Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 16 Total: 34
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento de sistemas de produción vexetal.
Capacidade de avaliación de sistemas agrarios.
Capacidade de manexo dos recursos de produción.
Coñecemento e avaliación de sistemas agrícolas de España e Galicia.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Sistemas agrarios: características, criterios de análise e avaliación. Comunidade, estabilidade e sostibilidade.
- Procesos produtivos e rendemento. O medio como condicionante da produción. Manexo do solo.
- Cultivo en secaño y regadío. Xestión de recursos.
- Evolución y perspectivas de los sistemas agrarios en España y Galicia. Estudio y análise dos principais sistemas agrarios galegos.
Estes contidos serán desenvoltos nos seguintes bloques temáticos ós que se dedicarán as horas expositivas (E) e interactivas (I) indicadas:
1.- Sistemas agrícolas: características, criterios de análise e avaliación (3 h E)
2.- Sistemas agrícolas en secaño e regadío (5 h E + 8 h I)
3.- Manexo do solo nos sistemas agrícolas (5 h E + 8 h I)
4.- Sistemas agrícolas en España e Galicia ( 3 h E)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Allen, R.G.; Pereira, L.S.; Raes, D.; Smith, M. 2006. Evapotranspiración del cultivo: guías para la determinación de los requerimientos de agua de los cultivos. Estudio FAO riego y drenaje 56. Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura
- FAO. 2011. El estado de los recursos de tierras y aguas del mundo para la alimentación y la agricultura. La gestión de los sistemas en situación de riesgo. Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura y Mundi-Prensa, Madrid.
- Loomis, R.S. y Connor, D.J. 2002. Ecología de cultivos: productividad y manejo en sistemas agrarios. Mundi-Prensa.
- Papajorgji, P.J. y Pardalos, P.M. 2008. Advances in Modeling Agricultural Systems. Springer., 483 pp.
- Urbano, P. 2002. Fitotecnia. Ingeniería de la producción vegetal. Mundi-Prensa
- Villalobos, F.J. et al. 2002. Fitotecnia. Bases y tecnologías de la producción vegetal. Mundi-Prensa.
- Villalobos, F.J. y Fereres, E. 2017. Fitotecnia: principios de agronomía para una agricultura sostenible. Mundi-Prensa.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Gliessman, S.R. 2007. Agroecology : the ecology of sustainable food systems.. CRC/Taylor and Francis 384 pp.
- Peart, R.M.; Curry, R.B. 1998. Agricultural systems, modeling and simulation, Marcel Dekker. 696 pp.
- Porta, J.; López-Acevedo, M. y Roquero, C. 2003. Edafología para la agricultura y el medio ambiente. Mundi-Prensa.
- Saña, J. 1996. La Gestión de la fertilidad de los suelos: fundamentos para la interpretación de los análisis de suelos y la recomendación de abonado. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
- Steduto, P., Hsiao, T.C., Fereres E. y Raes, D., 2012.Respuesta del rendimiento de los cultivos al agua. Estudio FAO riego y drenaje 66. Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura
Na documentación de cada tema dispoñible para o alumno se sinala bibliografía específica
COÑECEMENTOS
- Con02. 1.2. Un profundo coñecemento e comprensión das disciplinas da enxeñaría propias da súa especialidade, no nivel necesario para adquirir o resto de competencias do título. Especificamente, coñecemento de sistemas de produción vexetal.
- Con04. 1.4 Coñecemento con sentido crítico do amplo contexto multidisciplinar da enxeñaría e da interrelación que existe entre los coñecementos dos distintos campos. Especificamente, coñecemento e avaliación de sistemas agrícolas de España e Galicia.
- Con08. 5.6. Coñecemento e comprensión crítica sobre temas económicos, de organización e xestión (como xestión de proxectos, xestión do risco e do cambio).
HABILIDADEES / DESTREZAS
- H/D03. 2.3. Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría definidos de forma incompleta, e/ou en conflito, que admitan diferentes solucións válidas, que requira considerar coñecementos máis aló dos propios da súa disciplina e ter en conta as implicacións sociais, de saúde e seguridade, ambientais, económicas e industriais; seleccionar e aplicar os métodos máis axeitados s de análise, de cálculo e experimentais, así coma os máis innovadores para a resolución de problemas. Especificamente na avaliación de sistemas agrarios e no manexo dos recursos de produción.
- H/D07. 4.1. Capacidade para identificar, encontrar e obter os datos requiridos.
- H/D18. 8.1. Capacidade para acometer a formación continua propia de forma independente.
- H/D19. 8.2. Capacidade para adquirir coñecementos ulteriores de forma autónoma.
COMPETENCIAS:
- Comp01. CG1: Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio ambiente e a mellora e desenvolvemento sostible do medio rural.
- Comp05. CG5: Capacidade para transmitir os seus coñecementos e as conclusións dos seus estudios ou informes, utilizando os medios que a tecnoloxía de comunicacións permita e tendo en conta os coñecementos do público receptor.
- Comp15. CE8: Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas de produción vexetal.
A ensinanza da materia levarase a cabo mediante as seguintes actividades formativas, cada unha das cales se relaciona máis estreitamente con algún dos resultados de aprendizaxe relacionados coa materia:
- Clases expositivas, onde se desenvolven os contidos previstos co apoio de material audiovisual e outro que queda a disposición dos alumnos na aula virtual: Con02. 1.2, Con04. 1.4, Con08. 5.6, H/D03. 2.3, Comp01. CG1, Comp15. CE8.
- Seminarios de estudio de casos, diagnose ou avaliación. Con02. 1.2, Con04. 1.4, Con08. 5.6., H/D03. 2.3, H/D18. 8.1, Comp01. CG1
- Resolución de problemas: tanto na aula coma de forma autónoma titorada. H/D03. 2.3, H/D07. 4.1, H/D18. 8.1, Comp05. CG5.
- Prácticas de laboratorio. Con02. 1.2, Comp15. CE8.
- Prácticas de aula de informática. H/D03. 2.3, Comp15. CE8
- Aprendizaxe baseada en proxectos: coa realización de traballos de deseño e programación da rega, en coordinación coa materia Sistemas de Rega e Drenaxe. Se realizarán individualmente e baixo a titoría do profesor. Con04. 1.4. Con08. 5.6, H/D03. 2.3, H/D07. 4.1, H/D18. 8.1., H/D19. 8.2, Comp05. CG5
As clases expositivas e interactivas coordinaranse alternándose ao longo do curso
A avaliación da materia conta tres compoñentes: exame, tarefas e traballos:
- Exame escrito: constará de preguntas teóricas, de aplicación práctica e resolución de problemas sobre os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas. Constituirá o 65% da nota final, sendo necesario alcanzar polo menos unha cualificación de 5 sobre 10.
- Exercicios: casos prácticos a resolver individualmente e entregar. En conxunto constituirán un 10 % da nota final, establecéndose a contribución de cada un segundo a súa extensión y dificultade.
- Traballos: un ou máis traballos realizados e presentados ó longo do curso. En conxunto constituirán un 25% da nota final, establecéndose a contribución de cada un segundo a súa extensión y dificultade.
A nota final da materia será a media ponderada das tres compoñentes, salvo que non se acadara a nota mínima no exame, caso no que a nota final será a do exame.
O xeito de cualificación será igual en tódalas convocatorias. Os traballos e tarefas só poderán ser presentados nas datas previstas durante o desenvolvemento do curso.
En caso de non superar la materia en un curso, ningunha cualificación nin actividade realizada se conserva para o seguinte curso, polo que os alumnos repetidores se avalían do mesmo modo e cos mesmos criterios que os non repetidores.
Para os alumnos que teñan recoñecida a dispensa de asistencia de acordo coa Instrucción1/2017 da Secretaría Xeral de la USC, a forma de cualificación será a mesma, xa que ningunha compoñente da nota esixe presencialidade salvo o exame.
A relación entre as probas de avaliación previstas e as competencias a adquirir polo estudante:
- Exame (65%): Con02. 1.2, Con04. 1.4, Con08. 5.6, H/D03. 2.3, Comp01. CG1, Comp15. CE8.
- Exercicios (10%): H/D03. 2.3, H/D07. 4.1, H/D18. 8.1, Comp05. CG5
- Traballos (25%): Con04. 1.4. Con08. 5.6, H/D03. 2.3, H/D07. 4.1, H/D18. 8.1., H/D19. 8.2, Comp05. CG5.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
As actividades presenciais son as previstas na programación da materia. Nelas inclúense:
- Clases expositivas: 16 h
- Clases interactivas: 16 h
- Titorías de apoio ao estudo da materia e a elaboración dos traballos: 2 h
- Probas de avaliación: 3 h
O tempo non presencial que se estima necesitará traballar o alumno de forma autónoma para poder superar a materia e acadar as competencias previstas (incluíndo a realización de traballos e tarefas, lectura de temas e estudio) é de 61 h
- Lectura e preparación de temas: 16 h
- Realización de exercicios: 10 h
- Preparación previa das prácticas e traballo derivado das mesmas: 5 h
- Elaboración de traballos: 15 h
- Preparación de probas de avaliación: 15 h
- Asistir á clase e levar a materia ao día.
- Realizar todas as tarefas propostas
- Estudo razoado, tratando de identificar e entender os conceptos principais.
- Integrar os coñecementos adquiridos en materias complementarias.
- Relacionar os coñecementos adquiridos coas súas aplicacións prácticas na agricultura
Adolfo López Fabal
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- adolfo.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mª Belén Díaz Hernández
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor