Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A materia está orientada a proporcionar ao alumno a formación precisa para deseñar, calcular, planificar e dirixir as infraestruturas e construcións mais habituais no ámbito da súa competencia. Isto abrangue o estudo dos elementos construtivos na edificación forestal, a adquisición de coñecementos que permitan o dimensionado e o cálculo de estruturas de aceiro e de madeira na edificación forestal.
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
“Edificacións forestais: tipoloxías estruturais e materiais utilizados. Deseño. Cálculo de estruturas metálicas e de madeira co código técnico da edificación. Bases de cálculo. Estados límite último e estados límite de servizo. Cálculo de unións e aparellos de apoio. Dimensionamento con programas informáticos.”
Estes contidos desenvólvense no seguinte temario:
Programa de teoría
- Unidade I: Estrutura metálica (8h)
• Tema 1: Bases de cálculo: Introdución. Normativa. Produtos de aceiro para estruturas. Tipos de aceiro e clasificación de seccións.
• Tema 2: Vigas. Flexión: Tipos de vigas metálicas. Estados límites últimos. Estados límites de servizo.
• Tema 3: Soportes. Compresión e pandeo: Compresión simple. Flexocompresión. Lonxitude de pandeo. Soportes: pezas simples e compostas.
• Tema 4: Naves industriales e Calculo de Unións y aparatos de apoyo
- Unidade II: Estrutura de madeira (8h)
• Tema 1: Bases de cálculo: Introdución. Normativa. Materiais. Clasificación visual da Madeira Estrutural. Clases resistentes.
• Tema 2: Estados Límites Últimos e de Servizo: Comprobación de seccións en dirección paralela e perpendicular. Análise de Pandeo. Análise de inestabilidade por volteo lateral. Determinación de frechas.
• Tema 3: Comprobacións Singulares: Análise de Vigas a dúas augas.
• Tema 4: Comprobación a Lume: Dimensionamento a lume.
• Tema 5: Introdución ao Cálculo de Unións: Tipoloxías e execución de unións en estruturas de madeira
Programa de actividades interactivas
- Unidade I: Estrutura metálica
• Laboratorio 1 (2 horas): Combinación de accións e cálculo de esforzos para pórtico tipo de estrutura metálica con programa informático para o seu posterior dimensionamento.
• Laboratorio 2 (3 horas): Análise das posibles solucións para o dintel do pórtico anterior e cálculo en estrutura metálica.
• Laboratorio 3 (3 horas): Análise das posibles solucións para os piares do pórtico anterior e cálculo en estrutura metálica.
• Titoría 1 (2h): Estrutura metálica
- Unidade II: Estruturas de madeira
• Laboratorio 1 (2 horas): Caracterización mecánica da madeira
• Laboratorio 2 (2 horas): Introdución ao programa Trabe
• Laboratorio 3 (2 horas): Resolución práctica de Forxado de madeira.
• Laboratorio 4 (2horas): Resolución práctica de Cubierta de madera.
• Titoría 2 (2h): Análise de Estrutura de Madeira
Bibliografía básica:
VARIOS AUTORES. 2007. CTE- Código Técnico de la edificación. Seguridad estructural: acero Ministerio de Vivienda. Madrid.
Normativa pola que se rexe actualmente o cálculo de estruturas de aceiro. De obrigado cumprimento, considérase que todo o alumnado ten que coñecela tanto nos seus contidos coma na súa interpretación e aplicación
ARGÜELLES ALVAREZ, R.; ARGÜELLES BUSTILLO, R.; ARRIAGA MARTITEGUI, F.; ATIENZA REALES 2005. Estructuras de acero. Cálculo. Ed. Bellisco. Madrid.
Trátase dun libro moi completo que toca en profundidade practicamente todo os temas de construción metálica.
ARRIAGA MARTITEGUI, F.; ARGÜELLES ÁLVAREZ, R. 2013. Estructuras de madera. Bases de cálculo. AITIM. Madrid.
Trátase dun libro base para a formación en estruturas de madeira. Aborda de maneira global os aspectos bases para a realización de proxectos de madeira.
Código Técnico de la Edificación. I) SE. II) SE-AE. Acciones en la edificación. III) SE-M. Estructuras de madera. IV) SI. Seguridad en caso de Incendio. 2010. Ministerio de Fomento. Madrid.
Eurocódigo 5. 2006. Proyecto de estructuras de madera. Parte 1-1. Reglas generales y reglas para la edificación. Parte 1-2. Proyecto en situación de incendio. AENOR. Madrid.
Bibliografía complementaria:
ARGÜELLES ALVAREZ, R. 2010. La estructura metálica hoy. Bellisco. Madrid.
MONFORT LLEONART, J. 2006. Estructuras metálicas para la edificación U.P.V. Valencia.
MONFORT LLEONART, J. Y otros 2008. Problemas de estructuras metálicas metálicas adaptadas al Código Técnico. U.P.V. Valencia.
DUPRAZ, P.A.; MOOSER, M.; PFLUG, D. 2009. Dimensionnement des structures en bois. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.
FERNÁNDEZ-GOLFÍN SECO, J.I.; DÍEZ BARRA, M.R.; HERMOSO PRIETO, E.; MIER PÉREZ, R. 2003. Manual de clasificación de madera. AITIM. Madrid.
HERZOG, T.; NATTERER, J.; SCHWEITZER, R.; VOLZ, M: WINTER, W. 2005. Construire en bois. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.
A)Xerais
De acordo co apartado 3 do Anexo da Orden CIN/326/2009, do 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Montes, os titulados deste Máster deberán adquirir determinadas competencias xerais, de entre as que proporciona a materia de Construción de Infraestruturas Forestais son as seguintes:
CG3: Capacidade para proxectar, dirixir e xestionar industrias e instalacións forestais de primeira e sucesivas transformacións.
CB10: Que os estudantes posean as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Transversales
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT9: Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
B)Específicas
CE1: Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de desenrolo, aserrío e moble e para o aproveitamento das enerxías renovables.
CE2: Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias da celulosa e papel, industrias de taboleiros de fibras, partículas e contrachapado e industrias de destilación da madeira.
CE3: Coñecementos adecuados e capacidade para proxectar e dimensionar instalacións de industrias e produtos forestais.
A clase teórica
Nas clases teóricas empregarase o método expositivo, de maneira que o alumno/a reciba una base teórica imprescindible para a resolución de casos prácticos, que se proporán nas clases expositivas.
En calquera caso, o uso deste método didáctico non se fará de forma ríxida, intercalándose preguntas para fomentar o argumento e estimar o nivel de comprensión da exposición.
A clase teórica debe servir ao alumnado como unha introdución ao aprendizaxe dunha cuestión concreta e non, como un substituto do seu traballo persoal, que cumpre lograr por outros medios.
Traballaranse as competencias CG3, CB10, CT2, CE1, CE2 e CE3.
Seminarios e prácticas.
Realizaranse seminarios destinados á resolución de casos prácticos así como ao coñecemento e aplicación da distinta normativa legal existente.
Contemplarase tamén a realización de prácticas nas que se aplicarán os coñecementos adquiridos na resolución de estruturas reais. Para a realización das mesmas, utilizaranse os equipos instalados na nave de construción e as ferramentas informáticas das aulas específicas.
Traballaranse as competencias CG3, CT1, CT2, CT9, CT12, CE1, CE2 e CE3.
Traballo persoal
Fomentarase o traballo ao longo de todo o curso, promovendo o traballo persoal para o estudo continuado dos aspectos teóricos da materia e para a realización de casos prácticos derivados das clases de problemas. Neste senso contemplase a posibilidade de encomendar a realización de traballos tanto en teoría como en prácticas, que serán avaliados.
Traballaranse as competencias CG3, CT1, CT3, CT9, CT12, CE1, CE2 e CE3.
Titorías
A maiores de posibilitar un contacto directo co alumno, permiten a orientación sobre calquera tipo de problema relacionado co desenvolvemento da materia ou da formación universitaria en xeral. Permiten a orientación individual co fin de acadar unha maior eficacia no traballo persoal do alumnado. Tamén se prevén titorías en grupo, aínda que estas se deseñan especificamente para cando o problema que formulan abrangue o conxunto do alumnado.
Utilizarase o campus virtual e, en xeral, as novas tecnoloxías (correo electrónico, etc.) como apoio á titoría tradicional, aproveitando a infraestrutura do centro e as dispoñibilidades do alumnado neste terreo.
Para o seguimento da materia, o alumnado dispón dun curso virtual na plataforma da USC onde ten á súa disposición material diverso: guía docente da materia, transparencias empregadas nas clases expositivas, boletíns de problemas...
• Exame de contidos teórico-práctico (mínimo un 70% da cualificación final, debendo acadar un mínimo de 3 puntos sobre un total de 7): competencias CG3, CE1, CE2, CE3, CT1, CT2, CT3, CT6 e CT12.
• Traballos de curso (ata 30% da cualificación final): competencias CG3, CT1, CT2, CT3, CT6, CT9, CT12, CE1, CE2 e CE3.
Calificación final
Obterase como suma das cualificacións indicadas para cada concepto, debendo acadar un mínimo de 5 puntos para superar a materia.
Estes criterios mantéñense tanto na ordinaria como na convocatoria extraordinaria para estudantes repetidores e para os que se lles concede unha renuncia á asistencia a clase. Neste asunto pódese conceder a dispensación completa.
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicaranse ou recolleranse o" Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións "(artigo 16 da Resolución do 15/06/2011 da USC, DOG do 21/07/2011) ”
Clases expositivas : 16h presenciais e 46h en total (2h de estudo por cada hora presencial)
Laboratorio: 16h presenciais e 46h en total (para tratamento de resultados e elaboración de traballos de curso)
Titorías: 4h en total (100% presenciais pola natureza do traballo)
Actividades de avaliación: 4h (100% presenciais pola natureza do traballo)
Asistencia a clase, con participación activa no seu desenvolvemento; para isto, é recomendable a lectura ou preparación anticipada dos seus contidos. Seguimento diario dos contidos para fixar coñecementos. Asistencia a prácticas. Manexo da bibliografía recomendada. Aproveitamento das titorías establecidas.
Materia en extinción no curso 2024/2025, sen docencia pero con dereito á avaliación co
sistema especificado para estudantes repetidores.
Manuel Guaita Fernandez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- m.guaita [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade