Créditos ECTS Créditos ECTS: 30
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 732 Horas de Titorías: 13.5 Clase Interactiva: 4.5 Total: 750
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo fundamental é iniciar o alumno na investigación científica, no campo da Química Teórica e Computacional. O alumno debe adquirir unha formación suficiente para que, despois de cursar esta materia, poida abordar problemas de investigación análogos ao realizado neste traballo.
O Traballo de Fin de Máster terá carácter investigador e implicará a realización dun proxecto asociado a un plan de traballo asinado polo titor do alumno, de tal forma que o alumno terá que levar a cabo:
• Documentación bibliográfica sobre antecedentes e estado actual do tema proposto como proxecto.
• Elaboración dunha proposta de obxectivos.
• Realización de desenvolvementos teóricos ou de simulacións con ordenador.
• Elaboración, presentación pública e defensa dunha memoria de resultados e conclusións.
Debido ao carácter especializado desta materia, a bibliografía básica e complementaria dependerá da temática do problema de investigación no que se centre o Traballo de Fin de Máster. En xeral incluirá tanto o uso de libros de texto como de artigos de investigación.
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
Innovar en espazos e ámbitos do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito emprendedor.
Identificar información da literatura científica utilizando as canles apropiadas para integrar a devandita información para formular e contextualizar un tema de investigación.
Demostrar habilidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos.
Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestións tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc).
Titorías individuais.
Exposición oral de traballos, informes, etc., incluíndo debate con profesores e alumnos.
Utilización de programas informáticos especializados e internet. Soporte docente online (Campus Virtual).
Estudo persoal.
Realización dun traballo práctico individual baixo a supervisión dun titor persoal, coa axeitada infraestrutura e demais medios necesarios para poder alcanzar os obxectivos propostos.
A avaliación basearase na defensa pública do traballo de investigación desenvolvido polo alumno.
O sistema de aprendizaxe incluirá as seguintes actividades formativas: titorías individuais, preparación de probas e traballos dirixidos e estudo persoal do alumno.
Titorías individuais: 50 horas
Preparación de probas e traballos dirixidos: 500 horas
Estudo persoal do alumno: 200 horas
Tempo total: 750 horas
Non hai recomendacións especiais para esta materia.