Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dotar ao alumno da perspectiva necesaria para analizar eventos e procesos que teñen lugar sobre o territorio, ao permitir localizar cada evento na súa posición xeográfica. As novas tecnoloxías de información espacial proporcionan información precisa, detallada e rápida de gran utilidade para a avaliación e xestión de recursos.
Aplicación de novas tecnoloxías de información espacial (teledetección, fotogrametría e Sistemas de Información Xeográfica) á produción e análise de información xeo-espacial para a avaliación e xestión ambiental a diversas escalas, tanto local como rexional e global.
A memoria do título considera para esta materia os seguintes contidos:
Captura, tratamento, análise, interpretación, difusión e almacenamento da información xeográfica.
Teledetección: correccións e tratamentos dixitais da imaxe. Extracción, análise da información e visualización 3D.
Fotogrametría: fotogrametría aérea de baixa altitude. Técnicas de modelado 3D a partir de imaxes.
Aplicacións no ámbito da agroenxeñería.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo cos seguintes:
Contidos teóricos (9 horas, 22 horas NP)
1.- Teledetección.(4 horas, 10 horas NP)
1.1- Introdución á teledetección. Aplicacións na agroenxeñería
1.2- Fundamentos de teledetección.
1.3- Plataformas e sensores.
1.4- Correccións xeométricas.
1.5 Tratamentos dixitais e extracción e análise da información. Visualización 3D
2.- Fotogrametría.(3 horas, 7 horas NP)
2.1- Fotogrametría aérea. Aplicacións na agroenxeñería.
2.2- Fotogrametría aérea de baixa altitude. Uso de UAS.
2.3- Fotogrametría terrestre. Modelado 3D. Aplicacións na agroenxeñería.
3.- Os SIG. Captura, tratamento, almacenamento, organización, análise e interpretación, da información xeográfica.(1 hora, 2 horas NP )
Exposición de traballos (1 hora, 3 horas NP )
Contidos prácticos (12 horas, 27 horas NP)
I -Teledetección (5 horas, 18 horas NP)
1.- Descarga de software libre e imáxes SENTINEL-2 (0,5 horas)
2.- Tratamentos dixitais básicos (1 hora)
3.- Uso da calculadora ráster para obtención de índices. (1 horas)
4.- Uso de máscaras e recorte de imaxes (1 hora)
5.- Reproxección e Clasificacións da imaxe (1,5 horas)
II - Fotogrametría (4 horas, 9 horas NP)
- Modelado 3D. Virtualización tridimensional dun obxecto sinxelo e un obxecto libre ( 3 horas)
-Subida a Sketchfab e creación de código Qr ( 1 hora )
III.- Asistencia a conferencias (3 horas)
Bibliografía básica
- FERNANDEZ GARCÍA, S; GIL DOCAMPO, M. L. Topografía y Geomática Básicas en Ingeniería. Ed. Bellisco. ISBN 978-84-92970-38-4,351 pp. Madrid. 2012
- GIL DOCAMPO, Mª L; ARMESTO GONZÁLEZ, J. Apuntes de teledetección. Ed.Unicopia. ISBN 84-89189-2. 53 pp. Lugo. 2002
- D. Liverman, E. F. Moran, R. R. Rindfuss & P. C. Stern (Eds.), People and Pixels: Linking Remote Sensing and Social Science. Washington, D. C.: National Academy Press, National Research Council. 1998.
- Schuckman, K. and O'Neil-Dunne, J. (2014). GEOG 883: Remote Sensing Image Analysis and Applications. The Pennsylvania State University. Retrieved January 4, 2015, from https:// www.e-education.psu.edu/geog883/
Bibliografía complementaria
- BOSQUE SENDRA, J. Sistemas de Información Geográfica. Ed. Rialp, Madrid 1997.
- Ferrer Torío, R y otros “Fotogrametría” ETSI de Caminos Canales y Puertos. Universidad de Cantabria.
- Chuvieco Salinero, E. “Teledetección ambiental” Ed Ariel Ciencia. 2006.
-López Cuervo, Serafín. “Fotogrametría” Ed Egraf. 1980
- Manzano Agugliaro, F. y otros. "Aplicaciones fotogramétricas y cartográficas en la ingeniería rural". Ed Universidad de Almería. 1999.
-Ortiz Sanz, L.; Gil Docampo, M L,; Rego Sanmartín, T. - Problemas resueltos de topografía y fotogrametría. Ed. Bellisco. 2003.
- Ortiz Ortiz, J.; GIL, M. L; MARTÍNEZ, S.; Rego, T.; Meijide, Gonzalo
A simple methodology for recording petroglyphs using low-cost digital image correlation photogrammetry and consumer-grade digital cameras”,JOURNAL OF ARCHAEOLOGICAL SCIENCE. V.37, 3158-3169 2010
- Jensen, J. R. Introductory Digital Image Processing: a Remote Sensing Perspective. Upper Saddle River: Prentice Hall.1996.
- Lillesand, T and Kiefer R. Remote Sensing and Image Interpretation. John Wiley and Sons. USA.1994.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría agronómica en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias
Comp04. CG4 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos para a solución de problemas expostos en situacións novas, analizando a información proveniente da contorna e sintetizándoa de forma eficiente para facilitar o proceso de toma de decisións en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario.
