Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 18 Total: 36
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O estudo e coñecemento da materia de “Solos e medioambiente” é básico no currículo do/a Enxeñeiro/a Ambiental porque permite que o alumnado adquira as competencias necesarias para comprender o papel que ten o solo na calidade ambiental e interpretar a información de solos necesaria para a xestión deste recurso, nun contexto de transformacións antrópicas.
En concreto preténdese que o alumnado comprenda: i) a importancia do solo no medio ambiente e os servizos esenciais que presta, ii) os fundamentos da formación do solo e as propiedades emerxentes, iii) a metodoloxía de interpretación e clasificación de solos e a súa aplicación a áreas específicas, iv) cómo identificar e diagnosticar situacións de xestión do solo non sostibles e elaborar unha guía de boas prácticas, v) cómo realizar unha planificación óptima para usos alternativos do solo.
Contidos
Os contidos que se desenvolven no curso son os contemplados no descritor da materia recollido no plan de estudos do Mestrado en Enxeñería Ambiental:
- A importancia ambiental do solo. Funcións e servizos ecosistémicos. Ameazas
- Compoñentes, organización e propiedades do solo.
- A formación do solo: factores e procesos
- Sistemas de clasificación de solos. World Reference Base e Soil Taxonomy.
- Xeografía de solos. Os solos do mundo
- Avaliación, protección e conservación do solo.
- Os solos na planificación ambiental. Usos do solo e sustentabilidade
Estes contidos desenvolveranse ao longo dos seguintes temas:
I. A NATUREZA DO SOLO (2h)
1. Concepto de solo. O solo como sistema. A importancia ambiental do solo. Funcións produtivas e servizos ecosistémicos do solo. Ameazas
2. A organización do solo. Da edafosfera á microestrutura. Pedión, perfil e horizontes. Nomenclatura dos horizontes do solo.
II. COMPOÑENTES E PROPIEDADES DO SOLO (10h).
II.1. Compoñentes do solo
1. A fracción mineral: orixe, composición, propiedades. Compoñentes cristalinos e non cristalinos da fracción mineral fina. Métodos de estudio.
2. A fracción orgánica: orixe, composición, propiedades. Transformacións da materia orgánica, mineralización e humificación. Procesos de estabilización da materia orgánica no solo. Funcións da materia orgánica do solo. Complexos órgano-minerais. Métodos de estudio.
3. As fases fluídas. A auga do solo. A atmosfera do solo.
4. A biota do solo. Solo e biodiversidade
II.2. Propiedades do solo
1. Propiedades físicas. Cor. Textura. Estrutura. Densidade real e aparente. Porosidade. Permeabilidade. Temperatura.
2. Propiedades físico-químicas. Fundamentos da reactividade do solo. Reaccións de disolución-precipitación. Interaccións superficiais: cambio iónico e retención de ións. Reaccións ácido-base: pH e acidez do solo. Acidez natural e inducida. Capacidade de amortecemento do solo. Procesos de oxidación-redución. Concepto de Eh. Diagramas Eh-pH.
III. A FORMACIÓN DO SOLO: FACTORES E PROCESOS (4h)
1. Factores de formación. Influencia dos factores ambientais sobre la formación e características do solo: material de partida, clima, relevo, organismos e tempo. A influencia humana.
2. Procesos de edafoxénese. Tipos de procesos de edafoxénese. Horizonación e edafoturbación. Maduración. Meteorización e evolución da materia orgánica. Procesos en medios con hidromorfía: condicións redutoras e alternancia de condicións redox. Transferencias en disolución. Transferencias en suspensión: arxiluviación, podzolización. Metaedafoxénese.
IV. SISTEMAS DE CASIFICACIÓN DE SOLOS (6h)
1. A clasificación de solos. Principios e problemática. Tipos de clasificacións de solo. As Clasificacións modernas.
2. A Base Referencial Mundial do Recurso Solo (WRB) (FAO, IUSS, ISRIC). Estrutura e regras de uso. Horizontes, propiedades e materiais de diagnóstico. Grupos de solos de referencia e unidades de segundo nivel.
