Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 23
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A transformación da biomasa, particularmente da biomasa residual, en produtos de alto valor engadido (é dicir, a súa valorización) está xurdindo como unha forte tendencia como consecuencia do esgotamento dos recursos naturais, o aumento das emisións que provocan o efecto invernadoiro e a sensibilización acerca da necesidade dun desenvolvemento sostible en termos dunha reutilización segura dos residuos e a biomasa. Nesta materia preténdese presentar unha panorámica completa das posibles alternativas a seguir para conseguilo de maneira que se adquira ademais a capacidade de formular, para un material dado, o/os camiño/s óptimos para a súa valorización.
Os contidos da materia son os indicados na Memoria do título:
*Os recursos renovables. A biomasa.
*As biorrefinerías como fonte de produtos e enerxía.
*Os bioadhesivos e a súa aplicación para a fabricación taboleiros de madeira.
*Desenvolvemento de bioadsorbentes. Aplicación ao tratamento de efluentes líquidos e gaseosos. Outras aplicacións dos bioadsorbentes.
e desenvolveranse nos seguintes temas:
TEMA 1. TECNOLOXÍAS BASEADAS EN RECURSOS RENOVABLES. AS BIORREFINERÍAS.
O reto dun desenvolvemento sostible e da economía circular. Os recursos renovables. Natureza e dispoñibilidade. A biomasa e a súa clasificación. Un concepto integrado: a biorrefinería. Tipos de biorrefinerías.
TEMA 2. A BIORREFINERÍA DE MATERIAIS LIGNOCELULÓSICOS
Materias primas lignocelulósicas. Orixe e composición. Pretratamentos. Vías de aproveitamento da celulosa, hemicelulosas e lignina. A industria de produción de pasta de celulosa. Produción de pasta soluble. Aplicacións.
TEMA 3. O APROVEITAMENTO ENERXÉTICO DA BIOMASA.
Situación actual do sector da enerxía. As enerxías renovables: a biomasa como fonte renovable de enerxía. Procesos de aproveitamento enerxético da biomasa.
TEMA 4. BIOADHESIVOS PARA A INDUSTRIA DA MADEIRA.
Situación actual da industria dos adhesivos para taboleiros de madeira. Bioadhesivos: perspectiva histórica e necesidades da industria da madeira. Adhesivos baseados en taninos. Adhesivos baseados en lignina. Outros bioadhesivos.
TEMA 5. FABRICACIÓN DE TABOLEIROS DE MADEIRA.
Clasificación dos taboleiros de madeira. Propiedades. Fabricación de taboleiros contrachapados. Fabricación de taboleiros de partículas. Fabricación de taboleiros de fibra de densidade media.
TEMA 6. A BIOMASA COMO ADSORBENTE.
Tipos de materiais adsorbentes. Os bioadsorbentes. Tratamentos para a súa modificación química. A biomasa como precursora de carbóns activados. Caracterización dos bioadsorbentes. Adsorción en discontinuo e en continuo. Rexeneración do bioadsorbentes. Aplicación dos bioadsorbentes á eliminación de contaminantes de efluentes líquidos e gaseosos. Outras aplicacións dos biadsorbentes.
Bibliografía básica
KAMM, B., GRUBER, P.R. y KAMM, M. (eds.), Biorefineries-industrial processes and products: status quo and future directions. Weinheim: Wiley-VCH, 2010. ISBN: 9783527310272 (Sig. A132 10) https://onlinelibrary-wiley-com.ezbusc.usc.gal/doi/book/10.1002/9783527…
CLARK, J.H. y DESBARTE, F. (eds.), Introduction to Chemicals from Biomass. Chichester: Wiley, 2008. ISBN: 9780470058053 (Sig. IFE 164, IFE 166, 243 6, 243 6ª, 243 6B) https://onlinelibrary-wiley-com.ezbusc.usc.gal/doi/book/10.1002/9781118…
Artigos publicados en revistas.
http://sfx.bugalicia.org/san/az/
Bibliografía complementaria
BERGERON, C., CARRIER, D.J. y RAMASWAMY, S. (eds.), Biorefinery co-products : phytochemicals, primary metabolites abd value-added biomass processing. Chichester, West Sussex, Hoboken: John Wiley & Sons, 2012. ISBN: 9780470973578
PIZZI, A. y MITTAL, K.L. (eds.), Handbook of adhesive technology. New York: Marcel Dekker, 2003. ISBN 9781498736442
POKORNY, J., YANISHLEVA, N. y GORDON, M. (eds.), Antioxidants in food. Practical applications, Boca Ratón: CRC, 2001. ISBN: 9781855734630
ROWELL, R.M. (ed.), Handbook of wood chemistry and wood composites. Boca Raton, Florida: CRC Press, 2005. ISBN: 0849315883
SOETAERT, W. y VANDAMME, E. (eds.), Biofuels. Hoboken (New Jersey): Wiley, 2008. ISBN: 9780470026748
VOLESKY, B. Sorption and biosorption. Montreal-St.Lambert: BV Sorbex, 2003. ISBN: 9780973298307
YANG, R. T. Adsorbents: fundamentals and applications. New Jersey: Wiley-Interscience, 2003. ISBN: 9780471297413
Coñecementos
(CN01) Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinal no desenvolvemento ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
(CN04) Adquirir coñecementos avanzados para o deseño e a comprensión holística dos procesos químicos, desde unha perspectiva tanto fundamental como práctica.
Competencias
(CP03) Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización doutros xa desenvolvidos, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñería química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñería das reaccións químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
(CP04) Deseñar, construír e implementar métodos, procesos e instalacións para a xestión integral de subministracións e residuos, sólidos, líquidos e gasosos, nas industrias, con capacidade de avaliación dos seus impactos e dos seus riscos.
Habilidades
(HD06) Desempeñarse profesionalmente con compromiso ético no marco do desenvolvemento sostible.
(HD10) Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo (cooperación, liderado, escoita activa), e liderar e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais.
Usarase o Campus Virtual da USC a través da aplicación Moodle cos seguintes obxectivos:
• Proporcionar información sobre a materia (programación docente, horarios, exames, anuncios varios, etc.)
• Proporcionar os materiais necesarios para as clases (presentacións dos temas, vídeos, artigos científicos necesarios para a realización das tarefas expostas, etc.).
• Servir de ferramenta de comunicación co alumnado.
• Crear os grupos de traballo.
• Propoñer e entregar todas as tarefas programadas incluído o traballo en grupo.
• Realizar cuestionario de avaliación.
•Para expoñer os conceptos teóricos básicos empregarase a clase maxistral, apoiada co emprego de presentacións, vídeos etc. (coñecementos CN01, CN04).
•Analizaranse algunhas cuestións de interese en grupos de traballo cunha selección de publicacións e elaboraranse presentacións que se expoñerán nas clases de seminario (coñecementos CN01, CN04; habilidades HD06, HD10).
•Desenvolverase un traballo en grupo no que se realizará o deseño básico de procesos de aproveitamento de biomasa. Realizarase ao longo de todo o módulo nas horas de traballo persoal contempladas para a materia. Elaborarase un informe que se expoñerá o día fixado para a proba final da materia. Na sesión de titoría grupal farase unha presentación dos aspectos básicos dos procesos elixidos (coñecementos CN01, CN04; competencias CP03, CP04; habilidades HD06, HD10).
•Contémplase a realización dunha visita a empresa e propoñerase unha actividade de avaliación relacionada coa mesma. En caso de non poder realizarse substituirase por unha actividade alternativa que podería ser unha presentación por parte de persoal técnico do sector que tamén poderá realizarse a maiores da visita técnica (coñecementos CN01, CN04).
•Poderán visitarse os laboratorios do grupo de investigación GI-1612 onde se desenvolven liñas de investigación relacionadas coa materia (competencias CP03, CP04).
A avaliación da materia inclúe unha parte de avaliación continua, que representa un 70% da cualificación, e un exame, que consistirá nunha proba tipo test, que representa unha 30% da cualificación global da materia e que se realizará a través do módulo de cuestionarios do Campus Virtual.
A distribución da cualificación é a seguinte:
a)Exame, 30% (coñecementos CN01, CN04)
b)Traballos/actividades de avaliación continua, 65%: Traballo en grupo (35%), outras actividades (25%) e visita técnica e/ou equivalente (5%) (coñecementos CN01, CN04; competencias CP03, CP04; habilidades HD06, HD10)
c) Titorías/Informe do profesorado, 5%: Presentación da proposta de traballo na titoría de grupo (coñecementos CN01, CN04; competencias CP03, CP04; habilidades HD06, HD10)
•Para superar a materia é obrigatoria a realización do traballo en grupo (entrega de informe e presentación na titoría de grupo) e á visita á empresa e/ou charla persoal técnico de empresa.
•Para superar a materia precísase unha cualificación global mínima de 5,0 puntos sobre 10,0 e será necesario obter un mínimo do 40% da puntuación correspondente ao exame para poder sumar as cualificacións obtidas na avaliación continua. Se non se alcanza ese mínimo, a cualificación obtida será a correspondente ao exame.
•En caso de non superarse a materia na primeira oportunidade gardarase a nota conseguida nas actividades realizadas de avaliación continua ( b) e c)) para a segunda oportunidade.
•A consideración de “non presentado/a” terase se non se realiza ningunha das actividades obxecto de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten unha carga de traballo de 3 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 h de traballo total, distribuidos da seguinte forma:
Docencia teórica: 14 h (Presencialidade: 100 %)
Docencia interactiva de seminario/visita técnica: 12 h (Presencialidade: 100 %)
Docencia interactiva de laboratorio/aula informática: 0 (Presencialidade: 100 %)
Titorización en grupo reducido: 1 h (Presencialidade: 100 %)
Exame e revisión: 2 h (Presencialidade: 100 %)
Traballo persoal do alumnado: 46 h (Presencialidade: 0 %)
Traballarase con materiais en inglés polo que se recomenda certo dominio do idioma.
A materia impártese en castelán.
Julia Gonzalez Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816761
- Correo electrónico
- julia.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
05.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
05.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
09.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
09.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |