Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Dotar o alumno da capacidade para o diagnóstico e control da contaminación. Adquisición da formación necesaria para optimizar a produción e controlar procesos contaminantes no medio natural derivados das actividades industriais e a xestión de residuos. Adquirir a capacidade para a elaboración de sistemas de auditoria ambiental.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Orixe da contaminación. Tipos de contaminantes. Bioxeoquímica dos contaminantes. Papel do solo como filtro de contaminantes. Bioindicadores. Tipoloxía de residuos. Xestión de residuos no ámbito agroforestal e medidas correctoras. Lexislación de residuos. Cuantificación e temporalización do emprego de residuos: efectos sobre a produción e calidade. A fertilización e a contaminación ambiental. O proceso de certificación do comportamento ambiental. Metodoloxía para a elaboración de auditorías ambientais. Estrutura do proceso de implantación empresarial. Certificación de auditores ambientais.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario:
DOCENCIA EXPOSITIVA (12 HORAS)
Módulo 1: Orixe e tipos de contaminación. Dinámica de contaminantes
Tema 1. Orixe de contaminación. Tipos de contaminantes (1,5 hora).
Tema 2. Bioxeoquímica dos contaminantes (1,5 hora).
Tema 3. Papel do solo como filtro de contaminantes. Bioindicadores (1 hora).
Módulo 2: Auditoría ambiental
Tema 4. Sistemas de Xestión Ambiental (1,5 hora).
Tema 5. Lexislación de aplicación (1 hora).
Tema 6. Auditoría ambiental: metodoloxía de desenvolvemento (1,5 hora).
Módulo 3: Xestión de residuos como fertilizantes en agricultura. Produción e calidade Agrícola e Forestal
Tema 7. Tipoloxía de residuos e o seu valor fertilizante (1 hora).
Tema 8. Xestión de residuos no ámbito agroforestal e medidas correctoras (1 hora).
Tema 9. Cuantificación e temporalización do emprego de residuos: efectos sobre a produción e calidade (1 hora).
Tema 10. A fertilización e a contaminación ambiental (1 hora).
DOCENCIA INTERACTIVA (12 HORAS)
Módulo 1: Orixe e tipos de contaminación. Dinámica de contaminantes
Práctica 1. Estudo de caso (2 horas).
Práctica 2. Estudo de caso (2) (2 horas).
Módulo 2: Auditoría ambiental
Práctica 3. Implantación dunha ISO 14001 nunha empresa (2 horas).
Práctica 4. Implantación dunha Axenda 21 nun municipio (2 horas).
Módulo 3: Xestión de residuos como fertilizantes en agricultura. Produción e calidade Agrícola e Forestal
Práctica 5. Seminarios sobre modelos de programación de fertilización con residuos (2 horas).
Bibliografía básica
Módulo 1 – Orixe e tipos de contaminación. Dinámica de contaminantes
ALLOWAY, B.J.; AYRES, D.C. 1993. Chemical Principles of Environmental Pollution. Blackie Academic and Professional. London.
HARRISON, R.M. (ed.). 1992. Understanding our environment. The Royal Society of Chemistry. London.
Módulo 2 – Auditoría ambiental
AENOR EDICIONES (2008). Gestión ambiental. Madrid. 539 pp.
AENOR EDICIONES (2007). Aspectos ambientales: Identificación y evaluación. Madrid. 223 pp.
Rodríguez Ruiz, J., Rodríguez Fernández, P., José Francisco, C. G., & Alcaide Arenales, A. (2012). Auditoría ambiental. UNED - Universidad Nacional de Educación a Distancia. 195 pp.
ISO (2017). ISO 14001:2015 para la pequeña empresa. AENOR - Asociación Española de Normalización y Certificación. 210 pp.
Valdés Fernández, J. L., Alonso García, M. C., & Calso Morales, N. (2019). *Guía para la aplicación de UNE-EN ISO 14001:2015*. AENOR - Asociación Española de Normalización y Certificación. 368 pp.
Módulo 3 – Xestión de residuos como fertilizantes en agricultura. Produción e calidade Agrícola e Forestal
SULLIVAN DW, COGGER CG, BAST AI (2002). Fertilizing with biosolids. http://www.ecy.wa.gov/programs/swfa/biosolids/pdf/Fertilizing.pdf
SULLIVAN, D.M., D.M. GRAVANTETEN, C.G. COGGER, C.L. HENRY, AND K.P. DORSEY. Revised 2000. Biosolids Management Guidelines for Washington State. Washington Department of Ecology Publication #93-80. Olympia, WA. http://www.ecy.wa.gov/../biblio/9380.html
USEPA BIOSOLIDS PUBLICATIONS. http://www.epa.gov/own/mtb/biosolids/index.htm
Bibliografía complementaria
Módulo 1 – Orixe e tipos de contaminación. Dinámica de contaminantes
GONZÁLEZ DELGADO, Mª NIVEÑE; OROZCO BARRIENTES, CARMEN; PÉREZ SERRANO, ANTONIO; ALFAYATE BLANCO, JOSÉ NARCISO; RODRÍGUEZ VIDAL, FRANCISCO J. 2003. Problemas resueltos de contaminación ambiental: cuestiones y problemas resueltos. Ediciones Paraninfo S.A., Madrid (España).
Módulo 2 – Auditoría ambiental
Romero González, E.M. 2020. Evaluación y gestión medio ambiental para planes, programas y proyectos de ingeniería. Editorial Universidad de Sevilla, Sevilla.
Gómez Orea, D., Gómez Villarino, M. 2007. Consultoría e ingeniería ambiental. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Módulo 3 – Xestión de residuos como fertilizantes en agricultura. Produción e calidade Agrícola e Forestal
Fertilisation with biosolids in a silvopastoral system established with Pseudotsuga menziesii (Mirb.), Franco in Galicia (NW Spain). Agroforestry Systems, Vol. 95, Núm. 5, pp. 881-893.
Use of sewage sludge in silvopastoral systems under Pinus radiata D. Don: soil, tree growth, and pasture production. Agroforestry Systems, Vol. 95, Núm. 5, pp. 867-880.
Sewage sludge stabilisation and fertiliser value in a silvopastoral system developed with Eucalyptus nitens Maiden in Lugo (Spain). Science of the Total Environment, Vol. 566-567, pp. 806-815.
Effect of lime and sewage sludge fertilisation on tree and understory interaction in a silvopastoral system. Agriculture, Ecosystems and Environment, Vol. 188, pp. 72-79.
Nesta materia o alumno adquirirá unha serie de competencias básicas (CB6, CB7, CB8, CB9 e CB10), xenéricas (CG2, CG4, CG6) e transversais (CT12, CT12), desexables en calquera titulación universitaria, e específicas (CE5, CE6, CE7, CE8, CE9, CE11, propias da ensinanza en xeral ou da ensinanza forestal en particular). Dentro do cadro de competencias que se deseñan para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas, a menudo nun contexto da investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xenéricas
CG2 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
CG4 - Capacidade para aplicar e definir criterios e indicadores no campo da auditoría ambiental.
Competencias transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abordar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas
CE5 - Coñecemento e capacidade para deseñar plans de desenvolvemento integral sostible de comarcas forestais e o desenvolvemento de indicadores de xestión.
CE6 - Capacidade para deseñar e calcular plans de declaración e/ou ordenación de espazos naturais protexidos.
CE7 - Capacidade para deseñar e calcular plans de ordenación do territorio, áreas de montaña e zonas costeiras.
CE8 - Coñecementos adecuados e capacitación para desenvolver e aplicar tecnoloxías propias na planificación hidrolóxica e loita contra a desertificación.
CE9 - Capacidade para o control da contaminación do Medio Natural debido á actividade industrial e á xestión de residuos.
CE11 - Capacidade para a elaboración de sistemas de calidade forestal e de auditoría ambiental.
A materia impartirase acolléndose á memoria do título, tanto no que se refire á docencia presencial (expositiva e interactiva) como non presencial, na que se realizarán exercicios propostos na USC virtual e se presentarán informes dos traballos prácticos.
A docencia expositiva consistirá en leccións maxistrais nas que se fomentará a participación e utilizarase tanto a pizarra clásica como a dixital (presentacións de ordenador). Nestas leccións transmitiranse aos alumnos os conceptos básicos da materia e orientaranselles para a busca de información complementaria e para o seu traballo persoal. Traballaranse as competencias: CE5, CE6, CE7, CE8, CE9, CE11, CB6, CT11.
A docencia interactiva incluirá o estudo de casos, realización de exercicios e utilización de modelos. Nestas clases interactivas presentaranse e discutiranse os traballos realizados polos alumnos, incentivando a participación doutros estudantes e formulándose preguntas por parte do profesor. Potenciarase o traballo en grupo e a aprendizaxe cooperativa, incluíndo sesións de discusión activa.
Tanto nas clases expositivas como interactivas, os alumnos recibirán bibliografía en inglés. Para realizar os traballos deberán utilizar fontes en inglés.
O alumno elaborará traballos sobre unha temática concreta, acordada por profesor e alumno, que se exporán publicamente. Traballaranse as competencias: CE5, CE6, CE7, CE8, CE9, CE11, CB7, CB8, CB9, CB10, CG2, CG4, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12.
Titorías individualizadas. Traballaranse as competencias: CE5, CE6, CE7, CE8, CE9, CE11, CB10.
Recoméndase ao alumno o uso de tutorías dos profesores, cos que poderá contactar tamén a través do correo electrónico. Será necesario que o alumno realice informes dos traballos prácticos e os traballos asignados a través da USC virtual.
O alumno deberá realizar traballos e estudo de forma autónoma, acolléndose ás horas programadas na memoria do título.
[Consultar sección "Observacións" para a adaptación do sistema de avaliación á materia en extinción]
O sistema de avaliación terá en conta os seguintes aspectos: Participación do alumnado nas clases teóricas e prácticas. Entrega de exercicios e traballos propostos. Presentación de traballos. Probas escritas.
A participación nas clases teóricas e prácticas será avaliada polo profesor con base nas preguntas que se realicen nos debates e nas respostas dadas.
As probas escritas consistirán en tres exames parciais opcionais, que liberarán ó alumno da obriga de realizar o exame final no caso de ser superados.
Os exercicios e traballos propostos serán entregados vía telemática (a través da USC virtual) ou en soporte de papel (os que así se soliciten) nas datas indicadas polo profesor. A presentación oral avaliarase tendo en conta a claridade da exposición, capacidade de comunicación, soporte audiovisual, capacidade para responder ás preguntas realizadas, etc.
Participación nas clases teóricas e prácticas.
Competencias cubertas: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT2, CT4, CT7, CT8, CT11, CT12, CE9.
Peso na cualificación: 20%
Probas escritas.
Competencias cubertas: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG2, CG4, CT1, CT2, CT3, CT6, CT8, CT12, CE5, CE6, CE7, CE8, CE9, CE11.
Peso na cualificación: 50%
Entrega de exercicios e traballos propostos.
Competencias cubertas: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG2, CG4, CT2, CT3, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, CE5, CE6, CE7, CE8, CE9, CE11.
Peso na cualificación: 15%
Presentación de traballos.
Competencias cubertas: CB9, CT1, CT2, CT7, CT9.
Peso na cualificación: 15%
Os criterios de avaliación serán os mesmos na segunda oportunidade. Os alumnos repetidores terán a mesma consideración que os non repetidores en relación coa avaliación.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto no "Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión de cualificacións" (artigo 16 da Resolución do 15/06/2011 da USC, DOG do 21/07/2011).
Desaconséllase a dispensa de asistencia ás clases, dada a importancia que se lle dá á participación en clases expositivas e interactivas e o peso que se lle dá a esta participación no proceso de avaliación.
Lectura e preparación de temas. 18 horas
Realización de exercicios: 5 horas
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 7 horas
Elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuais): 5 horas
Preparación de probas de avaliación: 10 horas.
Outras (traballo en grupo): 3 horas
Actividades de avaliación: 3 horas.
Asistencia a tódalas actividades docentes. Consulta da bibliografía recomendada. Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia e especialmente cos informes e traballos prácticos. Levar a materia ó día.
Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores.
Emilio Rafael Diaz Varela
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- emilio.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade