Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivo xeral.-
Estudo dos elementos necesarios para adquirir os coñecementos e habilidades que permitan desenvolver unha xestión sostible do territorio desde unha visión multidisciplinar e integrada.
Obxectivos específicos.-
Lograr unha formación especializada no ámbito da Ordenación e Xestión do Territorio, a nivel nacional, rexional e local, co fin de formar profesionais capaces de desenvolver correctamente a devandita tarefa. A materia aborda o estudo en profundidade da problemática teórica e práctica dos procesos de desenvolvemento territorial e urbanístico, caracterizada pola súa complexidade e dinamismo. Dado o seu carácter multidisciplinar combinaranse as perspectivas, teorías e métodos de traballo de varias disciplinas que conflúen na Ordenación e Xestión Territorial: urbanismo, arquitectura, economía rexional, xeografía física e económica, socioloxía urbana,…
A memoria do título contén os seguintes contidos: Marco lexislativo. Principais escolas de Planificación Territorial. Planificación Territorial e propiedade. Planes de Ordenación do Territorio e de Espazos Singulares (zonas de montaña, costeiras, espazos protexidos). Xestión de terras para a Ordenación e Xestión Territorial integral. Ordenación Territorial, redución e xestión de riscos.
Ditos contidos desenvolveranse de acordo co seguinte temario:
Programa teórico
I. Introdución. Concepto e obxectivos. Marco lexislativo
1) Concepto, características, obxectivos e historia da Ordenación do Territorio. Tempo: 1 hora.
2) Marco lexislativo e bases xurídicas (internacional, nacional, rexional e local). Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) de Galicia. Tempo: 2 horas.
II. Fundamentos técnicos e económicos
3) Planificación Territorial e réxime de propiedade: Estratexias de intervención territorial. Tempo: 1 hora.
4) Toma de decisións na Ordenación e Xestión Territorial. Análise de inversións. Avaliación da actuación territorial: Ordenación Territorial, redución e xestión de riscos. Tempo: 2 horas.
5) Modelos de Xestión: Planes de Ordenación do Territorio e Espazos Singulares. Tempo: 1 hora.
III. Estrutura e contido dun Plan de Ordenación do Territorio (POT)
6) Normativa e Directrices da Ordenación Territorial. Aspectos máis relevantes e revisións. Tempo: 1 hora.
7) Planes de Ordenación do Territorio e Espazos Singulares: zonas de montaña, costeiras e espazos protexidos. Tempo: 1 hora.
8) Xestión de terras para a Ordenación e Xestión Territorial e Integral. Tempo: 1 hora.
IV. Modelos de Ordenación Territorial mediante Programación Matemática
9) Fundamentos de programación lineal. Tempo: 1 hora.
10) Instrumentos e técnicas de actuación territorial: Sistemas de Información Xeográfica (SIX); Metodoloxías de diagnóstico e
análise territorial. Tempo: 1 hora.
Programa práctico
I. Normativa e Directrices da Ordenación e Xestión Territorial
1) Orixe e evolución dos Planes de Ordenación do Territorio. Estrutura dun Plan de Ordenación Territorial. Tempo: 2 horas.
II. Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) de Galicia
2) Planes Territoriais Integrados. Programas Coordinados de Actuación. Planes e Proxectos Sectoriais. Planes de Ordenación do Medio Físico. Programas ou Estratexias orientadas en coherencia coas determinacións das DOT. Tempo: 2 horas.
III.- Traballo práctico (Tempo: 4 horas)
Obxectivos e contido.-
Estudo e análise dun Plan de Ordenación Territorial. Valorar se a posta en marcha do POT acadou unha xestión sostible do territorio.
- Marco lexislativo
- Avaliación da actuación territorial, aspectos críticos, e redución e xestión de riscos.
- Modelo de xestión: outras posibilidades.
- Instrumentos e técnicas de actuación territorial.
- Resultados máis relevantes e discusión
- Conclusións
- Bibliografía
IV. Visita técnica, obrigatoria e avaliable. Tempo: 4 horas.
Bibliografía básica
Benabent, M. (2006). La Ordenación del Territorio en España: Evolución del concepto y de su práctica en el siglo XX. Ed. Universidad de Sevilla, Consejería de Obras Públicas y Transportes: Sevilla, 455 pp.
Bielza de Ory, V. (2008). Introducción a la Ordenación del Territorio: Un enfoque geográfico. Prensas Universitarias de Zaragoza: Zaragoza, 274 pp.
Cooke, P. et al. (2012). Innovation, Global Change and Territorial Resilience. Elgar Publishing: London, 352 pp.
Detterbeck, K., Hepburn, E. (Eds.) (2018). Handbook of territorial politics. Edited by Klaus Detterbeck & Eve Hepburn. Edward Elgar: Cheltenham, UK, 419 pp.
Gómez Orea, D. (2008). Ordenación Territorial. Editorial Mundi-Prensa: Madrid.
Haughton, G. et al. (2010). The new spatial planning : territorial management with soft spaces and fuzzy boundaries. Routledge: London, 276 pp.
Neil, A., Cotella, G., Nunes, R. (Eds.) (2013). Territorial development, cohesion and spatial planning: knowledge and policy development in an enlarged EU. Edited by Neil Adams, Giancarlo Cotella & Richard Nunes. Routledge, Taylor & Francis Group: London & New York, 457 pp.
Pujadas, R., Font, J. (1998). Ordenación y Planificación Territorial. Ed. Síntesis: Madrid, 399 pp.
Silberstein, J., Maser, C. (2013). Land-Use Planning for Sustainable Development (2nd ed.). CRC Press: Boca Ratón, 296 pp.
VV.AA. (2010). El estado de la Ordenación del Territorio en España. Revista Cuadernos Geográficos 47. Universidad de Granada: Granada.
Bibliografía complementaria
Borderías, P., Santos Preciado, J.M. (2001). Introducción al Análisis Medioambiental de un territorio. UNED: Madrid.
Busquets, J., Cortina, A. (Coords.) (2009). Gestión del paisaje: Manual de Protección, Gestión y Ordenación del Paisaje. Editorial Ariel: Barcelona.
Emelianoff, C. et al. (2009). Dictionnaire de l’aménagement du territoire. État des lieux et prospective. París, 317 pp.
Feria Toribio, J.M., García García, A., Ojeda Rivera, F.J. (Coords.) (2009). Territorios, Sociedades y Políticas. Universidad Pablo Olavide: Sevilla, 548 pp.
Frémont, A. et al. (2008). Aménagement du territoire. Changement de temps, changement d’espace. Presses Universitaires de Caen: Caen, 382 pp.
Galiana, L., Vinuesa, J. (2010). Teoría y práctica para una Ordenación racional del Territorio. Ed. Síntesis: Madrid.
Martínez de Anguita, P., García Abril, A., Romero Calcerrada, R., Martín, M.A., Pedroche Carmona, B., Gómez Jiménez, I. (2005). Ordenación del Territorio y Medio Ambiente. Universidad Rey Juan Carlos I: Madrid.
Farase uso da documentación e información recollida no BLOG: Xeografía e Ordenación do Territorio. En defensa da cultura territorial: http://geografiayterritorio.blogspot.com
Normativa
- RD 2/2008, del 20 de junio, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Suelo.
- RD 1492/2011, del 24 de octubre, por el que se aprueba el Reglamento de valoraciones de la Ley del Suelo.
- Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.
- Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural.
- Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes de Ordenación do Territorio e do Litoral.
- Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as Directrices de Ordenación do Territorio en Galicia.
- Lei 7/2008, do 7 de xullo, de Protección da Paisaxe de Galicia.
- Convenio Europeo del Paisaje, aprobado en Florencia el 20 de octubre de 2000 a propuesta del Consejo de Europa, entrando en vigor el 1 de marzo de 2004.
- Lei 5/2019, do 2 de agosto, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade de Galicia.
O alumando que supere a materia, coñecerá:
COM2-10. O concepto e o marco lexislativo da Ordenación do Territorio.
COM2-11. As bases técnicas e económicas da Planificación Territorial.
COM2-12. A estructura e o contido dun Plan de Ordenación do Territorio.
COM2-13. As características particulares dos Planes de Ordenación do Territorio en áreas costeiras, de montaña e en espazos protexidos.
Ademais, será capaz de:
HAM2-06. Elaborar Planes de Ordenación do Territorio.
HAM2-07. Evaluar o estado dos Planes Territoriales en execución, así como o éxito ou fracaso dos executados.
A materia contribuirá a que se adquiran as competencias seguintes:
A) Específica:
CEM2-03. Capacidade para deseñar Planes de Ordenación do Territorio, áreas de montaña e zonas costeiras.
B) Xeral:
CG02. Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e planes de actuación integral no medio natural.
