Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 18 Total: 36
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Enxeñaría Química
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia, obrigatoria do módulo 2, busca establecer as bases e achegar os coñecementos fundamentais relativos aos sistemas de xestión ambiental, cunha perspectiva de percorrido completo (é dicir, implantación, mantemento e certificación) e no contexto normativo no que estes se desenvolven, cubrindo tanto o ámbito voluntario (estándares) como o ámbito de obrigado cumprimento (avaliación de impacto ambiental).
Os contidos desenvolvidos nesta materia son os contemplados de forma sucinta nos descriptores da memoria da devandita titulación:
• Normas ISO, EN e UNE.
• Comités e tipos de documentos. Desenvolvemento e aplicación de estándares.
• Auditorías ambientais: ISO 14000 e EMAS.
• Avaliación de Impacto ambiental (AIA)
• Medidas preventivas e correctoras de impactos
• Plans de vixilancia ambiental
O que permite estruturar a materia en dous bloques temáticos:
Bloque I. Sistemas de Xestión e Estándares Ambientais
Profesora responsable: Almudena Hospido Quintana
Bloque II. Avaliación de Impacto Ambiental
Profesor responsable: Xosé Luís Otero Pérez
Que se desenvolven en temas tal e como se detalla a continuación.
BLOQUE I. SISTEMAS DE XESTIÓN e ESTÁNDARES AMBIENTAIS (5 HE + 6 HI + 1 TG)
Tema 0. Enlazando co módulo anterior (1 HI)
Componentes de desenvolvemento sostible. Concepto de xestión e xestión ambiental
Tema 1. Os estándares na xestión ambiental (2 HE + 1 HI)
Normas ISO, EN e UNE. Outros estándares no ámbito da xestión ambiental
O ciclo da mellora continua
Sistemas de xestión: ISO 14001 & EMAS
Tema 2. Comités e tipos de documentos. (1 HE + 1 HI)
Estruturas dos comités de estandarización
Principais tipos de documentos e o seu alcance
Tema 3. Desenvolvemento e aplicación de estándares. (1 HE + 1 HI)
Liña de vida duns estándar
Casos de estudo
Tema 4. Auditorías ambientais. (2 HI +1TG)
Implantación, mantemento e verificación
Auditoría interna e auditoría externa
Etapas dunha auditoría
BLOQUE II. AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL (9 HE + 12 HI + 3 TG)
Tema 5. Conceptos xerais. Lexislación da Avaliación de Impacto (1 HE + 1 HI)
Definición e valoración do impacto
Marco lexislativo da AIA
Normativa Europea.
Lexislación básica do Estado
Aplicación e Lexislación das Comunidades Autónomas.
Tema 6. Contido e procedemento do Estudo e Proceso de Avaliación (1 HEI)
Os estudos de AIA
Contido e estrutura dos AIAs.
Proceso administrativo de avaliación e declaración administrativa de impacto ambiental
Tema 7. Alcance do Inventario Ambiental (3 HE + 3 HI)
O Medio Físico: clima, xeoloxía, edafoloxía, xeomorfoloxía, hidrología.
O Medio biótico: Estudo da vexetación. Estudo da fauna. Status de conservación.
A paisaxe. Estrutura e estética. Calidade intrínseca. Fraxilidade, ópticas visuais.
Tema 8. Métodos de Avaliación do Impacto Ambiental (3HE+7 HI+2TG)
Sistemas de identificación. Panel de expertos e Método Delphi.
Métodos de avaliación de impacto Ambiental. Magnitude e importancia.
Métodos cualitativos e cuantitativos.
Tema 9. Medidas Preventivas e Correctoras. Plans de Seguimento (1HE+1 HI+1TG)
Corrección de impactos
Medidas para a recuperación ambiental.
Programa de seguimento e vixilancia ambiental
Libros básicos
•CLAVER CORTÉS, E. et al. (2011): Gestión de la calidad y gestión medioambiental: fundamentos, herramientas, normas ISO y relaciones. 3ª ed. Pirámide, 2011. Biblioteca ETSE A244 18 C; A244 18 D
•ABRIL SÁNCHEZ, C. et al. (2010): Guía para la integración de sistemas de gestión: calidad, medio ambiente y seguridad y salud en el trabajo FC Editorial y Laborprex auditores. Biblioteca Fac. Ciencias Económicas EMX 2841
•Garmendia, A., Salvador, A., Crespo, C., Garmendia, L.” Evaluación de Impacto Ambiental”. Ed Pearson Prentice Hall (2005). pedido en formato on-line
•Conesa, Vicente (2010). Guía metodológica para el Evaluación de Impacto ambiental. Mundi Prensa.
Biblioteca ETSE A242 30.
Libros complementarios
•Vidal López, R. Evaluación del impacto ambiental. Disponible en formato on-line vía PreLo (Biblioteca USC)
•Gómez Orea, D, Gómez Villarino, M.T. “Evaluación del impacto Ambiental”. Ed. Mundi Prensa, Madrid (2013). Biblioteca da ETSE A242 40 & Biblioteca intercentros Lugo EMA 471 e 833
•Fundación Cofemetal (2010). Evaluación de impacto ambiental. Biblioteca da ETSE A242 33
•MOPT. “Guías Metodológicas para la elaboración de estudios de impacto ambiental”. Monografías de la Dirección general de Medio Ambiente. Ed, Agrupen. Madrid (1989)
•MOPT. “Guía para la elaboración de Estudios del medio Físico”. Secretaria de Estado para las políticas del Agua y el Medio Ambiente. Centro de Publicaciones del Ministerio de Obras Públicas (1993)
•Wood, C., “Environmental Impact Assessment. A Comparative Review”. Longeman Group Limited New York (1995).
Bases de datos
AENORmás: Acceso al texto completo de todas las normas UNE, vigentes y anuladas, elaboradas y adoptadas por AENOR a través de A-Z de recursos: Base de datos (usc.gal)
BASICAS e XERAIS:
CB 6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB 7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB 8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB 9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB 10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
CG 1. Identificar e enunciar problemas ambientais.
CG 2. Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de metodoloxías de traballo innovadoras adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
CG 3. Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de estudo.
TRASVERSAIS:
CT 1. Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar.
CT 2. Liderar e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais.
CT 3. Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
CT 4. Demostrar razoamento crítico e autocrítico, capacidade analítica e de síntese.
CT 5. Elaborar, escribir e defender publicamente informes e proxectos de carácter científico e técnico.
CT 6. Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética
profesional no marco de compromiso co desenvolvemento sostible.
ESPECÍFICA:
CE 1. Saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa do campo de estudo da Enxeñería Ambiental para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso.
CE 8. Abordar un problema real de Enxeñería Ambiental baixo unha perspectiva científico‐técnica, recoñecendo a importancia da procura e xestión da información existente e da lexislación aplicable.
CE 10. Ser capaz de aplicar ferramentas de xestión ambiental (Estudos de impacto ambiental, Análise de ciclo de vida, Ecoloxía industrial, Tecnoloxías limpas, Normas ISO, EMAS) á hora de realizar informes ou proxectos.
A impartición da materia alterna clases maxistrais participativas (MD1), onde se poderá facer uso de materiais audiovisuais (presentacións, vídeos, etc.) (MD10), con seminarios e conferencias (MD2). No caso de contar con orzamento para iso, exponse a posibilidade de realizar unha visita técnica (MD5). En calquera caso, o estudo e discusión de casos prácticos en seminarios (MD12) permitirá achegar a realidade empresarial á aula dunha maneira práctica, actividades ás que se dedicará especial atención nas titorías colectivas (MD8). Se a situación sanitaria esíxeo, farase uso de docencia telemática (MD13) e en todos os casos farase uso do soporte docente en liña (campus virtual) así como de software especializado, bases de datos e recursos web en elementos concretos da materia (MD15).
Titorías en grupo reducidos (4 horas): A primeira titoría grupal dedicarase á análise grupal dun informe de auditoría, mentres que as tres restantes dedicaranse á realización de matrices de AIA.
Titorías individualizadas: Dirixidas a resolver dúbidas concretas por parte do alumnado relativas á materia e poderán realizar tanto presencialmente como a través da plataforma MS Teams.
A cualificación do alumnado é unha media ponderada do rendemento obtidos no seguintes cinco apartados:
I.Exame final (40% da cualificación).
II.Traballos/actividades (40% da cualificación), incluíndo traballo en parellas vencellado ao tema 1 (10%), exercicio invidual vencellado ao tema 3 (10%), boletíns vencellados aos temas do bloque II (20%).
III. Informe da visita técnica (10%)
IV.Participación activa (5%), a través de evidencias do seguimento diario da materia e das discusións que teñen lugar na aula, da realización de comentarios pertinentes sobre o tratado, e dunha motivación e actitude positiva na clase.
V.Titorías (5%)
Son consideradas actividades obrigatorias o exame, os boletíns e a asistencia á visita técnica. O alumnado que non realizase algunha destas actividades terá a consideración de NON PRESENTADO.
Antes da realización do exame final, o alumnado coñecerá a nota obtida nos apartados II-V, sendo necesaria unha cualificación mínima de 3 puntos sobre 10 no exame final para poder incorporar ditas notas. Para a 2ª oportunidade, conservarase a avaliación dos apartados II-V.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A continuación indicase as actividades a trés das cales evaluanse as diferentes competencias:
Actividade: Básicas &Xerais - Transversais - Específicas
Clases maxistrales (MD1&MD10): CB6, CB10, CG1 CT6 – CE1, CE8, CE10
Seminarios y visita técnica (MD2 & MD5 & M12): CB7, CG2 – CT3,CT4, CT5, CT6 – CE1, CE8, CE10
Tutorías colectivas (MD8): CG3 – CT1, CT2
Examen: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10 CT3 - CE1, CE8, CE10
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 4,5 ECTS que se reparten como segue:
Actividades formativas ECTS Horas Totais Presencialidade
Clases expositivas 14 100%
Clases interactivas(Seminarios) 18 100%
Tutorías grupo 4 100%
Traballo autónomo estudante 74,5 0%
Exame 2 100%
TOTAL 4,5 112,5 -
O alumnado deberá, ademais de coñecer conceptos fundamentais sobre os compartimentos ambientais (auga, aire, chan e biota) e as súas interaccións coas actividades humanas, ter un bo coñecemento das distintas tecnoloxías ambientais para poder discernir a súa posible aplicación e mellora.
Espérase que, a este nivel formativo, o alumnado xa ten unha serie de coñecementos adicionais como: capacidade de lectura e adquisición de información por diferentes procedementos, destreza a nivel de usuario/a das ferramentas informáticas máis comúns (Word, Excel, paquetes estatísticos, consulta de páxinas web, SIGs), capacidade de interpretación de documentos cartográficos e de bases de datos.
Tamén se espera un dominio medio-alto de inglés para facilitar a consulta de libros, artigos científicos e páxinas web.
Recoméndase o estudo continuo da materia ao longo do semestre.
A docencia impártese en castelán e/ou galego. Algúns materiais e bibliografía estarán en inglés co obxectivo de fomentar a competencia de desenvolvemento profesional no contexto internacional.
Xose Lois Otero Perez
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813300
- Correo electrónico
- xl.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Almudena Hospido Quintana
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816797
- Correo electrónico
- almudena.hospido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A7 |
Martes | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A7 |
Mércores | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A7 |
17.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
17.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
18.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
18.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |