Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Que os alumnos de Manexo de Pastos coñezan os fundamentos e as tecnoloxías aplicables á produción e adquiran as habilidades e competenciasnecesarias para planificar, deseñar e executar proxectos relacionados co Manexo de Pastos na Zona Húmida da Península Ibérica, así como xestionar deforma integral e sostible procesos produtivos empresariais, a través dunha aprendizaxe significativa e construtivista
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Base forraxeira da produción de leite nas zonas temperado-húmidas (2 h). Sementes de plantas pratenses e de cultivos forraxeiros (2 h). Fase vexetativae reprodutora das gramíneas pratenses: influencia do manexo sobre a súa morfoloxía (4 h). Principais gramíneas e leguminosas pratenses: a importanciadas leguminosas (5 h) . Pradeiras: mestura de especies e manexo en sega e pastoreo. O millo forraxeiro e as mesturas de gramíneas e leguminosasanuais (3 h). O ciclo de nutrientes: fertilización de prados, pradeiras e cultivos forraxeiros. Técnicas de conservación de forraxes
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
1.-DOCENCIA EXPOSITIVA.
Tema 1.- Introdución: marco da materia: especies e mesturas pratenses na España Húmida (1 h presencial, 2.5 h non presenciais).
Tema 2.- Base forraxeira das explotacións gandeiras (2 h presenciais, 5 h non presenciais).
Tema 3- Sementes de especies pratenses: criterios de calidade, influencia sobre o establecemento da pradeira (2 h presenciais, 5 h non presenciais).
Tema 4- Gramíneas e Leguminosas pratenses: características, manexo e especies. Avaliación, utilización e manexo de pastos (3 h presenciais, 7 h nonpresenciais).
Tema 5.-. Rotacións. Aspectos ambientais do pastoreo (2 h presenciais, 5 h non presenciais).
2.- DOCENCIA INTERACTIVA.
Práctica 1.- Recoñecemento de plantas e sementes de especies gramíneas e leguminosas. Fisioloxía (2 horas presencais, 2.5 h non presenciais).
Práctica 2.- Elaboración dun glosario inglés-castelán-galego (2 horas presenciais, 5 h non presenciais).
2 Viaxes de prácticas: parcelas de ensaio do CIAM, visita a unha explotación gandeira (8 horas presenciais, 2 horas non presenciais).
BÁSICA
DUTHIL, J., 1989. Producción de forrajes. 368 pp. Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
FRAME, J., 1994. Improved grassland management. 356 pp. Farming Press. Books. Ipswich. Reino Unido.
JONES, M.B.; LAZENBY, A., 1988. The grass crop: The physiological basis of production. 372pp. Chapman and Hall. Londres.
MUSLERA PARDO, E.; RATERA GARCIA, C., 1991. Praderas y forrajes: Producción y aprovechamiento. 676 pp. Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
PIÑEIRO ANDION, J.; PEREZ FERNANDEZ, M., 1993. Mezclas pratenses en la España húmeda. 48 pp. Hojas divulgadoras, Núm 8/92 HD. Ministerio deAgricultura, Pesca y Alimentación. Secretaría General de Estructuras Agrarias. Madrid.
STEWART, T.A.; PIÑEIRO ANDIÓN, J., 2002. Siembra en superficie de trébol blanco en praderas establecidas. 4 pp. Una guía práctica basada en laexperiencia de los participantes en el Proyecto EFFECT de la UE. Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. A Coruña
RODRÍGUEZ JULIÁ, M. Recomendación de abonado para las praderas en base al ciclo de mantenimiento de los nutrientes. En: II Xornadas Pratenses, 61-80. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo, Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia y Escola Universitaria de EnxeñeríaTécnica Agrícola de Lugo. Lugo.
COMPLEMENTARIA
BESNIER ROMERO, F., 1989. Semillas: Biología y tecnología. 638 pp. Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
HOLMES, W., 1989. Grass its production and utilization. Second edition. 306 pp Blackwell Scientific Publications. Londres.
LANGER, R.H.M., 1990. Pastures, their ecology and management. 204 pp. Oxford University Press. Oxford. Reino Unido.
MOSQUERA, R.; ROMERO, R.; RIGUEIRO, A.; PIÑEIRO, J.; GONZÁLEZ, M.P.; LÓPEZ, Mª L., 2000. Plantas de los prados del noroeste de la PenínsulaIbérica. 112 pp. Escola Politécnica Superior. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
PEREZ FERNÁNDEZ, M.; PIÑEIRO ANDIÓN, J., 1992. Especies pratenses y modo de aprovechamiento. II.- Efecto sobre el contenido en calcio, magnesio yla relación K/(Ca+Mg). Actas de la XXXII Reunión Científica de la Sociedad Española para el Estudio de los Pastos, 261-266.
PIÑEIRO ANDIÓN, J.; PEREZ FERNÁNDEZ, M., 1992. Especies pratenses y modo de aprovechamiento. I.- Efecto sobre el contenido en proteína bruta,fósforo y potasio. Actas de la XXXII Reunión Científica de la Sociedad Española para el Estudio de los Pastos, 255-260.
PIÑEIRO ANDION, J., 1994. Especies y mezclas pratenses en la España húmeda. Actas de la XXXIV Reunión Científica de la Sociedad Española para elEstudio de los Pastos, 146-160.
PIÑEIRO ANDION, J., 1995. La base forrajera de la producción de leche en zonas de minifundio. Pastagens e Forragens, 16, 147-158.
Comp05. CG5 - Capacidade para transmitir os seus coñecementos e as conclusións dos seus estudos ou informes, utilizando os medios que a tecnoloxía de comunicacións permita e tendo en conta os coñecementos do público receptor. TIPO: Competencias
Comp07. CG7 - Aptitude para desenvolver as habilidades necesarias para continuar a aprendizaxe de forma autónoma ou dirixida, incorporando á súa actividade profesional os novos conceptos, procesos ou métodos derivados da investigación, o desenvolvemento e a innovación. TIPO: Competencias
Comp15. CE8 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas de produción vexetal. TIPO: Competencias
Con02. 1.2. - Un profundo coñecemento e comprensión das disciplinas da enxeñería agrónoma, no nivel necesario para adquirir o resto de competencias do título. TIPO: Coñecementos ou contidos
H/D01. 2.1. - Capacidade para analizar novos e complexos produtos, procesos e sistemas de enxeñería dentro dun contexto multidisciplinar máis amplo; seleccionar e aplicar os métodos mais adecuados de análise, de cálculo e experimentais xa establecidos, así como métodos innovadores e interpretar de forma crítica os resultados de das devanditas análises. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D02. 2.2. - A capacidade de concibir novos produtos, procesos e sistemas. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D08. 4.2. - Capacidade para realizar procuras bibliográficas, consultar e utilizar con criterio bases de datos e outras fontes de información, para levar a cabo simulacións co obxectivo de realizar investigacións sobre temas complexos da súa especialidade. TIPO: Habilidades ou destrezas
CSV: 757256891815561817009179 - Verificable en https://sede.educacion.gob.es/cid e Carpeta Ciudadana https://sede.administracion.gob.es
Identificador : 3500276 Data : 25/06/2024
30 / 61
H/D15. 6.2. - Capacidade para xestionar complexas actividades técnicas ou profesionais ou proxectos que requiren novos enfoques de aproximación, asumindo a responsabilidade das decisións adoptadas. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D18. 8.1. - Capacidade para acometer a formación contínua propia de forma independiente. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D19. 8.2. - Capacidade para adquirir conocimientos ulteriores de forma autónoma. TIPO: Habilidades ou destrezas
- Unha primeira parte de docencia expositiva: lección maxistral apoiándose na USC-Virtual para conseguir alcanzar os obxectivos da docencia.
- As sesións interactivas realizaranse con grupos reducidos para poder alcanzar unha maior interacción co alumno, e a asistencia considerarase decarácter obrigatorio.
- Realizaranse titorías presenciais e tamén "on line" mediante as Ferramentas de Comunicación da USC-Virtual.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria e esencial, excepto en casos de forza maior debidamente justificada, para aprobar a asignatura.
Titorías
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, porén poderanse programar titorías virtuais pero respectando as franxas horarias que figuranno horario 2024-25.
Existen dous tipos de titorías no actual plan e estudos: a titoría de grupo e a individual. A primeira terá lugar na data definida no calendario académico. Osegundo é o modelo tradicional, recomendable para resolver as dúbidas e dificultades que poidan xurdir durante o semestre. É necesario fixar unha dataco profesorado antes de acudir a esta titoría que adoita ter lugar no despacho do docente.
- Será preciso aprobar conxuntamente as partes teórica e práctica da materia. No caso de repetir a materia, gardarase a nota da Parte expositiva ,ou a da docencia interactiva, no caso de que algunha delas estean aprobadas. A avaliación da teoría farase de forma contínua, mediante a realización de traballos.
- Nas prácticas avaliarase a asistencia e implicación do alumnado, así como as memorias que se realicen. As viaxes de prácticas valoraranse como prácticas, considerando un peso ponderado na nota, respecto dunha práctica ordinaria, proporcional á súa duración.
- As proporcións en que conta cada parte, e as competencias que se avalían, son as seguintes:
Proba ou probas, orais e/ou escritas (30%): Comp05, Comp05, Con02.
Traballos (20%): H/D08, Con02, HD15, Comp05, Comp07, Comp15
Asistencia e participación nas clases (20 %)
Memorias de prácticas e viaxes (30%): H/DO1, H/DO8, Comp15
Os/As estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, deben ter en conta que para aprobar a materia é preciso que asistan ás prácticas e viaxes. No referente ás proporcións que interveñen na avaliación, suprímese o 20% referente á asistencia e participación nas clases, engadíndoo aos traballos, de xeito que a estes lles corresponde unha valoración do 40%
- O sistema de avaliación na convocatoria extraordinaria é igual có da ordinaria. Gardaranse as partes aprobadas en cada convocatoria.
As actividades docentes de asistencia obrigatoria e inescusable para alumnos que teñan concedida a dispensa de asistencia serán as PRÁCTICAS, VIAXES e TRABALLOS.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, e/ou plaxio, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Traballo presencial:
• Clases expositivas: 9 h
• Clases interactivas: 12 h
• Titorías en grupo: 3 h
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA: 21 h
- Trabajo no presencial:
• Estudio dos temas de docencia expositiva e interactiva: 9 h
• Busca de bibliografía, lectura e preparación de traballos: 20 h
• Elaboración de memorias das prácticas e viaxe: 6 h
TRABALLO NON PRESENCIAL: 35 h
TOTAL HORAS DE TRABALLO DO/A ESTUDANTE: 59 h
- Asistir á clase e levar a materia ao día.
- Estudio razoado (non memorístico) tratando de entender os conceptos, e de resolver dúbidas a medida que van xurdindo, facendo uso das titorías.
- Integración dos coñecementos adquiridos en materias que deberían ser previas ou complementarias.
- Tentar manter un contacto cos factores do entorno relacionados coa materia: Relacionar os coñecementos adquiridos coas súas posibles aplicacións ao sector
Benigno Ruiz Nogueiras
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- benigno.ruiz [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade