Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Ao tratarse dunha materia básica para a aprendizaxe doutras materias da titulación (Fitotecnia, Cultivos herbáceos, Fruticultura, Xardiñería e Paisaxismo, Praticultura…) o obxectivo central da materia é dar a coñecer ao alumno unha visión xeral dos principais grupos de cormófitos, incidindo nos seguintes aspectos:
• Coñecer, comprender e utilizar os principios de identificación e caracterización de especies vexetais.
• Saber tomar decisións mediante o uso dos recursos dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares
• Saber transferir tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no eido agrario.
Outros obxectivos complementarios da materia son os seguintes:
• Coñecer a posición evolutiva e sistemática dos principais grupos
• Valorar a importancia e función das plantas nos agrosistemas e ecosistemas
• Fomentar o interese e familiaridade coas plantas especialmente na súa aplicación e utilidade na agronomía
• Comprender e manexar terminoloxía botánica básica relacionada coas plantas vasculares
• Concienciar ao alumnado de cara aos temas medioambientais e conservacionistas.
A memoria do título contempla os seguintes contidos para a asignatura:
- Sistemática: diversidade e clasificación das plantas.
- Ximnospermas: variabilidade morfolóxica, caracterización e identificación de plantas con semente núa.
- Anxiospermas: variabilidade morfolóxica, caracterización e identificación de plantas con semente protexida.
- Etnobotánica: as plantas de interés agrícola, ornamental y agroindustrial. Plantas invasoras.
- Comunidades vexetales de interés agrícola e paisaxístico.
Estos contidos serán presentados nas actividades expositivas que seguirán o seguinte temario:
HORAS EXPOSITIVAS (18 horas)
BLOQUE I: Caracteres diagnósticos das plantas (7 h presenciais, 21 non presenciais)
FUNDAMENTOS BÁSICOS. Introdución á Botánica. Importancia e uso das plantas. Etnobotánica: concepto e definición. Fundamentos e criterios de clasificación. Filoxenia e nomenclatura. Clasificación xeral e introdución ao sistema APG. (2h)
ESTRUTURAS VEXETATIVAS DAS PLANTAS: Estruturas, tipoloxía e modificacións. Criterios diagnósticos de raíz, tallo e follas. Outros criterios diagnósticos. (2h)
ESTRUTURAS REPRODUCTORAS: Esporanxios e estróbilos. A flor: morfoloxía e criteriosd de clasificación. Inflorescencias. A semente. Froitos: orixe e clasificación. Reprodución asexual. (2h)
ADAPTACIÓNS DAS PLANTAS AO MEDIO. Ciclo vital e ciclo estacional (fenoloxía). Biotipos. Parasitismo e outras formas de nutrición. Invasións. (1h)
BLOQUE II: Principais grupos de plantas vasculares (11 horas presenciais, 33 non presenciais)
PLANTAS VASCULARES SEN SEMENTE. Div. Pteridophyta. Caracteres xerais e importancia. Sistemática (Clases Psilotopsida, Lycopodiopsida, Equisetopsida e Filicopsida). (1h)
PLANTAS CON SEMENTE NÚA. XIMNOSPERMAS. División Spermatophyta. A semente. Características xerais. Sistemática (Clases Cycadopsida, Ginkgopsida e Pinopsida). Representantes de interese. (1h)
PLANTAS CON SEMENTE PROTEXIDA. ANXIOSPERMAS I. Anxiospermas basais, Magnólidas e Lílidas (monocotiledóneas). Caracteres xerais, principais grupos e representantes de interese. (2h)
PLANTAS CON SEMENTE PROTEXIDA. ANXIOSPERMAS II: Rósidas e grupos afíns. Caracteres xerais, principais grupos e representantes de interese. Estudo detallado das familias Fabaceae, Rosaceae e Brassicaceae. (2h)
PLANTAS CON SEMENTE PROTEXIDA. ANXIOSPERMAS III: Astéridas e grupos afíns. Caracteres xerais, principais grupos e representantes de interese. Estudo detallado da familia Asteraceae. (2h)
ESTRUTURA, DIVERSIDADE E DINÁMICA DA VEXETACIÓN. Conceptos de flora e vexetación. Formacións e comunidades vexetais. Biomas: características e distribución. Centros de diversificación. Expansións indesexadas: plantas invasoras. (2h)
HORAS INTERACTIVAS (20 horas)
De forma complementaria se efectuarán una serie de actividades interactivas que engloban las prácticas y los seminarios. As practicas consistirán en 5 sesións de laboratorio e una de campo; nelas farase especial fincapé na aprendizaxe e observación no laboratorio dos principais caracteres utilizados no recoñecemento das principais familias de plantas; a partir destes recoñecementos procederáse a determinación de espécimes mediante a utilización de claves dicotómicas. Os contidos das prácticas previstas son os seguintes:
Prácticas de campo e laboratorio (14 horas)
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (10 horas presenciais, 10 non presenciais)
Práctica 1: Diagnose e tipoloxía dos atributos considerados na determinación: variabilidade morfolóxica de órganos. Manexo de clave e outros recursos para a identificación de plantas
Práctica 2: Plantas con flores rudimentarias. Estudo da familia Poaceae. Outras familias de plantas anemófilas (Fagaceae, Betulaceae, Salicaceae…)
Práctica 3: Plantas con pétalos libres: Estudo das familias de importancia agrícola Rosaceae, Brassicaceae e Fabaceae, e outras de interese (ex. Ranunculaceae, Caryophyllaceae…)
Práctica 4: Plantas con pétalos soldados: Estudo de familias de monocotiledóneas (ex. Liliaceae, Iridaceae, Amaryllidaceae...) e dicotiledóneas (ex. Lamiaceae, Ericaceae, Boraginaceae, Scrophulariaceae…) de importancia agrícola e/ou ornamental
Práctica 5: Plantas con flores en capítulos: Estudo da familia Asteraceae
PRÁCTICA DE CAMPO (4 horas presenciais, 1,5 no presenciais)
Práctica 6: Viaxe para a observación e caracterización in situ de diferentes xéneros, familias e formación vexetais nun territorio representativo ao longo dun gradiente xeográfico no interior de Galicia; esta viaxe incluirá o uso de aplicativos móbiles e outras ferramentas presentadas con anterioridade (4 horas).
Seminarios (4 horas) (4 horas presenciais, 6 non presenciais)
Os seminarios teñen por obxecto difundir e debater temas cotiáns relacionados coa Botánica, nos cales sexa conveniente afondar.
Estes seminarios Terán un dobre enfoque complementario. Por unha banda o profesor expoñerá certos contidos de interese relacionados co tema que se aborde no seminario. Por outra, os alumnos en pequenos grupos revisarán lecturas complementarias que serán facilitadas polo profesor. Con esta documentación artellarán un guion explicativo de referencia dos seus contido, os cales deberán expoñer. Tras a exposición, o profesor formulará as preguntas que estime convenientes.
Seminario 1. Plantas adventicias e invasoras.
Seminario 2. Flora e vexetación.
TITORÍAS (2 horas)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Textos xerais
DÍAZ GONZÁLEZ, T.E., FERNÁNDEZ-CARVAJAL ÁLVAREZ M.C. & FERNÁNDEZ PRIETO J.A. Curso de Botánica. Ed. Trea, 2004.
IZCO, J. et al., Botánica, 2ª ed. Ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2004.
NABORS, M.W. Introducción a la Botánica. Ed. Pearson, 2005
RIGUEIRO RODRÍGUEZ, A (coord.). Galicia. Naturaleza. Tomo XLII. Botánica II. Cap. 3-9, 2004.
RIGUEIRO RODRÍGUEZ, A (coord.). 2005. Galicia. Naturaleza. Tomo XLIII. Botánica III, 2005.
STRASBURGER, E. et al., Tratado de Botánica, 35ª ed., Ed. Omega, Barcelona, 2002.
Claves e guías de campo e laboratorio
AIRA, M.J; VÁZQUEZ, R. & IZCO, J. (eds.). Manual de prácticas de Botánica. Laboratorio y campo. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Universidade de Santiago de Compostela, 2014.
AIZPURU, C. et al., Flora del País Vasco y territorios limítrofes, Serv. Central de Publicaciones del Gobierno Vasco, Vitoria-Gasteiz, 1999.
CASTROVIEJO, S (coord. gen.). Flora Iberica 1-8, 10-15, 17-18, 21. Real Jardín Botánico, CSIC, Madrid, 1986-2012.
GARCIA, X.R. Guía das plantas de Galicia, Ed. Xerais. 2007 (2ª ed. 2023).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Textos complementarios
FONT QUER, P., Diccionario de Botánica, Ed. Labor, Barcelona, 1985.
HEYWOOD, V.H., Las plantas con flores, Ed. Reverté, Barcelona, 1985.
CHRISTENHUSZ, M.J.M, FAY M.F. & CHASE M.W. Plants of the World. An illustrated encyclopedia of vascular plants. Royal Botanical Gardens, Kew, 2017.
LÜTTGE, U. et al., Botánica, ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 1993
Recursos electrónicos
Clasificación APG IV e de outros grupos
http://www.mobot.org/MOBOT/research/APweb/ [Último acceso 2024/05/22]
http://www.plantgateway.com/poster/ [Último acceso 2024/05/22]
https://www.conifers.org/zz/gymnosperms.php (The Gymnosperm Database) [Último acceso 2024/05/22]
Información sobre flora a nivel mundial
https://powo.science.kew.org/ (Plants of the World) [Último acceso 2024/05/22]
http://www.theplantlist.org/ [Último acceso 2024/05/22]
https://www.delta-intkey.com/angio/index.htm (Base de datos DELTA – DEscription Language for TAxonomy) [Último acceso 2024/05/22]
Información sobre flora da Península Ibérica
http://www.anthos.es/ [Último acceso 2024/05/22]
https://flora-on.pt/ (Flora de Portugal) [Último acceso 2024/05/22]
https://www.gbif.org/es/dataset/91fecd78-0986-4713-9c36-77532846ee25 (Lista de taxa da flora vascular española) [Último acceso 2024/05/22]
https://www.asturnatura.com/naturaleza/flora/ [Último acceso 2024/05/22]
Información sobre Galicia (Seminarios e práctica de campo)
http://www.bosquesdegalicia.es/ (Vexetación forestal de Galicia) [Último acceso 2024/05/22]
https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direc… (Plantas invasoras) [Último acceso 2024/05/22]
https://biodiversidade.eu/ (Plataforma colaborativa) [Último acceso 2024/05/22)]
Os recursos electrónicos poderanse facilitar ao longo do curso, en función do tema tratado. Algúns dos recursos complementarios estarán dispoñibles en lingua inglesa.
Competencias
O alumno adquirirá unha serie de competencias xerais e específicas propias do grao. Dentro do cadro de competencias diseñado para a titulación se traballarán as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG1 – Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan un aprendizaxe continuo, así como unha capacidade de adaptación as novas situacións aos ambientes cambiantes.
CG5 - Capacidade para desenrolar actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do entorno humano e natural.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
Competencias específicas:
CR1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de identificación e caracterización de especies vexetais.
A docencia presencial expositiva desenrolarase segundo as seguintes metodoloxías:
• Leccións maxistrais participativas. Seminarios e conferencias (Competencias CG1, CT5, CT6)
• Utilización de encerados clásicos e dixitais. Utilización da aula virtual (Competencia CG1)
• Realización de presentacións mediante ordenador (Competencia CG5)
• Titorías individualizadas e colectivas (Competencia CT5)
• Avalación de competencias mediante exercicios de control (Competencias CG1, CT5, CT6)
A Aula Virtual será unha ferramenta a empregar como repositorio do material de clase, así como de certas actividades complementarias
A docencia presencial interactiva desenrolarase segundo as seguintes metodoloxías:
• Prácticas de laboratorio ou campo. (Competencias CG1, CR1)
• Utilización da aula virtual (Competencia CG1)
• Titorías individualizadas e colectivas (Competencia CT5)
• Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativo. Sesión/s de discusión activa (Competencias CG5, CT5, CT6, CT7, CT10)
O traballo non presencial (informes de prácticas, traballos de curso, etc.) desenrolarase segundo as seguintes metodoloxías:
• Traballo autónomo e estudio independente dos alumnos (Competencias CG5, CT5, CT6, CT7, CT10)
• Cumprimentación de actividades na Aula Virtual (Competencias CG5, CT5, CT10, CR1)
As titorías desenvolveranse tanto presencialmente como telematicamente se fose requirido.
Para aprobar a materia é preciso superar de maneira independente as probas de avaliación continua asociadas a cada unha das partes, é dicir, docencia expositiva (teoría) e docencia interactiva (prácticas e seminarios). Os sistemas de avaliación, o peso de cada un na cualificación final da materia (unha vez superadas cada unha das partes) e as competencias avaliadas se indican de seguido:
• Probas obxectivas, orais e/ou escritas dos contidos de teoría: 60%. Estes contidos serán avaliados por bloque temático (40% e 60% respectivamente). En todo caso, será necesario superar a parte teórica, xa sexa mediante avaliación continua ou proba final, para poder aprobar a materia (Competencia CG1)
• Aproveitamento do traballo realizado en prácticas e seminarios: 30%. Ademáis das sesións en aula/laboratorio, será necesario responder a un cuestionario con posterioridade a cada actividade (Competencias CT5, CT6, CT7 e CR1)
• Asistencia e participación satisfactoria nas actividades expositivas da aula e/o actividades voluntarias na Aula Virtual: 10% (Competencia CG1)
A realización satisfactoria das actividades de avaliación continua será suficiente para superar a materia. A realización do exame final será só necesaria para os estudantes que non tivesen completado con éxito estas actividades, tanto as expositivas coma as interactivas. Esta metodoloxía de avaliación será a mesma para a primeira e a segunda oportunidade.
Aqueles que non superaran a totalidade das probas obxectivas dos contidos de teoría mediante avaliación continua deberán examinarse das partes pendentes no exame final, sexa en primeira ou segunda oportunidade. Consistirá nunha proba escrita similar ás realizadas durante a avaliación continua.
De non ter realizado algunha das actividades interactivas nin ter entregados os seus informes deberán superar as mesmas nunha proba final, que incluirá unicamente aquelas non realizadas. No caso das actividades de laboratorio, tratarase dun exame práctico no laboratorio nas mesmas datas do exame final, na convocatoria de primeira ou segunda oportunidade, a continuación do teórico. O exame consistirá na descrición e determinación de especies vexetais relacionadas coas prácticas non superadas. En canto aos seminarios, constará de varias cuestións e/o entrega de actividades relacionadas cunha serie de lecturas que o profesor facilitará previamente.
Os alumnos repetidores que superasen as prácticas e os seminarios nos dous anos académicos anteriores conservarán esta condición, pero deberán superar a parte teórica, aínda que poden optar por realizar as actividades para obter unha cualificación maior. Máis alá de dous cursos, os alumnos terán que superar cada unha das partes. A relación de alumnos que conserven estas cualificacións será informada no inicio do curso.
A dispensa da asistencia, en casos xustificados, só poderá ser concedida para as actividades expositivas. Neste caso, a avaliación realizarase a partir do exame final, cunha porcentaxe do 65%. As actividades interactivas seguirán o mesmo proceso que para o resto dos alumnos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
Horas presenciais:
Horas expositivas (teoría): 18
Horas interactivas:
- prácticas: 14
- seminarios: 4
- titorías: 2
Horas exames: 2
Total presenciais: 40
Horas no presenciais:
Expositivas: 54 horas
Interactivas: 18,5 horas
Total no presenciais: 72,5
Total 40 + 72,5 = 112,5
Recoméndase levar ao día a materia e consultar a bibliografía recomendada, polo menos a básica, e los recursos informáticos propostos, especialmente os contidos da materia presentes na USC Virtual. O uso das horas de titorías para a resolución de dúbidas é aconsellable.
Lémbrase a obrigatoriedade das clases presenciais expositivas e interactivas (prácticas e seminarios).
Ignacio Garcia Gonzalez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ignacio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade