Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Departamento da Área do Profesional da USC 991
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Zooloxía, Área do Profesional da USC
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Capacitar ao alumnado para o deseño e realización de accións de conservación de especies e hábitats en espazos protexidos.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Conservación de lugares de interese xeolóxico e edáfico. Conservación in situ e ex situ. Criterios e indicadores de avaliación do estado de conservación de especies. Técnicas de conservación, recuperación e reintroducción de especies. Criterios e indicadores de avaliación do estado de conservación de hábitats. Mellora, restablecemento e restauración de hábitats. Beneficios e riscos ambientais.
Os contidos da materia serán desenvolvidos de acordo ao seguinte temario:
Actividades expositivas (9h):
Tema 1. Introdución. Necesidade de accións de conservación da Biodiversidade. Conservación in situ vs. Conservación ex situ. Accións de Conservación. 1 h (Zooloxia)
Tema 2. Conservación in situ de especies animais. Manexo de hábitats. 1 h (Zooloxia)
Tema 3. Conservación ex situ de especies animais: a) zoolóxicos. b) centros de cría e reintroducción. A liberación de especies no medio natural. 1 h (Zooloxia)
Tema 4. Conservación in situ e ex situ de especies vexetais. Plans de conservación, recuperación e reintroducción de especies 1.5 h (Botánica)
Tema 5. Conservación e xestión de hábitats: Plans e actuacións restauración de hábitats. 1.5 h. (Botánica)
Tema 6. Conservación de lugares de interese edáfico. 2 h (Edafoloxia e Quimica Agricola)
Tema 7. Conservación de lugares de interese xeolóxico. 1 h (Edafoloxia e Quimica Agricola)
Actividades interactivas (12 h):
Seminario 1: Directrices para a elaboración dun traballo sobre a materia que contemple algún tema específico dentro da temática xeral ofertada (1 h).
Práctica de campo 1: Visita de recoñecemento a un proxecto de conservación de fauna (Estación Ictiolóxica do Veral, Lugo) (3 h).
Práctica de campo 2: Viaxe de prácticas a un espazo protexido do Noroeste Ibérico onde leven a cabo acciones e proxectos de conservación da biodiversidade (8 h).
Bibliografía básica
Bacchetta G., Bueno Sanchez A., Fenu G., Jimenez-Alfaro B., Mattana E., Piotto B. & Virevaire M. (eds), 2008. Conservación ex situ de plantas silvestres. Principado de Asturias/ La Caixa. 378 pp.
Biodiversity Indicators Partnership, 2010. Biodiversity indicators and the 2010 Target: Experiences and lessons learnt from the 2010. Biodiversity Indicators Partnership. Seer. of the Convention on Biological Diversity. Tee. Series No. 53, Montreal, Canada.
Capdevila et al (2006), Especies Exóticas Invasoras. Diagnóstico y bases para la prevención y el manejo. Organismo Autónomo Parques Nacionales. MMA. Naturaleza y Parques Nacionales. Seria Tecnica.
IUCN/SSC (2013). Guidelines for Reintroductions and Other Conservation. Translocations. Version 1.0. Gland, Switzerland: IUCN Species Survival Commission, viiii + 57 pp.
Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino, 2011. Informe 2010 sobre el estado del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad en España. Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino. Organismo Autónomo Parques Nacionales. 169 pp.
Primack, R.B. & Ros, J., 2002. Introducción a la biología de la conservación. Ariel Ciencia, Barcelona. 375 pp.
Van Dyke, F., 2008. Conservation Biology. Foundations, Concepts, Applications. Springer Science and Business Media. 478 pp.
Ramil Rego, P. et al. (2008). Os habitats de interese comunitario en Galicia. 2Vol. IBADER. Universidade de Santiago. Lugo. file:///C:/Users/Usuario/Downloads/habitats_interese_comunitario_galicia_valoracion-295-5-1039.pdf
Ramil Rego, P. et al. (2011). Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Memoria Tecnica. 1 Vol + 7 Anexos. Xunta de Galicia. Santiago. https://www.ibader.gal/ficha/655/1464/Plan-Director-da-Rede-Natura-2000…
Bibliografía complementaria
European Environment Agency, 2012. Streamlining European biodiversity indicators 2020: Building a future on lessons learnt from the SEBI 2010 process. EEA Technical report No 11/2012. Publications Office of the European Union, Luxembourg. 45 pp.
Millennium Ecosystem Assessment, 2005. Ecosystems and Human Well-being: Biodiversity Synthesis. World Resources Institute, Washington, DC.
Ministerio de Agricultura, Alimentacion y Medio Ambiente, 2012. Perfil ambiental de Espana 2011. Informe basado en indicadores. Ministerio de Agricultura, Alimentacion y Medio Ambiente. Secretaria General Tecnica. Oficina de publicaciones. 293 pp.
WAZA, 2005. Construyendo un futuro para la fauna salvaje. La Estrategia Mundial de Zoos y Acuarios para la Conservación (Asociación Mundial de Zoos y Acuarios-WAZA 2005). https://www.waza.org/wp-content/uploads/2024/02/wzacs_sp_compressed.pdf
Quen supere esta materia, coñecerá:
- COM4-01: Os tipos de patrimonio xeolóxico e edáfico a protexer, os criterios para a súa avaliación, posibles impactos e medidas de conservación aplicables.
- COM4-02: Os criterios e indicadores de avaliación do estado de conservación de especies e hábitats.
- COM4-03: As técnicas, estratexias e medidas de conservación, recuperación e reintroducción de especies.
- COM4-04: As técnicas e estratexias de mellora, restablecemento, restauración e/o conservación de hábitats.
Ademais, será capaz de:
- HAM4-01: Deseñar plans, realizar accións e expor estratexias de conservación de lugares de interese xeolóxico e edáfico, especies e hábitats en espazos protexidos.
Esta materia contribuirá a que o estudante adquira a competencia da especialidade:
- CEM4-01: Capacidade para deseñar actuacións de planificación e conservación de espazos protexidos no seu contexto social, coa perspectiva da xestión de ecosistemas e os servizos ambientais, desenvoltas nun escenario de cambio global e sustentabilidade.
Leccións maxistrais, (9 horas) Obrigatorias e presenciais, con apoio das ferramentas TICs. Traballaranse as competencias COM4-01; COM4-02; COM4-03; COM4-04; HAM4-01; CEM4-01.
Prácticas de campo, (11 horas) Obrigatorias e presenciais. Centraranse no coñecemento e análise crítico da problemática e exemplos reais de accións de conservación da biodiversidade na rede de espazos protexidos autonómica/nacional, das cales o alumnado deberá entregar un informe. No seu caso poderán estar coordinadas con outras materias da especialidade. Traballaranse as competencias COM4-01; COM4-02; COM4-03; COM4-04; HAM4-01; CEM4-01.
Seminario (1 h) Obrigatorio e presencial. Estará enfocado á realización dun traballo (estudo de casos), no que se consultase e citarán artigos científicos de referencia publicados en inglés, e en dar a coñecer proxectos de conservación da biodiversidade. Expoñeranse e discutirán os aspectos particulares do desenvolvemento dos casos de estudo, así como dos temas específicos vinculados cos traballos seleccionados polos alumnos, facendo especial fincapé na súa estrutura, enfoque, desenvolvemento, bibliografía etc. Traballaranse as competencias COM4-01; COM4-02; COM4-03; COM4-04; HAM4-01; CEM4-01.
En caso de imposibilidade material para realizar as prácticas de campo, realizaranse actividades interactivas alternativas cubrindo os seus aspectos formativos.
Todas as actividades anteriores estarán apoiadas pola contorna virtual (aula virtual da materia) que facilitará e permitirá a continuidade en todo ou proceso de aprendizaxe (guía, artigos, documentos técnicos, entrega de traballos, foros de debate, espazos de colaboración etc.)/ etc.). Tamén se expoñerá o calendario de actividades e comunicásense os resultados das avaliacións e as distintas incidencias que poidan xurdir.
Dado que as actividades presenciais teñen carácter obrigatorio, realizarase un seguimento da asistencia e a participación do alumnado nas diferentes actividades.
Probas escritas parciais e/o final (40%). Competencias avaliadas: COM4-01; COM4-02; COM4-03; COM4-04; HAM4-01; CEM4-01.
Participación nas clases expositivas, interactivas e outras actividades complementarias (5%). Competencias avaliadas: COM4-01; COM4-02; COM4-03; COM4-04; HAM4-01; CEM4-01
Realización de traballos e informes relacionados co contido da materia e de acordo ás especificacións establecidas polo profesorado (35% traballo de seminario e 20% informe de prácticas). Competencias avaliadas: COM4-01; COM4-02; COM4-03; COM4-04; HAM4-01; CEM4-01
No caso de non superar algunhas das actividades de avaliación ao longo do curso, o alumnado terá unha segunda oportunidade para calquera delas, manténdose a cualificación das actividades superadas na primeira oportunidade e unicamente durante o curso académico.
No caso de alumnado que teña concedida dispénsaa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no “Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e #máster da Universidade de Santiago de Compostela”, esta só afectará as actividades expositivas; neste caso, a participación nas clases expositivas avaliarase conxuntamente coa participación nas interactivas e outras actividades complementarias coa citada porcentaxe do 5%. O resto das actividades seguirán o mesmo proceso de avaliación que o levado par o resto do alumnado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións” da USC.
Lectura e preparación de temas: 24 horas
Elaboración de traballos de seminarios e prácticas: 18 horas
Preparación de probas de avaliación: 9 horas
Total tempo de estudo e traballo persoal: 51 horas
Asistir participativamente ás clases teóricas e prácticas.
Utilizar os recursos informáticos propostos e consultar na biblioteca a bibliografía indicada.
Esperanza Alvarez Rodriguez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- esperanza.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Paz Ondina Navarret
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- mapaz.ondina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramon Alberto Diaz Varela
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ramon.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Catarina Varela Dopico
- Departamento
- Departamento da Área do Profesional da USC 991
- Área
- Área do Profesional da USC
- Correo electrónico
- catarina.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesional da USC
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |
13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |
Mércores | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán, Galego | Viaxe/Práctica de Campo |