Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Bioloxía Funcional
Áreas: Botánica, Ecoloxía
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia contribuirá a que o alumno obteña parte das competencias especificadas no Plan de Estudos da Titulación para a Especialidade de Modelos para a Xestión Forestal, a través dos seguintes obxectivos:
• Coñecemento dos principais métodos ecofisiolóxicos de utilidade para estudar o comportamento dos ecosistemas forestais fronte ao cambio global.
• Adquisición de habilidades para comprender a reposta dos bosque ao longo do tempo e o seu posible comportamento no futuro.
Os contidos da materia recollidos na memoria verificada da titulación son:
Ecofisioloxía: Intercepción da radiación solar e choiva, índice de área foliar, superficie foliar específica, produción primaria bruta e neta.
Dendrocronoloxía: estudo dos aneis de crecemento das árbores. Bases biolóxicas e metodoloxía de análise. Principais aplicacións e contribución ao estudo do cambio climático.
Estes contidos desenvolveranse de acordo co seguinte temario:
ACTIVIDADES EXPOSITIVAS
Introdución á ecofisioloxía vexetal. O ambiente das plantas. A Radiación solar. O microclima das plantas.
Utilización de carbono e produción de materia orgánica. Metabolismo de carbono na célula. Intercambio gasoso en plantas. Presuposto de carbono dunha planta. Presuposto de carbono en rodais. Conversión de enerxía. Enriquecemento atmosférico de CO2.
Relacións hídricas. A auga na célula. Relacións hídricas nunha planta en conxunto. Relacións hídricas en diferentes tipos de plantas. Relacións hídricas en comunidades de plantas.
Caracterización de parámetros morfolóxicos e anatómicos de importancia funcional: cuantificación e significado ecolóxico. Aneis de crecemento. Formación estacional da madeira. Técnicas de estudo e modelización da actividade cambial.
A análise dos aneis de crecemento no estudo do cambio global. Dendrocronoloxía: concepto e base biolóxica. Respostas das árbores ao clima e a outras condicións ambientais. Variables de crecemento anuais e intraanuais.
Datación dos aneis de crecemento: sincronización. Elaboración de series dendrocronolóxicas: estandarización e cálculo de cronoloxías. Identificación dos sinais de interese.
Aplicacións das técnicas dendrocronolóxicas. Reconstrución do clima pasado. Estudo la dinámica forestal ao longo do tempo. Outras aplicacións da dendrocronoloxía.
ACTIVIDADES INTERACTIVAS
Análise de pigmentos fotosintéticos.
Cálculo do índice de área foliar e da área foliar específica.
Resolución de problemas de ecofisioloxía.
Observación e interpretación de aneis de crecemento.
Elaboración de series dendrocronolóxicas.
Modelización usando aneis de crecemento: estudo do clima e a dinámica forestal.
Elaboración e exposición dun traballo práctico.
Bibliografía básica
Lambers, H., Chapin III, F.S. & Pons, T.L. (2008). Plant physiological ecology, 2nd edition, Springer, New York, 604 pp.
Landsberg, J., Sands, P. (2011). Physiological ecology of forest production: principles, processes and models . Academic Press, London.
Larcher, W. (1977). Ecofisiología vegetal. Omega, Barcelona, 305 pp.
Larcher, W. (1995). Physiological plant ecology: ecophysiology and stress physiology of funtional groups, 3rd edition, Springer-Verlag, Berlin, 506 pp.
Fritts, H.C. (2001). Tree rings and climate. Blackburn Press, 2nd edition. Caldwell, New Jersey. 567 pp.
Schweingruber, F.H. (1996). Tree rings and environment. Dendroecology. Paul Haupt, Berne, 609 pp.
Schweingruber, F.H., Börner, A. & Schulze, E.D. (2006). Atlas of woody plant stems. Evolution, structure, and environmental modifications. Springer, Berlin-Heidelberg, 229 pp.
Speer, J.H. (2010). Fundamentals of tree-ring research. The University of Arizona Press, Tucson. 368 pp.
Bibliografía complementaria
Fitter, A.H., Hay, R.K.M. (2002). Environmental physiology of plants.3rd ed. Academic Press, San Diego, 367 pp.
Kozlowski, T.T., Kramer, P.J. & Pallardy, S.G. (1991). The physiological ecology of woody plants, Academic Press, San Diego, 657 pp.
Landsberg, J.J. & Gower, S.T. (1997). Applications of physiological ecology to forest management, Academic Press, San Diego. 354 pp.
Nobel, P.S. (2009). Physicochemical and Environmental Plant Physiology. 4th ed. Academic Press, 582 pp.
Schweingruber, F.H. (2012). Trees and wood in dendrochronology. Morphological, anatomical, and tree-ring analytical characteristics of trees frequently used in dendrochronology. Springer, Berlin-Heidelberg, 409 pp.
Vaganov, E.A., Hughes, M.K. & Shashkin, A.V. (2006). Growth dynamics of conifer tree rings. Images of past and future environments. Springer, Berlin-Heidelberg, 354 pp.
Os recursos electrónicos iranse facilitando ao longo do curso.
Quen supere esta asignatura, coñecerá:
- COM6-05: Os principais métodos ecofisiolóxicos e dendrocronolóxicos para estudar e predecir o efecto do cambio global sobre os ecosistemas forestais.
Además, será capaz de:
- HAM6-05: Realizar predicións do efecto do cambio global sobre os ecosistemas forestais
Esta materia contribuirá a adquirir a competencia da especialidade:
- CEM6-01: Capacidade para desenvolver modelos de crecemento e produción de sistemas forestais e implementalos en simuladores informáticos para realizar predicións.
Mediante as clases expositivas explicaranse os conceptos teóricos xerais (COM6-05), empregando clases maxistrais, apoiadas mediante o uso de presentacións e outras ferramentas informáticas (CEM6-01). Nas clases prácticas mostraranse técnicas de laboratorio empregadas en estudos ecofisiolóxicos e dendrocronolóxicos, así como as ferramentas estatísticas e informáticas para a aplicación de determinados modelos estudados (HAM6-05, CEM6-01). O alumno deberá elaborar algúns dos resultados obtidos durante as sesións prácticas, e mediante a aplicación dos conceptos teóricos adquiridos, presentar memorias razoadas (individuais e/ou en grupo) do traballo realizado (HAM6-05, CEM6-01).
O Campus Virtual servirá para que os alumnos poidan acceder a toda a información subministrada nas clases, así como a outra información complementaria que poida ser do seu interese, pero que por razóns de tempo no se chegue a detallar en clase (COM6-05). Tamén se expoñerá o calendario de actividades e se comunicarán os resultados das avaliacións e as diversas incidencias que xurdan na actividade docente.
Realizarase un seguimento da asistencia e participación do alumnado.
Asistencia e participación activa nas actividades da aula (10%). Competencias COM6-05, HAM6-05 e CEM6-01.
Probas escritas (50%). Competencias COM6-05, HAM6-05 e CEM6-01.
Traballos entregados e/ou expostos (40%). Competencias COM6-05, HAM6-05 e CEM6-01
As probas escritas deberán ser superadas e os traballos entregados para poder aprobar a materia.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao de Máster da Universidade de Santiago de Compostela” deberán ter en conta que dita dispensa só se conderá para as actividades expositivas. Neste caso, a avaliación será realizada a partir do exame final, cunha porcentaxe do 55%. As actividades interactivas seguirán o mesmo processo que para o resto dos alunos, e a evaluación da assistência e participación activa só se referirá a estas actividades.
En segunda oportunidade, os alumnos deberán facer entrega das tarefas non realizadas, e superar a proba final escrita, de modo análogo á primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
O tempo de estudo e traballo persoal pode ser moi variable en función das capacidades de cada alumno. Por termo medio cada hora de traballo presencial requirirá de dous a tres horas de estudo e traballo persoal do alumno.
Recoméndase levar ao día a materia e consultar a bibliografía recomendada, polo menos a básica, e os recursos informáticos propostos. O uso das horas de titorías para a resolución de dúbidas é máis que aconsellable.
Materia en extinción en el curso 2025/26, no hay actividades docentes presenciales, pero los estudiantes tienen derecho a evaluación, en la que se aplicará el siguiente sistema:
* Realización de una prueba escrita correspondiente al 100% de la puntuación final.
Ruben Villares Pazos
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- ruben.villares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ignacio Garcia Gonzalez
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ignacio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |