Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Enxeñaría Agronómica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dotar ao alumnado dos coñecementos sobre a importancia da calidade dos produtos agroalimentarios, dos procesos para conseguilos e de cómo garantir que os produtos que se entregan á industria de transformación son de calidade e que ésta sexa demostrable.
Máis concretamente preténdese dotar ao alumnado dos coñecementos necesarios para o asesoramento técnico ás explotacións de gando vacún de leite en todos os aspectos relacionados coa calidade do leite, os procedementos establecidos para a vixilancia e control da calidade do leite en todo o seu ciclo na explotación.
.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Condicionalidade. Medidas a implementar para o seu cumprimento. Composición do leite. Controis de calidade en leite. Libro branco da seguridade alimentaria. Introdución ao sistema APPCC. A ISO 22000 como unha ferramenta para asegurar a calidade. Guía para a aplicación da condicionalidade en explotacións de leite. Análise de guías para a calidade na produción de leite. Implantación dun sistema de calidade nunha explotación produtora de leite.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario (a duración asignada a cada actividade pode variar dependendo do desenvolvemento do contido):
1.-DOCENCIA EXPOSITIVA. (9 h)
1. A produción de leite en Galicia. (1 h)
2. A calidade físico-química e microbiolóxica do leite. (2 h)
3.Controis de calidade. Trazabilidade e seguridade alimentarias. (2h)
4. Boas prácticas en explotacións de leite. Sistema APPCC.
5. Esquemas de calidade. (2 h)
2.- DOCENCIA INTERACTIVA. (12 h)
- Seminarios: clases participativas coa finalidade de aplicar os coñecementos adquiridos, con posibilidade de realización de actividades dirixidas. (7 h)
- Visita técnica: saída de campo para comprobar a aplicación da xestión da calidade. (5 h)
Traballo non presencial (orientativo):
Lectura e preparación de temas (12 h).
Preparación de actividades prácticas e/ou dirixidas (24 h).
Preparación de actividades de avaliación (12 h).
Bibliografía básica
Legislación de referencia:
- DECRETO 57/2010, de 8 de abril, por el que se crea el Registro de Explotaciones Lecheras de Calidad Diferenciada.
- DECRETO 228/2011, do 24 de novembro, polo que se modifica o Decreto 57/2010, do 8 de abril, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada.
- REGLAMENTO (CE) Nº 852/2004 DEL PARLAMENTO EUROPEO Y DEL CONSEJO, de 29 de abril de 2004, relativo a la higiene de los productos alimenticios.
- REGLAMENTO (CE) Nº 853/2004 DEL PARLAMENTO EUROPEO Y DEL CONSEJO, de 29 de abril de 2004, por el que se establecen normas específicas de higiene de los alimentos de origen animal.
- REGLAMENTO (CE) Nº 854/2004 DEL PARLAMENTO EUROPEO Y DEL CONSEJO, de 29 de abril de 2004, por el que se establecen normas específicas para la organización de controles oficiales de los productos de origen animal destinados al consumo humano. (Sustituido por Reglamento (UE) 2017/625).
- REGLAMENTO (UE) Nº 37/2010 DE LA COMISIÓN, de 22 de diciembre de 2009, relativo a las sustancias farmacológicamente activas y su clasificación por lo que se refiere a los límites máximos de residuos en los productos alimenticios de origen animal.
- REAL DECRETO 1728/2007, de 21 de diciembre, por el que se establece la normativa básica de control que deben cumplir los operadores del sector lácteo y se modifica el Real Decreto 217/2004, de 6 de febrero, por el que se regulan la identificación y registro de los agentes, establecimientos y contenedores que intervienen en el sector lácteo, y el registro de los movimientos de la leche. (Sustituido por REAL DECRETO 989/2022, por el que se establecen normas básicas de los agentes del sector lácteo, movimientos de la leche y el control en el ámbito de la producción primaria y hasta la primera descarga).
- REAL DECRETO 1600/2011, de 4 de noviembre, por el que se modifica el Real Decreto 217/2004, de 6 de febrero, por el que se regulan la identificación y registro de los agentes, establecimientos y contenedores que intervienen en el sector lácteo, y el registro de los movimientos de la leche, y el Real Decreto 1728/2007, de 21 de diciembre, por el que se establece la normativa básica de control que deben cumplir los operadores del sector lácteo.
- DECRETO 120/2011, do 16 de xuño, polo que se establece a estrutura organizativa responsable do funcionamento do control leiteiro oficial.
Bibliografía complementaria
J.F. Miranda González, A. Chamorro Mera, S. Rubio Lacoba. 2014. Introducción a la gestión de la calidad. Delta Publicaciones, Las Rozas, Madrid.
L. Couto Lorenzo. 2008. Auditoría del sistema APPCC: Cómo verificar los sistemas de gestión de la calidad. Ed. Díaz de Santos, Madrid.
Bizmanualz. 2008. ISO 22000 Standard Procedures for a Food Safety Management System (The Professional's Ready-to-use Guide to Creating a Food Safety Management System for Any Organizaion in the Supply Chain). Ed. Bizmanualz, Inc.
Competencias
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG1 - Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio e a mellora e desenvolvemento sostible do medio rural.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CE12 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en nutrición, hixiene na produción animal
CE16 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en xestión da calidade e da seguridade alimentaria, análise de alimentos e trazabilidade
Metodoloxía da ensinanza
Está baseada nos seguintes compoñentes:
- Teoría: clases maxistrais e participativas de cara a explicar os principais conceptos da materia. As competencias traballadas son: CG1, CE12 e CE16.
- Seminario: clase participativa coa finalidade de aplicar os coñecementos adquiridos. As competencias traballadas son: CE12 e CE16.
- Visita técnica: saída de campo para comprobar a aplicación da xestión da calidade. As competencias traballadas son: CE12 e CE16.
- Actividades dirixidas: posibilidade de realizar traballos individuais ou colectivos dos alumnos, coa intención de resolver casos prácticos ou ben desenvolver estudos teóricos dun tema específico. Carácter voluntario. As competencias traballadas son: CG1, CT12, CE12 e CE16.
- Titorías en grupo reducido: nestas titorías resolvéranse cuestións que poidan surxir na realización das actividades dirixidas e calquera outra que poida surxir no desenvolvemento dos contidos. As competencias traballadas son: CT12, CE12 e CE16.
O sistema de avaliación ten como base a realización dunha proba escrita nas datas oficiais establecidas pola EPSE, con contidos prácticos e teóricos, ao finalizar a materia (70%). Competencias avaliadas: CG1, CT12, CE12, CE16.
Compleméntase coas cualificacións derivadas do aproveitamento das prácticas (30%). Competencias avaliadas: CG1, CT12, CE12, CE16.
O sistema de avaliación na 2ª oportunidade de avaliación, repetidores, e alumnos con dispensa será o mesmo que para a convocatoria ordinaria.
Para os casos de realización fraudulenta e plaxio de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial do alumnado:
Clases expositivas: 9 h
Actividades interactivas (prácticas):12 h
Titorías en grupo reducido: 3 h
Actividades de avaliación: 3 h
Traballo non presencial do alumnado:
Lectura e preparación de temas: 12 h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 6 h
Realización de exercicios e actividades dirixidas (en grupo ou individuais): 18 h
Preparación de probas de avaliación: 12 h
Total de horas de traballo: 75 h
- Asistir a todas as actividades da materia tanto teóricas coma prácticas.
- Empregar os horarios de titorías individuais para aclarar dúbidas sobre os contidos desenvolvidos nas clases.
- Dedicar o tempo semanal previsto para cada compoñente de forma organizada e sistemática.
- Consultar a bibliografía base a medida que se van desenvolvendo os temas e facer uso da bibliografía complementaria para ampliar coñecementos nos temas abordados nas actividades dirixidas.
- Participar activamente no desenvolvemento de todas as actividades docentes.