Materia obrigatoria de 3 créditos ECTS do Máster en Enxeñaría de Montes, primeiro semestre. A docencia teórica, impartirase de xeito expositivo (leccións maxistrais), con apoio de medios audiovisuais. Explicaranse os contidos básicos de forma que sexa posible unha participación activa do alumnado. Tamén, se resolveran problemas teórico-prácticos como aplicación dos coñecementos adquiridos. As competencias que se traballan na parte teórica son: COM2-10, COM2-11, COM2-12, COM2-13, CEM2-03 e CG02.
As prácticas a realizar durante o curso (docencia interactiva), son de carácter obrigatorio, e axudarán ao alumnado a unha mellor comprensión da parte teórica. Os traballos prácticos tutelados, tamén obrigatorios, que os alumnos deben realizar e, no seu caso, expoñer, facilitaran e reforzaran a aprendizaxe dos contidos teóricos. Nos dous casos, prácticas e traballos prácticos, os temas versarán sobre a análise individualizada, ou ben, en grupos, de distintos territorios, onde se están a desenvolver Proxectos de Ordenación Territorial con obxectivos diferentes.
Tamén se realizará unha práctica de campo/visita técnica, obrigatoria e avaliable, mediante a presentación dun informe da práctica. A posta en funcionamento de calquera Proxecto de Ordenación Territorial persigue fundamentalmente potenciar o uso sustentable do territorio. As competencias que se traballan na parte práctica da materia son: HAM2-06, HAM2-07, CEM2-03 e CG02. Finalmente, nas titorías, individuais e/ou en grupos, resolveranse todas as dúbidas que poidan xurdir.
Toda a información sobre a materia, así como os recursos empregados, enlaces web, foros para debates, exercicios para a aprendizaxe, e novidades, estarán dispoñibles no Campus Virtual.
A parte teórica da materia avaliarase mediante un exame de preguntas obxectivas e/ou de desenvolvemento, ademais da resolución de problemas/exercicios, no caso de que se estime necesario. Terá lugar nas datas ratificadas polo centro e será necesario aprobalo para superar a materia. As prácticas, incluída a práctica de campo/visita técnica, son obrigatorias. Os alumnos deberán realizar, aprobar e expoñer os traballos prácticos que se propoñan durante o curso. A poderación máxima de cada unha das partes é a seguinte (porcentaxe na cualificación; competencias):
Participación nas clases expositivas, interactivas e outras actividades complementarias: 10%
Probas parciais e/ou final: 50%; COM2-10, COM2-11, COM2-12, COM2-13, CEM2-03 e CG02
Realización de prácticas e seminarios/Presentación de traballos ou informes: 40%; HAM2-06, HAM2-07, CEM2-03 e CG02
Estas ponderacións manteranse para a primeira e a segunda oportunidade, así como para o alumnado repetidor e ao que se lle conceda a dispensa de asistencia.
No caso do alumnado repetidor, poderá validar as prácticas e manter a cualificación da avaliación continua do curso anterior.
Con respecto á dispensa de asistencia, concederase soamente para as clases expositivas, polo que o alumnado deberá realizar as prácticas e a visita técnica.
No caso de realización fraudulenta de exercicios e/ou probas será de aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten una carga de 3 ECTS. Isto supón un total de 75 horas computables, das cales 25 son presenciais, 2 de realización do exame e 48 correspóndense co traballo persoal do alumno:
a) Distribución da docencia presencial:
12 h clases expositivas
12 h clases interactivas
3 h de titorías individuais e/ou en grupos
b) Traballo persoal do alumno. En total, o alumno debe dedicar 48 horas ao estudo dos contidos da materia e á comprensión e realización dos traballos prácticos:
24 h de estudo da docencia expositiva
24 h de preparación e realización de prácticas e traballos
O alumno vai cursar unha materia que consiste na aplicación de diferentes instrumentos e técnicas de actuación territorial: Sistemas de Información Xeográfica (SIX); Metodoloxías de diagnóstico e análise territorial (elaboración de proxectos, análise estratéxico,...), co obxectivo de lograr unha Xestión Sustentable do Territorio. O concepto de Ordenación Territorial poderíase trasladar tamén á xestión de espazos singulares: zonas de montaña, costeiras e espazos protexidos. Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases, así como a consulta das dúbidas nas titorías. É moi importante completar os contidos das clases mediante a bibliografía, sendo recomendable facer a exposición de algúns dos traballos prácticos.
Ignacio Javier Diaz-Maroto Hidalgo
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ignacio.diazmaroto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 (Pav.II-PPS) |
15.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
23.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |