE1, CE2, CE5)
Resolución de problemas e casos prácticos 15.0 (Competencias: CG1, CG3, CG4, CG5, CG6, CG8, CT2, CT3, CE3, CE5)
Realización de traballos e informes escritos 10.0 (Competencias: CG4, CG8, CB10, CT1, CT4, CE1)
Titorías (mediante preferentemente a realización e/ou exposición oral dun traballo) 10.0 (Competencias: CG4, CG5, CB9, CT1)
Avaliación continua do alumno mediante preguntas e cuestións orais durante o curso 10.0 (Competencias: todas)
A avaliación na segunda oportunidade basearase na cualificación do exame e dos traballos (que se deberán presentar durante o curso), e a asistencia e participación, coa mesma ponderación que na primeira convocatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten unha carga de traballo de 3,0 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten do siguiente xeito:
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDADE
Clases presenciais teóricas 12 100
Seminarios 7 100
Titorías programadas 2 100
Preparación de probas e traballos dirixidos 18 0
Estudo persoal do alumno 36 0
Suponse que os alumnos que se matriculen da materia deben ter capacidade para aplicar o pensamento lóxico e crítico e para comunicar eficazmente as súas ideas. Manexo a nivel usuario de ferramentas informáticas e de búsqueda de datos (Word, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web).
A materia desenvolverase en galego e castelán.
Pastora Maria Bello Bugallo
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816789
- Correo electrónico
- pastora.bello.bugallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
19.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.12 |