3. A Taxonomía de Solos (ST) (USDA). Estrutura, nomenclatura e regras de uso. Criterios de diagnóstico. As Ordes de solos. Equivalencias entre ST e WRB
V. XEOGRAFÍA DE SOLOS. OS SOLOS DO MUNDO (4h)
1. Grupos de solos de referencia da Base Referencial Mundial do Recurso Solo. Descrición, distribución, manexo e uso. Solos orgánicos. Solos con forte influencia humana. Solos con escaso grao de desenvolvemento. Solos con forte influencia do material de partida. Solos formados en condicións de hidromorfía. Solos de climas fríos. Solos de estepa. Solos de climas mediterráneos a áridos. Solos de climas húmidos - fríos a temperados –. Solos moi evolucionados de climas tropicais e subtropicais.
2- Solos ‘problema’. Vertisols, Solos orgánicos, Solos sulfato ácidos, Planosols e Stagnosols, Solos salinos e Solos sódicos.
VI. SOLOS E MEDIO AMBIENTE (6h)
1. Cartografía de solos e avaliación de solos. Tipos de mapas de solos. Avaliación de solos. Parámetros intrínsecos e extrínsecos para a avaliación. Tipos de sistemas de avaliación de solos: metodoloxías e obxectivos.
2. Os solos e o medioambiente. O solo como regulador dos ciclos bioxeoquímicos superficiais. Auga. Carbono. O solo como sumidoiro / fonte de gases de efecto invernadoiro. Fósforo. Nitróxeno. O solo e a nutrición das plantas.
3. Protección e conservación de solos. Solos e problemas ambientais: Erosión, Acidificación, Salinización e sodificación, Contaminación. A Estratexia Europea de Protección do Solo.
Bibliografía básica
• DRIESSEN PM, DECKERS, JA. SPAARGAREN, OC AND NACHTERGAELE FO (Eds.). 2001. Lecture Notes on the Major Soils of the World. World Soil Resources Reports 94. Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome.
Sinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en: http://www.isric.org/Isric/Webdocs/Docs/Major_Soils_of_the_World/start… ftp://ftp.fao.org/agl/agll/docs/wsrr94e.pdf
• IUSS Grupo de traballo WRB. 2014. Base Referencial Mundial del Recurso Suelo. Un marco conceptual para la clasificación, correlación y comunicación internacional. Actualización 2015. Informes sobre Recursos Mundiales de Suelos 106. FAO, Roma. ISBN: 978- 92- 5 -308369- 5. Sinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en:http://www.fao.org/docrep/011/a0510s/a0510s00.HTM
• PORTA, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M., POCH, R.M. 2008. Introducción a la Edafología. Uso y protección del suelo. Mundi-Prensa. Sinatura ETSE: Non dispoñible. ATS82, ATS13, ATS82A (Biología), TS449, ATS13A (Farmacia)
• ELLIS, S. & MELLOR, A. 1995. Soils and Environment. Routledge. Sinatura Bioloxía TS230
Bibliografía complementaria
• EUROPEAN SOIL BUREAU NEWORK. 2005. Soil Atlas of Europe. European Comission, Office for Official Publications of the European Communities, Louxemburg. Sinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en: http://eusoils.jrc.ec.europa.eu/projects/soil_atlas/Download.cfm
• FAO. 2009. Guía para la descripción de suelos. 4ª edición. FAO, Roma, 2009. ISBN: Non tenSinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en:http://www.fao.org/publications/card/en/c/0f070cdd-1b6d-53fa-add1-5c972…
• MACÍAS, F. & CALVO, R. 2001. Atlas de Galicia. Suelos. Consellería de Presidencia, Xunta de Galicia.
• Porta Casanellas, J. López Acevedo, M. Agenda de campo de suelos: información de suelos para la agricultura y el medio ambiente. Mundi Prensa, 2005. ISBN: 84- 8476- 231- 9. Sinatura ETSE: A230 5, 5A, 5B
• Soil Survey Staff. Claves para la Taxonomía de Solos. 12ª edición. USDA-NCRS, 2014. ISBN: Non ten.Sinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en: https://www.nrcs.usda.gov/Internet/FSE_DOCUMENTS/nrcs142p2_051546.pdf
• WILD, A. 1995. Soils and the Environment. Cambridge UP. Sinatura Bioloxía TS22.
Páxinas web de interese
• FAO: http://www.fao.org
• ISRIC (Centro Internacional de Referencia e Información en Suelos), Wageningen, Holanda: http://www.isric.nl
• Sociedad Española de la Ciencia del Suelo: http://www.secs.com.es/
• Soil Science Society of America: http://www.soils.org/
• United Nations Environment Programme: http://web.unep.org/, https://www.unenvironment.org/
• Dpto. Edafología y Química Agrícola, Univ. Granada: http://edafologia.ugr.es/index.htm
Nesta materia o alumnado adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables nun científico ambiental con coñecementos do solo aplicados á resolución de problemas ambientais. De acordo co cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
BÁSICAS E XENERAIS:
CB 6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB 7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB 8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB 9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB 10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG 1. Identificar e enunciar problemas ambientais.
CG 3. Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de estudo.
CG 4. Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudo, experiencia, e práctica, con razoamento crítico para establecer solucións viables economicamente a problemas técnicos.
TRANSVERSAIS:
CT 1. Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar.
CT 4. Demostrar razoamento crítico e autocrítico, capacidade analítica e de síntese.
CT 6. Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional no marco de compromiso co desenvolvemento sostible.
ESPECÍFICAS:
CE 3. Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do ámbito temático da Enxeñería Ambiental, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cunha alta compoñente de transferencia do coñecemento.
CE 8. Abordar un problema real de Enxeñería Ambiental baixo unha perspectiva científico‐técnica, recoñecendo a importancia da procura e xestión da información existente e da lexislación aplicable.
CE 9. Posuír as habilidades da aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias propias da Enxeñería Ambiental que permitan o desenvolvemento continuo da profesión.
CE 10. Ser capaz de aplicar ferramentas de xestión ambiental (Estudos de impacto ambiental, Análise de ciclo de vida, Ecoloxía industrial, Tecnoloxías limpas, Normas ISO, EMAS) á hora de realizar informes ou proxectos.
Campus Virtual
Usarase a Aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle, como ferramenta de comunicación co alumnado, ofrecéndolle información da programación docente ao longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia, fomentando o estudo autónomo do estudante e o manexo de fontes bibliográficas en inglés. Así mesmo, a entrega de tarefas realizadas polo alumnado, realizarase empregando a plataforma Moodle.
Al inicio do curso facilitarase aos estudantes o seguinte material no campus virtual da materia:
• GUÍA DOCENTE: a guía docente aprobada para a materia.
• PLANIFICACIÓN DETALLADA: guía coa planificación de actividades.
• PRESENTACIONES: as presentacións usadas polo profesorado nas clases expositivas.
• CASOS PRÁCTICOS: material para a interpretación e a clasificación de solos que se discutirán nos seminarios.
• MATERIAL COMPLEMENTARIO: vídeos, textos, artigos científicos, enlaces a páxinas web con contidos de interese, boletíns de cuestións etc.
Docencia presencial (32 h)
• Clases expositivas e interactivas: As clases realizaranse combinando tanto a clase maxistral (exposición e discusión de temas) como en forma de seminarios (realización de exercicios) onde o profesor tratará de facer fincapé nos aspectos máis destacados do programa. É importante que o alumnado vaia traballando o material posto á súa disposición para promover a interacción profesor-alumno. A asimilación de contidos por parte dos estudantes verificarase mediante a realización de cuestionarios que serán entregados a través da Aula Virtual (as respostas aos cuestionarios serán unha parte da avaliación continua).
• Práctica de campo: de ser posible, realizarase unha práctica de campo orientada á interpretación dos factores de formación, a morfoloxía, as propiedades e os procesos de edafoxénese de diferentes tipos de solos de Galicia.
• Titoría Grupal: (4h) Realizarase unha titoría grupal orientada á resolución de problemas e dubidas dos estudantes.
• Titorías individualizadas: realizaranse de forma presencial no despacho do profesorado e/ou mediante a plataforma MS Teams.
Avaliación continua (EC)
O Mestrado en Enxeñería Ambiental establece que a mínima ponderación da EC é dun 50%, correspondendo o 50% restante a unha proba final. Nesta materia usarase esta ponderación para a EC (50%).
A cualificación será a media ponderada do rendemento nas partes nas que se avalía o mesmo: cuestionarios de avaliación continua, traballo en equipo e exame.
Actividades da Avaliación Continua
A Avaliación Continua comprende o seguimento das seguintes actividades:
• Cuestionarios de seguimento: Cuestionarios cortos a realizar ao longo do curso de forma individual. Ponderación: 25%. Modalidade presencial/telemática.
• Traballo en equipo: o alumnado terá que realizar un traballo en equipo orientado á aplicación dos coñecementos adquiridos ao longo do curso. Consistirá na interpretación, avaliación e clasificación de solos. Ponderación: 25%. Modalidade telemática
Exame final (presencial). Ponderación 50%. Para a superación da materia, o alumnado deberá obter una nota mínima de 4 (sobre 10) no exame final.
Todas as actividades ligadas á avaliación son obrigatorias para aprobar a materia.
A consideración de “non presentado” terase se non se asiste a ningunha actividade avaliadora. Se non se acada a nota mínima no exame final, a nota final será a do exame.
Aos que teñan que acudir á segunda oportunidade se lles conservarán as cualificacións obtidas na avaliación continua. En caso de non ter realizado o traballo en equipo, o exame incluirá un apartado práctico.
Avaliación de competencias
Clases expositivas: CB6, CG1, CG3, CT6, CE3, CE8, CE9, CE10
Clases interactivas (debate e resolución de problemas): CB6, CB7, CB8, CG1, CG3, CG4, CT1, CT4, CT6, CE3, CE8, CE10
Titoría grupal e Traballo en grupo: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG1, CG4, CT1, CT4, CT6, CE3, CE8, CE8, CE10
Cuestionarios e exames:CB9, CB10, CG4, CT4, CE3, CE8, CE8, CE10
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na ‘Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións’.
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 4,5 ECTS que se reparten da forma que se amosa na táboa.
Actividade Formativa Horas Totais Presencialidade
Clases expositivas (maxistrais) 14 100%
Clases interactivas (seminarios) 18 100%
Titoría de grupo 4 100%
Traballo autónomo estudante 74,5 0%
Examen 2 100%
Total 112,5
É recomendable que os estudantes que se matriculen na materia teñan coñecementos básicos en Química xeral, Bioloxía, Xeoloxía e/ou Bioxeoquímica, que resultan moi útiles para lograr superar a mesma.
Asistencia e participación activa en todas as actividades docentes.
Para fomentar a participación nas clases, recoméndase realizar as actividades requiridas ao longo do curso e, especialmente, traballar cos materiais subministrados a través do Campus Virtual, antes das clases expositivas e interactivas.
Uso da bibliografía recomendada, non só de libros de texto, senón tamén de artigos de investigación e de divulgación científica.
Distribuír o traballo persoal (estudo, realización de traballos, lecturas recomendadas, etc.) ao longo do curso.
Uso das horas de titorías para resolver calquera dúbida que xurda durante o estudio da materia, ao longo do curso.
Recomendacións para la docencia telemática (si é necesaria)
• De acordo coas normas da avaliación telemática, é preciso dispoñer de micrófono e cámara para a realización de probas telemáticas. Por outra parte estes dispositivos melloran a interacción co profesorado.
• Mellorar as competencias no uso dos recursos telemáticos e dixitais dispoñibles na USC.
Canles de comunicación co alumnado
• MS Teams: durante as actividades presenciais, conversas individuais para titorías personalizadas.
• Aula Virtual da materia
Idioma: galego / castelán
Maria Del Carmen Monterroso Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813288
- Correo electrónico
- carmela.monterroso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
14.11.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
14.11.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |