Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar ao alumno coñecemento en:
- Propagación de plantas.
- Organización e xestión da produción viverística.
- Control de calidade na produción de material de vivero. Identidade varietal e rexistro varietal.
- Recursos xenéticos agrícolas e a súa conservación.
- Preparación do material de partida.
- A selección de plantas de interese agrícola.
- Proxectos de investigación de cara á obtención de material vexetal de reprodución usando a biotecnoloxía.
Contidos Memoria Verificada de Título
Propagación de plantas. Organización e xestión da produción viverística. Control de calidade na produción de plantas de viveiro. Identidade varietal e rexistro de variedades.Recursos xenéticos agrícolas e a súa conservación. Obtención do material de partida. A selección de material vexetal de interese agrícola. Proxectos de investigación orientados áobtención de material vexetal a partir da mellora xenética utilizando a biotecnoloxía.
Temario (h P: horas presenciais; h NP: horas non presenciais)
1. Propagación vegetal: propagación sexual o por sementes, propagación clonal (enxerto, estacaxe, porbaixa e cultivo in vitro). Organización e xestión da produción en viveiro.(3 hP; 9 h NP)
1.1. Definicións: clon, variedade, cultivar, ...
1.2. Clasificación dos métodos de propagación.
1.3. Propagación por sementes. Tipos de sementes. Tratamentos. Sementeira.
1.4. Propagación clonal: Enxerto. Tipos Periodos de realización.
1.4. Propagación clonal: Estacas. Tipos. Preparación da planta nai para producir estacas. Aplicación de hormonas. Realización. Aclimatación.
1.4. Propagación clonal: Acodo. Tipos. Métodos. Aplicación de hormonas. Bandeado. Reforzo.
1.4. Propagación clonal: In vitro. Métodos. Plantas nai. Aclimatación. Reforzo.
1.5. Organización e xestión da produción en viveiro. Tipos de viveiro. Instalacións. Plantas nai. Distribución das especies. Xestión da produción.
2. Control de calidade da produción en viveiro. Categorías. Certificación. pasaporte. Identidade varietal. Rexistro de variedades. (1 h P; 2 h NP)
2.1. Lexislación
2.2. Conceptos
2.3. Organizacións implicadas
3. Recursos xenéticos na agricultura: conservación in situ e ex situ (Bancos de Xermoplasma).(2 h P; 6 h NP)
3.1. Obxectivos da conservación dos recursos xenéticos. Cales deben conservarse? Diversidade dos recursos xenéticos.
3.2. Conservación in situ e ex situ. Tipos de Bancos de Xermoplasma. Organizacións Nacionais e Internacionais. Exemplos.
4. Obtención do material: Selección de material de interés agronómico: seleccións tradicionais. Hibridación controlada e mutación. Transformación xenética. (3 h P; 9 h NP)
4.1. Obtención do material de partida. cabeza de clon e material de reserva.
4.2.Selección masal e dirixida.
4.3.Hibridación controlada e mutación. Importancia destas técnicas no desenvolvemento de novas variedades. Exemplos
4.4. Tranformación xenética. Metodoloxía. Importancia da técnica en produción agronómica. Exemplos.
5. Proxectos de investigación orientados á obtención de material vexetal mediante mellora usando biotecnoloxía (3 h P; 9 h NP)
5.1. Redacción de proxectos de Investigación. Tipos principais de convocatorias. Estrutura do proxecto.
5.2. Obxectivos da mellora. Enfoque de escenarios. Resistencia a pragas e doenzas. Rasgos agronómicos mellorados. Caracteres cuantitativos e cualitativos. Variabilidade adaptativa.
5.3. Mellora por autopolinización e polinización cruzada. Exemplos de interés para Galicia
5.4. Aplicación de marcadores moleculares. Marcadores moleculares na mellora. Selección asistida por marcadores.
Prácticas de campo (6 h P): Visita á EVEGA (Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia): banco de xermoplasma, viveiro obtentor, material inicial e de reserva, seleción clonal,laboratorios de identificación varietal e de análise da calidade, microvinificacións. (Obrigatoria para tódolos alumnos e avaliable)
Prácticas de laboratorio (6 h P): Propagación (cultivo in vitro e outras técnicas).
Traballos individuais:
Propagación in vitro (en inglés) (5 h NP)
Programas de mellora vexetal (en inglés) (5h NP)
Básica
Badenes, M.L.; Byrne, D.H. 2012. Fruit breeding / Springer Series “Handbook of Plant Breeding” (M.L. Badenes and D. Byrne eds.), XVI, Springer, 875 pp.
Jack Brown Peter D.S. Caligari. 2008. An Introduction to Plant Breeding. Blackwell Publishing. ISBN: 978-1-4051-3344-9
Michael A. Dirr (Autor), Charles W. Heuser (Autor). 2009. Reference Manual of Woody Plant Propagation: From Seed to Tissue Culture. Timber Press; Edición: 2nd edition (5 de enerode 2009)
ISBN-10: 1604690046. ISBN-13: 978-1604690040
Sansavini, S., Costa, G., Gucci, R., Inglese, P., Ramina, A., Xiloyannis, C., and Desjardins,Y., eds. (2019). Principles of Modern Fruit Science (Leuven, Belgium: ISHS), pp.421. ISBN978-94-6261-204-4.
Complementaria
Bradshaw, J.E. 2010. Root and Tuber Crops Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 7
Hallauer, Arnel R., Carena, Marcelo J., Miranda Filho, J.B. 2010. Quantitative Genetics in Maize Breeding. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 6
Boller, Beat; Posselt, Ulrich K.; Veronesi, Fabio. 2010. Fodder Crops and Amenity Grasses. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 5
Vollmann, Johann; Rajcan, Istvan 2010. Oil Crops. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 4
Carena, Marcelo J. (Ed.)2009. Cereals. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 3
Prohens-Tomás, Jaime; Nuez, Fernando (Eds.)2008. Vegetables II Fabaceae, Liliaceae, Solanaceae, and Umbelliferae. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 2
Prohens-Tomás, Jaime; Nuez, Fernando (Eds.)2008. Vegetables I. Asteraceae, Brassicaceae, Chenopodicaceae, and Cucurbitaceae. Series: Handbook of Plant Breeding, Vol. 1
Bruce Macdonald. 2006. Practical Woody Plant Propagation for Nursery Growers. Timber Press. ISBN-10: 0881928402. ISBN-13: 978-0881928402
Nesta materia, o estudante adquirirá unha serie de coñecementos a través de contidos específicos, así como unha serie de habilidades e
destrezas, e porá en práctica unha serie de competencias específicas da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría agronómica en particular.
No que respecta aos coñecementos e contidos, traballaranse os seguintes:
Con03. 1.3. - Posesión, con sentido crítico, dos coñecementos de vangarda da súa especialidade. TIPO: Coñecementos ou
contidos
Con05. 5.1. - Completo coñecemento das técnicas aplicables e métodos de análise, proxecto e investigación e dos seus
limitacións. TIPO: Coñecementos ou contidos
No que respecta ás habilidades e destrezas, traballaranse as seguintes:
H/D17. 7.2. - Capacidade para funcionar eficazmente en contextos nacionais como membro ou líder dun equipo que poida
estar formado por persoas de distintas disciplinas e niveis, e que poidan utilizar ferramentas de comunicación virtual. TIPO:
Habilidades ou destrezas
H/D02. 2.2. - A capacidade de concibir novos produtos, procesos e sistemas. TIPO: Habilidades o destrezas
H/D10. 4.4. - Capacidade e destreza de alto nivel para proxectar e levar a cabo investigacións experimentais, interpretar datos con
criterio e extraer conclusións. TIPO: Habilidades o destrezas
H/D11. 4.5. - Capacidade para investigar sobre a aplicación das tecnoloxías máis avanzadas na súa especialidade. TIPO: Habilidades
o destrezas
H/D16. 7.1. - Capacidade para utilizar distintos métodos para comunica-las súas conclusións, de forma clara e sen ambigüidades, e o coñecemento e os fundamentos lóxicos que assustentan, a audiencias especializadas e non especializadas co tema, en contextos
nacionais e internacionais. TIPO: Habilidades o destrezas
No que respecta ás competencias, traballaranse a seguinte:
Comp17. CE10 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na xestión de proxectos de
investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías aplicadas ós procesos productivos vexetais: biotecnoloxía e mellora vexetal.
TIPO: Competencias
1. As clases teóricas impartiranse utilizando a lección maxistral apoiándose na USC-Virtual para conseguir alcanzar os obxectivos da docencia. Con03. 1.3. Con05. 5.1. H/D17. 7.2. H/D02. 2.2. H/D10. 4.4. H/D11. 4.5. H/D16. 7.1. Comp17. CE10
As sesións interactivas realizaranse con grupos reducidos para poder alcanzar unha maior interacción co alumno, e a asistencia considerarase de carácter obrigatorio.
Preparación dun proxecto individual para unha plantación frutal.
Elaboración dun glosario de termos galego/español/inglés en grupos.
Coas Ferramentas de "Avaliación-Traballos" poderase examinar a oferta, directrices e data tope dos envíos.
Realízanse titorías presenciais e tamén "on line" mediante as Ferramentas de Comunicación da USC-Virtual.
Docencia expositiva: 12 horas (ver desglose en contidos)
PROPAGACIÓN: 6 h
OBTENCIÓN DO MATERIAL VEXETAL: 6 h
2. Sesións Interactivas. Con03. 1.3. Con05. 5.1. H/D17. 7.2. H/D02. 2.2. H/D10. 4.4. H/D11. 4.5. H/D16. 7.1. Comp17. CE10
Docencia interactiva presencial: 12 horas (ver desglose en contidos)
PROPAGACIÓN: 6h
VIAXE: 6h
Realízanse rotacións curtas. Teñen lugar na aula (e tamén no Campo de Prácticas) asignada ao grupo, segundo o horario que establece o calendario académico.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria e imprescindible para poder realizar o exame final da materia. A non asistencia –agás causa de forza maior debidamente xustificada– supónnon realizar o exame final da parte (ou partes) da asignatura relacionadas coa dita ausencia.
3. Titorías.
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, porén poderanse programar titorías virtuais pero respectando as franxas horarias que figuran no horario do ano en curso.
Existen dous tipos de titorías no actual plan e estudos: a titoría de grupo e a individual. A primeira terá lugar na data definida no calendario académico.
A segunda é o modelo tradicional, recomendable para clarexar cantas dúbidas e dificultades poidan xurdir durante o semestre. É necesario fixar unha data co profesorado antes deacudir a esta titoría, que adoita ter lugar no despacho do docente.
A proba final será presencial (avaliacións da 1ª e 2ª oportunidade) mediante a realización dun exame escrito -que inclúe os contidos teóricos e a viaxe de prácticas- cuxa nota supóno 45% da cualificación global. A avaliación continua, esencialmente baseada nos traballos, representa o 45%. A asistencia representa o 10% restante.
Asistencia (10%).
Proba o probas, orales e/ou escritas (45%): Con03. 1.3. Con05. 5.1. H/D17. 7.2. H/D02. 2.2. H/D10. 4.4. H/D11. 4.5. H/D16. 7.1. Comp17. CE10
Traballos entregados e/ou expostos (20%) + informes de prácticas e exercicios da Aula Virtual (25%): Con03. 1.3. Con05. 5.1. H/D17. 7.2. H/D02. 2.2. H/D10. 4.4. H/D11. 4.5.H/D16. 7.1. Comp17. CE10
Cada unha das probas e traballos deben acadar unha nota mínima de 5,0.
O alumnado repetidor ou con dispensa de asistencia examinarase da totalidade dos contidos da materia. As actividades docentes de asistencia obrigatoria e inescusable paraalumnos que teñan concedida a dispensa de asistencia serán PRÁCTICAS, VIAXE e TRABALLOS.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión decualificacións. Nos traballos farase unha revisión de plaxio.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA...........30 Horas
---------------------------------------------
- Sesións expositivas ...........................12
- Sesións interactivas...........................12
- Exame................................... ...........2
- Exposicion de traballos.........................4
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE..... 45 Horas
---------------------------------------------------
- Estudo individual ...............................35
- Realización de Traballos.......................10
TOTAL HORAS DE TRABALLO DO ESTUDANTE: 75 HORAS
Recoméndase asistir regularmente ás clases teóricas, así como consultar a bibliografía proposta.
Ademais, aconséllase acudir á titorías para resolver as dúbidas relativas á materia. Os profesores da materia están dispoñibles para calquera consulta, previa cita
Santiago Pereira Lorenzo
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- santiago.pereira.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Luis Fernández Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- juanluis.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario I (Pav.III) |
Venres | |||
10:00-17:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Viaxe/Práctica de Campo |
16.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |
13.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |