Ir o contido principal

Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos (2ª edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Ingeniería química, ingeniería de los materiales e ingeniería del medio natural.
Centro(s)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881816700 (Conserxaría)
881816701 (Dirección)
etse.secredireccion [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Hector Rodriguez Martinez
Contacto
hector.rodriguez [at] usc.es

A proposta do Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos (MUIQBP) ten como obxectivo adaptar e adecuar a oferta de posgrao da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ámbito da Enxeñaría Química. O Enxeñeiro Químico é un profesional amplamente demandado e cun curriculum competencial claramente definido.
O interese dunha oferta formativa de posgrao vinculada ao ámbito da Enxeñaría Química e de Bioprocesos é múltiple: por unha banda, permite unha intensificación formativa dos titulados de Grao de Enxeñaría Química, para os cales non existe na actualidade oferta académica adecuadamente deseñada no noso país e, doutra banda, xustifícase por atender a un ámbito técnico, pero tamén de coñecemento científico e académico, consolidado e amplamente estendido, tanto en España como noutros países de referencia, sendo unha das vías para a realización de estudos de doutoramento.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 4314245
Número de ECTS: 90
Número prazas: 25

Decano/a ou director/a do centro:
JULIA GONZALEZ ALVAREZ

Coordinador-a do título:
Hector Rodriguez Martinez
hector.rodriguez [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2024

Data da última acreditación:
28/01/2019

• Obrigatorias: 45
• Optativas: 15
• Prácticas externas OB: 12
• Traballo fin de máster: 18
o Total: 90

O plan de estudos do Master Univesitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos da USC ten un total de 90 ECTS distribuídos en cinco módulos que se imparten ao longo de tres semestres.
Os ensinos conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo Fin de Máster de 18 ECTS, adecuado para a dobre orientación profesionalizante e investigadora do máster.
As prácticas externas en empresas ou institucións son de carácter obrigatorio, por un total de 12 ECTS.
A optatividade concéntrase no módulo de Investigación e Sustentabilidade. Cursaranse 15 ECTS. Estes créditos seleccionaranse de entre unha oferta total de 30 ECTS.

No primeiro semestre desenvólvense en paralelo os módulos:
- módulo 1: Deseño holístico de procesos (15 ECTS).
- módulo 2: Dirección e xestión empresarial (15 ECTS).
No segundo semestre desenvólvense de maneira secuencial:
- módulo 3: Bioprocesos.
- módulo 4: Investigación e sustentabilidade.
Considérase que este desenvolvemento secuencial de módulos no 2º semestre facilitará a mobilidade ao amparo dos convenios de dobre título con universidades suramericanas nas que o curso académico comeza aproximadamente en marzo tras as vacacións do verán austral.
O módulo 4 concentra a optatividade do máster, habendo unicamente unha materia obrigatoria de planificación da investigación e completándose o resto do módulo con cinco materias optativas, a escoller de entre un catálogo de dez materias optativas ofertadas (todas elas de 3 ECTS). Este último módulo ten unha marcada orientación investigadora, pois en gran medida os contidos das materias optativas están conectados coas actividades de investigación, desenvolvemento e innovación dos grupos de investigación do Departamento de Enxeñaría Química da USC, que ademais manteñen unha forte vinculación coa sustentabilidade.
Segundo curso:
- módulo 5 Prácticas en empresa (12 ECTS) e TFM (18 ECTS).

Planificación da investigación

  • P4142110
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Tecnoloxías para a valorización de biomasa

  • P4142201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Contaminación atmosférica industrial

  • P4142202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión do ciclo de vida de produtos e procesos

  • P4142203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Reoloxía de biopolímeros

  • P4142204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Líquidos iónicos en procesos químicos e bioprocesos

  • P4142205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Modelización termodinámica e cinética de procesos de secado

  • P4142206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Ecoprocesos para o tratamento de augas

  • P4142207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Tecnoloxías innovadoras de tratamento de augas

  • P4142208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Técnicas e metodoloxías en laboratorios de I+D

  • P4142209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Transición e integración enerxética

  • P4142210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Correspóndese co dunha persoa en posesión dun título de grao en enxeñaría química do sistema español ou títulos equivalentes na liña do artigo 18 RD 822/2021.

• Obrigatorias: 45
• Optativas: 15
• Prácticas externas OB: 12
• Traballo fin de máster: 18
o Total: 90

O plan de estudos do Master Univesitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos da USC ten un total de 90 ECTS distribuídos en cinco módulos que se imparten ao longo de tres semestres.
Os ensinos conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo Fin de Máster de 18 ECTS, adecuado para a dobre orientación profesionalizante e investigadora do máster.
As prácticas externas en empresas ou institucións son de carácter obrigatorio, por un total de 12 ECTS.
A optatividade concéntrase no módulo de Investigación e Sustentabilidade. Cursaranse 15 ECTS. Estes créditos seleccionaranse de entre unha oferta total de 30 ECTS.

O alumnado poderá atopar a información concreta sobre os estudos de máster na páxina web da USC. Ademais, a USC conta cun programa específico de información e difusión da súa oferta de estudos a través dun perfil específico na súa páxina web dirixido a futuros estudantes:
· http://www.usc.es/perfis/futuros/index.html
A información relativa á admisión e matrícula nos másteres pódese obter a través da web da USC que se mantén constantemente actualizada. Así mesmo, a USC elabora carteis e folletos de difusión da oferta de másteres oficiais, e dos prazos de admisión e de matrícula. Ademais, respóndese a consultas a través da Oficina de Información Universitaria (OiU)
http://www.usc.es/gl/servizos/oiu/
e das direccións de información dos propios másteres. Nos Centros e Departamentos expóñense carteis informativos cos prazos de admisión e matrícula.
De forma previa ao comezo do curso, o alumnado dispón na páxina web da USC de información puntual sobre horarios, calendarios de exames, programas e guías das materias.

Acceso

Os requisitos xerais de acceso ós estudos de máster na USC, así coma os relativos ó acceso de persoas con estudos de acceso alleos ó Espacio Europeo de educación Superior, preséntanse en:
https://www.usc.gal/gl/admision/master

Admisión

Requírese estar en posesión do título oficial de Grao en Enxeñaría Química por unha universidade española, ou equivalente, segundo o disposto no artigo 18 do RD 822/2021. Sen prexuízo dos mecanismos que a USC estableza para o acceso de persoas que non completasen totalmente os estudos de Grao en Enxeñaría Química, art. 18.4 do RD 822/2021.
Non se considerará o acceso ó máster a persoas que posúan títulos de outros graos de enxeñaría da rama industrial, ou de outros graos calquera, ó entenderse que os complementos de formación necesarios superarían o máximo do 20% da carga crediticia do máster que permite o artigo 18.5 do RD 822/2021.
No caso de estudantes procedentes de países de lingua diferente ó galego, portugués ou castelán, deberase acreditar para algunha de elas un nivel B1 ou superior (de acordo co Marco Común Europeo de Referencias para as Linguas).
Criterios xerais de selección. Os detalles poden consultarse na seguinte dirección web:
https://www.usc.gal/en/admision/master/matricula
Nesta modalidade na adxudicación de prazas realízase por orde da nota media do expediente académico da titulación de acceso.
Se o número de solicitudes efectuado no prazo estipulado non excede do 10% do número de prazas ofertadas, asignarase praza a todas as persas que reúnan os requisitos (e, de quedar prazas vacantes, permitirase, no prazo correspondente, a matrícula do alumnado sen solicitude previa de reserva de praza). No caso de haber máis solicitudes, establecerase unha lista de admitidos e unha lista de espera. Ás persoas nesta última lista iráselles adxudicando praza na medida na que persoas na lista de admitidos non fagan a correspondente matrícula no prazo que se estipulou.

O MIQB ten como obxectivo formar profesionais con carácter especializado e multidisciplinar no campo da Enxeñaría Química e de Bioprocesos. O obxectivo último é formar tituladas/os na profesión de Enxeñeiro Químico, con responsabilidades en concibir, proxectar, calcular, e deseñar procesos, equipos, instalacións industriais e servizos, no ámbito da Enxeñaría Química e de Bioprocesos e en sectores industriais relacionados, en termos de calidade, seguridade, economía, uso racional e eficiente dos recursos naturais e conservación do medio ambiente.
Búscase que, ao completar o máster, o alumnado adquirise competencia a nivel profesional para:
· Aplicar o método científico e os principios da enxeñaría e economía á formulación e resolución de problemas complexos en procesos, equipos, instalacións e servizos, nos que a materia experimente cambios na súa composición, estado ou contido enerxético, característicos da industria química e doutros sectores relacionados entre os que se atopan o farmacéutico, biotecnolóxico, materiais, enerxético, alimentario ou ambiental.
· Dirixir e xestionar técnica e economicamente proxectos, instalacións, plantas, empresas e centros tecnolóxicos no ámbito da enxeñería química e os sectores industriais relacionados.
· Realizar a investigación apropiada, emprender o deseño e dirixir o desenvolvemento de solucións de enxeñaría, en contornas novas ou pouco coñecidas, relacionando creatividade, orixinalidade, innovación e transferencia de tecnoloxía.
· Saber establecer modelos matemáticos e desenvolvelos mediante a informática apropiada, como base científica e tecnolóxica para o deseño de novos produtos, procesos, sistemas e servizos, e para a optimización doutros xa desenvolvidos.
· Ter capacidade de análise e síntese para o progreso continuo de produtos, procesos, sistemas e servizos utilizando criterios de seguridade, viabilidade económica, calidade e xestión ambiental.
· Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de emitir xuízos e toma de decisións, a partir de información incompleta ou limitada, que inclúan reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas do exercicio profesional.
· Liderar e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais.
· Comunicar e discutir propostas e conclusións en foros multilingües, especializados e non especializados, dun modo claro e sen ambigüidades.
· Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos relevantes, con iniciativa e espírito emprendedor.
· Posuír as habilidades da aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias propias da enxeñería química que permitan o desenvolvemento continuo da profesión.

CP01 - Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudo, experiencia, e práctica, con razoamento crítico para establecer solucións viables economicamente a problemas técnicos.
CP02 - Conceptualizar modelos de enxeñería, aplicar métodos innovadores na resolución de problemas e aplicacións informáticas adecuadas, para o deseño, simulación, optimización e control de procesos e sistemas.
CP08 - Dirixir e realizar a verificación, o control de instalacións, procesos e produtos, así como certificacións, auditorías, verificacións, ensaios e informes.
CP03 - Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización doutros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñería química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñería das reaccións químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
CP04 - Deseñar, construír e implementar métodos, procesos e instalacións para a xestión integral de subministracións e residuos, sólidos, líquidos e gaseosos, nas industrias, con capacidade de avaliación dos seus impactos e dos seus riscos.
CP05 - Dirixir e supervisar todo tipo de instalacións, procesos, sistemas e servizos das diferentes áreas industriais relacionadas coa enxeñería química.
CP06 - Dirixir e organizar empresas, así como sistemas de produción e servizos, aplicando coñecementos e capacidades de organización industrial, estratexia comercial, planificación e loxística, lexislación mercantil e laboral, contabilidade financeira e de custos.
CP07 - Dirixir e xestionar a organización do traballo e os recursos humanos aplicando criterios de seguridade industrial, xestión da calidade, prevención de riscos laborais, sustentabilidade, e xestión ambiental.
CP09 - Xestionar a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, atendendo á transferencia de tecnoloxía e os dereitos de propiedade e de patentes.

HD01 - Ter habilidade para solucionar problemas que son pouco familiares, incompletamente definidos, e teñen especificacións en competencia, considerando os posibles métodos de solución, incluídos os máis innovadores, seleccionando o máis apropiado, e poder corrixir a posta en práctica, avaliando as diferentes solucións de deseño.
HD02 - Adaptarse aos cambios estruturais da sociedade motivados por factores ou fenómenos de índole económico, enerxético ou natural, para resolver os problemas derivados e achegar solucións tecnolóxicas cun elevado compromiso de sustentabilidade.
HD03 - Comunicar conclusións, xunto con coñecementos e razóns que as sustenten, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
HD04 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar, de forma crítica, información procedente de diversas fontes para o establecemento das correspondentes conclusións.
HD05 - Desempeñarse adecuadamente no establecemento e desenvolvemento de relacións interpersoais.
HD06 - Desempeñarse profesionalmente con compromiso ético no marco do desenvolvemento sostible.
HD07 - Participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cunha alta compoñente de transferencia de coñecemento.
HD08 - Aprender autónomamente para manter e mellorar as habilidades e competencias que permitan o desenvolvemento continuo da profesión.
HD09 - Abordar os problemas desde unha perspectiva científica, recoñecendo a importancia da procura e xestión da información existente.
HD10 - Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo (cooperación, liderado, escoita activa), e liderar e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais.
HD11 - Dominar a xestión do tempo e das situacións críticas.
HD12 - Desempeñarse con iniciativa e espírito emprendedor.

CN01 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinal no desenvolvemento ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CN02 - Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo en Enxeñaría Química.
CN03 - Ter coñecemento dos fundamentos biolóxicos relevantes en bioprocesos no contexto da Enxeñaría Química.
CN04 - Adquirir coñecementos avanzados para o deseño e a comprensión holística dos procesos químicos, desde unha perspectiva tanto fundamental como práctica.
CN05 - Coñecer as bases do emprendemento e das habilidades directivas no marco da xestión empresarial.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional
A mobilidade de estudantes no MIQB por medio de programas por exemplo Erasmus realízase de preferencia no 2º curso por un período dun semestre (o 3º semestre do plan de estudos).
A selección de candidaturas realízaa unha comisión de selección integrada polas persoas responsables de mobilidade do centro e dos programas específicos, así como pola responsable da unidade de apoio á xestión do centro.
Os criterios de baremación, previamente establecidos, teñen en conta o expediente académico e, de ser o caso, a competencia en idiomas que poida esixir o programa ou a institución de destino.
Adicionalmente, o MIQB estableceu acordos de dobre título con titulacións de máster integrado en universidades estranxeiras. Mediante o adecuado encaixe dos plans de estudo, desenvolvéronse táboas de recoñecementos que permiten a mobilidade bidireccional (envío de estudantes propias/os e recepción de estudantes de acollida) por un certo período de tempo de maneira que se garanten en todo caso os obxectivos e resultados da aprendizaxe do MIQB e da titulación allea, coa vantaxe engadida de que quen se acolle á devandita mobilidade optan á obtención de ambos títulos.

Prácticas

As prácticas académicas externas son de carácter obrigatorio para todo o alumnado. A carga de 12 ECTS correspóndese cunha estancia na empresa ou institución de aproximadamente 8 semanas con dedicación de xornada completa. Esta estancia realizarase ao comezo do segundo curso (3º semestre do plan de estudos). A adxudicación dos diferentes destinos de prácticas ao alumnado efectuarase a finais do curso académico anterior (véxanse os detalles do procedemento para a xestión das prácticas externas no apartado 6.2), de modo que cada estudante coñecerá a súa asignación de empresa ou institución antes de concluír o seu primeiro curso académico. Como o prazo de matrícula no novo curso adoita abrir a principios de xullo e a realización da estancia na empresa ou institución xa é posible unha vez formalizouse a matrícula, existe a posibilidade de non esperar ao comezo formal do semestre no mes de setembro e anticipar o inicio da referida estancia a xullo ou agosto (sempre de mutuo acordo coa empresa ou institución receptora e asumindo que esta mantén a súa actividade no período estival).

O TFM está encadrado no 3º semestre, a continuación das prácticas en empresa e como colofón ao desenvolvemento temporal do plan de estudos. A súa carga de 18 ECTS (equivalente a unhas 12 semanas aproximadamente con dedicación a xornada completa). As propostas de TFM de cada estudante en formato normalizado serán aprobadas pola Comisión do título.
Ao comezo do curso académico, publicarase unha convocatoria de asignación de propostas de TFM, cunha lista de propostas abertas formuladas por profesorado do Departamento de Enxeñaría Química da USC co desexo de participar na tutorización de TFM do MIQB.
A asignación farase usando como criterio o expediente dos solicitantes no primeiro curso do MIQB. Alternativamente, calquera estudante pode presentar en calquera momento do curso unha proposta pechada, co visto e prace do seu/súa(s) titor(a/es/as). O TFM poderase desenvolver tanto en laboratorios de grupos de investigación da USC como en empresas ou outras institucións. Neste último caso, ademais do titor académico asignaríase polo menos un titor de empresa.
En xeral, a xestión do TFM aterase ao disposto na Normativa interna do TFM do MIQB, aprobada polo Consello de Goberno da USC. O TFM defenderase en sesión pública diante do tribunal de avaliación designado para o efecto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2024.