Comp05. CG5 - Capacidade para transmitir os seus coñecementos e as conclusións dos seus estudos ou informes, utilizando os medios que a tecnoloxía de comunicacións permita e tendo en conta os coñecementos do público receptor.
Comp34. CEAI05 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia nas tecnoloxías da información xeoespacial.
Coñecementos ou contidos
Con06. 5.3. - Completo coñecemento de aplicación de materiais, equipos e ferramentas, tecnoloxía e procesos de enxeñería e as súas limitacións.
Habilidades ou destrezas
TIPO: H/D04. 2.4. - Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñería en áreas emerxentes da súa especialidade.
H/D08. 4.2. - Capacidade para realizar procuras bibliográficas, consultar e utilizar con criterio basees de datos e outras fontes de información, para levar a cabo simulacións co obxectivo de realizar investigacións sobre temas complexos da súa especialidade.
H/D11. 4.5. - Capacidade para investigar sobre a aplicación das tecnoloxías máis avanzadas na enxeñería agrónoma.
H/D12. 5.2. - Competencias prácticas, como o uso de ferramentas informáticas para resolver problemas complexos realizar proxectos de enxeñería complexos e deseñar e dirixir investigacións complexas.
H/D16. 7.1. - Capacidade para utilizar distintos métodos para comunicar as súas conclusións, de forma clara e sen ambigüidades, e o coñecemento e os fundamentos lóxicos que as sustentan, a audiencias especializadas e non especializadas co tema, en contextos nacionais e internacionais.
H/D19. 8.2. - Capacidade para adquirir coñecementos ulteriores de forma autónoma.
Os coñecementos e habilidades obteranse a través de:
- Lección maxistral (8 horas) se impartirán fundamentalmente mediante presentación oral con power point. (Avaliada mediante exame)
- Presentacións (1 hora) os alumnos deberán realizar un traballo obrigatorio en inglés e presentalo en clase tamén en inglés mediante power point o similar. (Avaliado mediante proba oral)
- Prácticas en Aula de Informática: se impartirán 8 horas de prácticas con software específico. Levarase a cabo a aplicación de metodoloxías e técnicas vistas na teoría, con aplicación a exemplos concretos. O software a empregar será o de SNAP para teledetección e Zephyr para a fotogrametría entre outros. Os alumnos deberán realizar así mesmo unha memoria de prácticas individual. (Avaliada como traballo)
- Asistencia a Conferencias u outros eventos; 3 horas (Avaliado como participación dos alumnos nas actividades da aula)
- Titorías en grupo (3 horas) nas que se tratará de resolver as dúbidas suscitadas na materia.
Para a avaliación continua dos alumnos:
- A realización do traballo de grupo obrigatorio farase rematada a parte da materia de fotogrametría.
- A entrega do informe das prácticas farase de forma simultánea ao avance da teoría.
Realizarase un exame final na data oficial fixada polo centro. A realización das prácticas é obrigatoria así como a entrega dunha memoria final de prácticas individual, a falta de entrega deste traballo será causa de suspenso na materia.
Será obrigatorio así mesmo a realización de una exposición oral en grupo sobre o tema da materia que indique o profesor.
Para o cálculo da nota final é necesario que a proba escrita e a cualificación do traballo sexan superiores a 4 puntos.
Exame de desenrolo (30%): coñecemento Con06. 5.3, Habilidades H/D04. 2.4, H/D16. 7.1.
Traballos (45%): competencias CG4, CEAI05, habilidades H/D12. 5.2.
Participación do alumnado nas actividades da aula (conferencias) (10%): competencias CEAI05, Habilidades H/D19. 8.2.
Proba oral (15%): competencias GG5. Habilidades H/D08. 4.2, H/D11. 4.5.
O retraso na entrega dos traballos segundo a fecha prevista será penalizada cun 10% respecto da nota das mesmas.
O sistema descrito de avaliación será o empregado tanto na oportunidade ordinaria coma na extraordinaria de recuperación.
Ós alumnos repetidores se lles gardarán as prácticas e os traballos durante dous cursos consecutivos.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, deben ter en conta que, ainda que a asistencia non é imprescindible, a proba oral sobre o tema proposto terá que facerse individualmente e defendelo a lo menos mediante videoconferencia. A participación nas conferencias poderá valorarse mediante a realización de un estudio de un caso. Terán que estudar a materia e realizar as prácticas de xeito independente e entregar a memoria final. O sistema de avaliación será o mesmo que o resto de estudantes do sistema xeral.
Respecto ó plaxio se seguirá o artigo 16 da Normativa de Avaliación do Rendemento Académico e Revisión de cualificación sobre o plaxio nas probas da USC
A materia consta de 3 créditos, iso supón unha carga total para o alumno de 75 horas.
Docencia expositiva en grupo de 40 alumnos 9
Docencia interactiva en grupo de 20 alumnos (laboratorio, aula de informática...) 12
Titorías en grupo de 10 alumnos 3
Actividades de avaliación 2
Outras (traballo en grupo)
TOTAL 1 26
Lectura e preparación de temas 16
Realización de exercicios 0
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas 12
Elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuais) 12
Preparación probas de avaliación 9
TOTAL 2 49
Que o alumnado participe activamente na formulación de dúbidas e inquietudes
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións” ” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011)".
María De La Luz Gil Docampo
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- ml.gil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade