Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Segundo a Memoria de Título: Saber calcular e proxectar edificios agroindustriais con madeira. Competencias específicas: Coñecemento adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na enxeñaría da madeira estrutural.
A materia esta orientada a proporcionar ao alumnado a formación necasaria para deseñar, calcular, planificar e dirixir as infraestruturas e construccións mais habituais no ámbito da súa competencia. Isto implica o estudo dos elementos construtivos na edificación en madeira, a adquisición de coñecementos que permitan o dimensionamento e o cálculo de estruturas de madeira na edificación.
Edificacions agroindustriais con madeira: tipoloxías estructurais e materiais empregados. Deseño. Cálculo de estruturas de madeira co código técnico da edificación. Bases de cálculo. Estados límite último e estados límite de servizo. Cálculo de unións e aparellos de apoio. Exercicios de dimensionamento de estruturas de madeira con programas informáticos.
Estes contidos desenvólvense no seguiente programa.
Programa de teoría
- Tema 1: Bases de cálculo (1h expositiva)
Introdución. Normativa. Materiais. Clasificación visual da Madeira Estructural. Clases resistentes.
- Tema 2: Estados Límites Últimos e de Servizo. (3h expositiva)
Comprobación de sección en dirección paralela e perpendicular. Análise de Pandeo. Análise de inestabilidade por volteo lateral. Determinación de flechas.
- Tema 3: Comprobacións Singulares (2h expositiva)
Análise de trabes a duas augas. Arcos e pasarelas.
- Tema 4: Comprobacion a Lume (1h expositiva)
Dimensionamento a lume
- Tema 5: Introducción ao Cálculo de Unións (2h expositiva)
Tipoloxias e execución de unións en estruturas de madeira
Programa de actividades interactivas
• Laboratorio 1 (3 horas): Caracterización mecánica da madera
• Laboratorio 2 (3 horas): Introducción ao programa Trabe
• Laboratorio 3 (3 horas): Resolución práctica de forxado de madeira.
• Laboratorio 4 (3 horas): Resolución práctica de Cubierta de madeira
• Tutoría 1: ( 3 horas ) Análise de Estrutura de Madeira
a) Bibliografía básica:
. ARRIAGA MARTITEGUI, F.; ARGÜELLES ÁLVAREZ, R. 2003. Estructuras de madera. Diseño y cálculo. AITIM. Madrid.
Trátase do libro base para a formación en estruturas de madeira. Abranque de maneira global os aspectos bases para a realización de proxectos de madeira.
. Código Técnico de la Edificación. I) SE. II) SE-AE. Acciones en la edificación. III) SE-M. Estructuras de madera. IV) SI. Seguridad en caso de Incendio. 2010. Ministerio de Fomento. Madrid.
. Eurocódigo 5. 2006. Proyecto de estructuras de madera. Parte 1-1. Reglas generales y reglas para la edificación. Parte 1-2. Proyecto en situación de incendio. AENOR. Madrid.
· FAHERTY, K.F.; WILLIAMSON, T.G. 1995. Wood engieneering and construction handbook. McGraw-Hill. Nueva York.
b) Bibliografía complementaria:
. DUPRAZ, P.A.; MOOSER, M.; PFLUG, D. 2009. Dimensionnement des structures en bois. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.
. FERNÁNDEZ-GOLFÍN SECO, J.I.; DÍEZ BARRA, M.R.; HERMOSO PRIETO, E.; MIER PÉREZ, R. 2003. Manual de clasificación de madera. AITIM. Madrid.
. HERZOG, T.; NATTERER, J.; SCHWEITZER, R.; VOLZ, M: WINTER, W. 2005. Construire en bois. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.
· METTEM, C.J.; RICHENS, A.D. 1991. Hardwoods in construction. Timber Research & Developmet Association. High Wycombe.
Xerais:
CG2 - Capacidade para deseñar, proxectar e executar obras de infraestrutura, dos edificios, das instalacións e os equipos necesarios para o desenvolvemento eficiente das actividades produtivas realizadas na empresa agroalimentaria.
Específicas:
Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na enxeñaría da madeira estrutural.
A CLASE TEÓRICA
Nas clases teóricas emplearase o método expositivo, de maneira que o alumno/a reciba una base teórica imprescindible para a aplicación dos métodos dialéctico e heurístico, que precisan dunhos coñecementos mínimos.
En calquera caso, o uso deste método didáctico non se fará de forma ríxida, intercalándose preguntas para fomentar o argumento e estimar o nivel de comprensión da exposición.
A clase teórica debe servir ao alumnado como unha introducción ao aprendizaxe dunha cuestión concreta e non, como un substituto do seu traballo persoal, que cumpre lograr por outros medios.
Traballaranse as competencias CG2 e as específicas consideradas na materia.
OS SEMINARIOS E AS PRÁCTICAS. TRABALLO EN GRUPO
Realizaranse seminarios destinados á resolución de casos prácticos así como ao coñecemento e aplicación da distinta normativa legal existente, tendo sempre en conta as limitacións derivadas do tamaño do grupo.
Contemplarase tamén a realización de prácticas nas que se aplicarán os coñecementos adquiridos na resolución de estruturas reais. Para a realización das mesmas, utilizaranse os equipos instalados na nave de construcción e as ferramentas informáticas das aulas específicas.
Para as horas presenciais non definidas como teóricas proponse unha metodoloxía de aprendizaxe baseada no traballo en grupo. Tanto os seminarios, como as clases de problemas e las clases prácticas baséanse na aplicación do método dialéctico, método plenamente participativo que leva ao alumnado a razoar e a formular cuestións, estimulando a actitude crítica e demostrando a necesidade de dudar e cuestionarse..
Traballaranse as competencias CG2 e as específicas consideradas na materia.
O TRABALLO PERSOAL
Trátase de orientar o esforzo persoal cara un modelo no que será o propio alumnado quen descubra relacións entre feitos, construíndo interpretacións idóneas destes. Neste senso contémplase a posibilidade do encargo e realización de traballos tanto en teoría como en prácticas, que serán evaluados.
Asimesmo fomentarase o traballo ao longo de todo o curso, promovendo o traballo persoal para o estudo continuado dos aspectos teóricos na materia e para a realización de casos prácticos derivados das clases de problemas.
Traballaranse as competencias CG2 e as específicas consideradas na materia.
TITORÍAS
A maiores de posibilitar un contacto directo profesorado-alumnado, permiten a orientación sobre calquera tipo de problema relacionado co desenvolvemento da materia ou da formación universitaria en xeral. Permiten a orientación individual co fin de alcanzar unha maior eficacia no traballo persoal do alumnado. Tamén se prevén titorías en grupo, aínda que estas se deseñan especificamente para cando o problema que formulan abrangue o conxunto do alumnado.
Traballaranse as competencias que o alumno demande en cada caso particular.
Utilizarase o campus virtual e, en xeral, as novas tecnoloxías (correo electrónico, etc.) como apoio á titoría tradicional, aproveitando a infraestrutura do centro e as dispoñibilidades do alumnado neste terreo.
O sistema inclúe unha avaliación continua (realización de exercicios) combinada cunha proba final (complementaria á avaliación continua), tal e como se describe a continuación:
· Exame de contidos teórico-prácticos (70%) debendo acadar un mínimo de 5 puntos sobre un total de 10 para superalo: competencias avaliadas CG2 y específicas.
· Realización de exercicios (20%): competencias avaliadas CG2 e específicas.
A cualificación final será a suma das valoracións obtidas en cada un dos apartados anteriores e para aprobar a materia hai que obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en dita suma.
Observacións
Estes criterios manteranse tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación.
Este sistema de avaliación tamén será o que empregue para avaliar ao alumnado de segunda matrícula e posteriores e ao alumnado que teña recoñecida unha dispensa de asistencia a clase nas condicións indicadas na Orde 1/2017 da Secretaría Xeral da USC.
Tamén para todo o alumnado, as cualificación obtidas en calquera dos apartados so sistema de avaliación terán validez en todas as convocatorias do curso académico na que se acaden, e non terán validez en cursos posteriores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo total do/da estudante: 75 horas, do cal 24 horas corresponden a actividades presenciais e 51 horas corresponden a traballo persoal.
Actividades presenciais:
· Docencia expositiva 9h
· Docencia interactiva de laboratorio 12h
· Titorías 3h
Traballo persoal:
· Actividades de avaliación 4h
· Lectura e preparación de temas 15h
· Realización de exercicios 20h
· Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas 12h
Asistencia a clase, con participación activa no seu desenvolvemento; para isto, é recomendable a lectura ou preparación anticipada dos seus contidos. Seguimento diario dos contidos para fixar coñecementos. Asistencia a prácticas. Manexo da bibliografía recomendada. Aproveitamento das titorías establecidas.
Manuel Guaita Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- m.guaita [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
Martes | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
20.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |
18.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |