Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 28 Total: 44
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O curso está dirixido a estudantes con coñecementos moi básicos sobre o mundo microbiano. Trátase de iniciar o alumnado en conceptos chave da Microbioloxía que van ter relevancia para o deseño dunha fermentación ou proceso microbiano industrial. Algunhas clases impartiranse no laboratorio de maneira que se poidan conectar os conceptos coa aplicación práctica ao tempo que nos familiarizamos coas condicións de traballo e co instrumental dun laboratorio de Microbioloxía
1. Introdución ao mundo microbiano. Morfoloxía e fisioloxía dos microorganismos. Diferenzas entre microorganismos procariotas e eucariotas. Observación ao microscopio. Tincións simples e diferenciais.
2. Crecemento microbiano. Parámetros importantes. Factores ambientais. Curvas de crecemento microbiano. Cultivo de microorganismos en diferentes sustratos. Tipos de medios de cultivo.
3. Microbioloxía industrial. Tipos de fermentacións. Produción de alimentos por fermentación con microorganismos. Produción de metabolitos secundarios. Busca e selección de microorganismos de interese industrial.
4. Control e prevención de riscos microbiolóxicos na industria. Métodos de desinfección, esterilización e redución da carga microbiana.
5. Enzimas. Grupos importantes desde o punto de vista industrial. Enzimas recombinantes. Fermentacións con enzimas e células inmovilizadas.
Clases interactivas:
Consistirán na exposición por parte do alumnado dun traballo de investigación realizado en equipo.
Visita técnica:
prevese realizar unha visita a unha empresa do ámbito dos procesos biotecnolóxicos
Clases prácticas de laboratorio:
-Toma de mostras e cultivo de microorganismos en distintos medios. Observación e manexo de bacterias e fungos.
-Tincións para a observación de microorganismos ao microscopio
-Curvas de crecmento.
-Produción de enzimas degradativas de interese industrial (proteasas, amilasas...). Produción de metabolitos secundarios (produción de antibióticos).
-Fermentación usando levaduras inmovilizadas en alxinato.
Bibliografía básica:
Título: Microbiología Esencial, 1ª edición
Editores: Martín A, Béjar V, Gutiérrez J, Llagostera M, Quesada E.
Editorial: Editorial Médica Panamericana
Ano: 2019
ISBN: 978-84-9835-786-8 (versión impresa + eBook
ISBN: 978-84-9110-242-7 (versión eBook)
MADIGAN, Michael T. et al. Brock: Biología de los microorganismos. 14ª edición. Ed. Pearson. ISBN: 978-84-9035-279-3
MARTÍN, Ana et al. Microbiología esencial. Ed. Panamericana. ISBN: 978-84-9835-786-8
Bibliografía e material complementario:
artigos científicos para cada tema en concreto
Coñecemento
(CN03) Ter coñecemento dos fundamentos biolóxicos relevantes en bioprocesos no contexto da Enxeñaría
Química.
Competencia
(CP01) Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante
estudo, experiencia, e práctica, con razoamento crítico para establecer solucións viables económicamente a
problemas técnicos.
Habilidade
(HD02) Adaptarse aos cambios estruturais da sociedade motivados por factores ou fenómenos de índole
económico, enerxético ou natural, para resolver os problemas derivados e aportar solucións tecnolóxicas cun
elevado compromiso de sostenibilidade.
Clase maxistral; Prácticas de laboratorio experimental:
Todos os temas serán impartidos, parte mediante clases expositivas, e parte no laboratorio de prácticas. A docencia no laboratorio levarase a cabo cando se considere que a materia a tratar queda máis clara co traballo práctico do alumnado (CN03, CP01, HD02)
Seminarios e Presentación de traballos:
O alumnado deberá preparar e expoñer un traballo realizado en equipo (CN03, CP01, HD02).
Charlas e visitas técnicas:
Realizarase unha visita de asistencia obrigatoria a unha empresa, coordinada polas tres asignaturas do módulo (CN03, CP01, HD02). Esta actividade valorarase cun pequeno cuestionario sobre a mesma.
Prácticas de laboratorio experimental:
A asistencia ás clases de laboratorio é obrigatoria. A non asistencia ás clases de laboratorio sen unha xustificación supoñerá a imposibilidade de presentarse ao exame (CP01)
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderá utilizarse o foro do Campus Virtual, Ms. Teams ou o correo electrónico.
A avaliación realizarase en función do exame (60%), actividades de avaliación contínua (35% repartido entre a memoria do traballo realizado no laboratorio, a exposición do traballo en equipo e a visita técnica), e o informe do docente (5%).
Distribución da cualificación:
Exame: 60% (debe superarse cun 5/10)(CN03, CP01, HD02)
O exame constará de preguntas relativas tanto aos contidos teóricos como prácticos da materia e deberá aprobarse para superar a mesma.
Traballo en equipo 15% (CN03, CP01, HD02)
Memoria de prácticas 15% (CN03, CP01, HD02)
Cuestionario da visita técnica 5% (CN03, CP01, HD02) (en caso de non poder realizarse a visita, levarase a cabo un traballo individual sobre o tema da visita que se avaliará tamén cun 5%)
Titorías/informe do profesor 5%
Ao alumnado que non aprobe o exame, non se lle terá en conta a avaliación continua, sendo a cualificación final a nota que obteña no exame sobre 10 puntos.
O exame da segunda oportunidade supoñerá o 60% da nota e deberá superarse cun 5/10 como na primeira, manténdose as notas conseguidas na avaliación continua (traballos, prácticas etc.)
Non se conservarán as notas dun ano para outro
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Docencia teórica: 15 h
Docencia interactiva de seminario/visita técnica: 10 h
Docencia interactiva de laboratorio/aula informática: 18 h
Titorización en grupo reducido: 1 h
Exame e revisión: 2 h
Traballo persoal do alumnado: 66.5 h
Estudar os contidos ao día
Manter unha fluida comunicación co docente
Plantexar ao docente e/ou ao resto da clase calquera inquedanza, curiosidade, dúbida, relacionada coa materia
Manter unha actitude positiva e de curiosidade especialmente nas clases prácticas de laboratorio, nas que se analizarán mostras naturais con microorganismos tanto procariotas como eucariotas, e nas que o propio alumnado poderá descubrir por si mesmo microorganismos produtores de moléculas de interese (antibióticos e enzimas de interese industrial).
A asignatura será impartida en castelán
Farase uso da Aula Virtual
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que este coñeza e cumpra as normas incluidas no “protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais” da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, dispoñible no apartado de seguridade da sús web, ao que se pode acceder da seguinte maneira:
1. https://www.usc.gal/es/centro/escuela-tecnica-superior-ingenieria
2. Acceder a intranet coas credenciais persoais
3. Entrar en Documentación> Seguridad > Formación.
4. Facer clic en “Protocolo de formación básica en materia de seguridad para espacios experimentales”
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderá utilizarse o foro do Campus Virtual, Ms. Teams ou o correo electrónico.
Carlos Rodriguez Osorio
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816050
- Correo electrónico
- cr.osorio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
28.02.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
28.02.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
28.02.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
30.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
30.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
30.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |