Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 8 Clase Interactiva: 18 Total: 27
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
0.- Datos descritivos da materia
A materia de XESTIÓN DO CICLO DE VIDA DE PRODUTOS E PROCESOS forma parte do Módulo 4 de INVESTIGACIÓN E SOSTIBILIDADE. A materia aborda unha análise ambiental dende un punto de vista do ciclo de vida dos produtos e procesos, afondando tanto en aspectos de investigación como na transferencia do coñecemento ao sector produtivo mediante a aplicación do ecodeseño, o ecoetiquetado e a ecoeficiencia buscando unha economía circular sostible.
Materia: Xestión do Ciclo de Vida de Produtos e Procesos
Idioma: Castelán
Tipo: Optativa
Nº de créditos: 3,0 ECTS
Módulo: Innovación e Sostibilidade
Profesorado
Gumersindo Feijoo Costa
Dpto. Enxeñaría Química
correo-e: gumersindo.feijoo [at] usc.gal (gumersindo[dot]feijoo[at]usc[dot]gal)
María Teresa Moreira Vilar
Dpto. Enxeñaría Química
correo-e: maite.moreira [at] usc.gal (maite[dot]moreira[at]usc[dot]gal)
1.- Obxectivos da materia
O obxectivo primordial é adquirir un coñecemento xeral dos principais conceptos relativos ao deseño sostible de procesos e produtos mediante o estudo de diferentes metodoloxías de análise e avaliación medioambiental, económica e social.
Os contidos son os definidos no descritor da materia: “Análise de ciclo de vida (ISO 14040): definición de obxectivos e alcance, inventario de ciclo de vida e avaliación do ciclo de vida. Análise do ciclo de costes (LCC) e análise social do ciclo de vida (S-LCA). Ecoinnovación e Ecoeficiencia (14045). Ecodeseño (ISO 14006) como motor da economía circular: valorización estratéxica ambiental, ecobriefing e deseño de prototipos mediante técnicas de “gamestorming”. Ecoetiquetas: tipoloxía, caracterización e creación. Pegada de carbono (ISO 14067) e hídrica (ISO 14046) e a súa integración cos ODS”.
O programa da materia está dividido en 2 bloques con 6 temas:
Bloque I. Xestión do Ciclo de Vida
Tema 1. Filosofía do Ciclo de Vida e Economía Circular. Iniciativa do ciclo de vida da UNEP. Fundamentos da xestión do ciclo de vida. Aplicacións. Economía Circular. Fundamentos. Modelos de Negocio. Axenda 2030 – ODS.
Tema 2. Análise de ciclo de vida. Metodoloxía e fases de desenvolvemento. Aplicación á análise de procesos e produtos. Manexo de software específico. Estudio de casos prácticos
Tema 3. Análise económico e social do ciclo de vida. Fundamentos do coste do ciclo de vida (LCC). Metodoloxía da ACV social (S-LCA).
Bloque II. Transferencia ao sector produtivo
Tema 4. Ecodeseño. Elementos claves para favorecer o ecodeseño. Norma ISO 14006. Ferramentas do ecodeseño. Valorización estratéxica Ambiental. Ecobriefing. Prototipos. Estudio de casos prácticos.
Tema 5. Ecoetiquetado. Definición e tipos de ecoetiquetas. Ecoetiqueta europea. Pegada de carbono de organización e de produto: normas ISO 14064 e 14067. 10 razóns pola que incorporar a pegada de carbono á política empresarial. Pegada hídrica; norma ISO 14046. Elaboración e implementación dunha ecoetiqueta no sector alimentario: Pescaenverde.
Tema 6. Ecoinnovación e ecoeficiencia. Fundamentos e evolución do concepto de ecoeficiencia. Normas ISO 14045. Estudios de casos prácticos.
Obxectivos específicos (por bloques)
Bloque I. Xestión do Ciclo de Vida
Este bloque estudia as tres metodoloxías que constitúen a Xestión del Ciclo de Vida: LCA, LCC e S-LCA, nas que se abordan os principais piares da sostibilidade. No primeiro tema se presentan os aspectos xerais da xestión do ciclo de vida, orixe e fundamentos, definindo un enfoque integral dos procesos produtivos que conduza a unha minimización efectiva dos seus impactos.
A análise de ciclo de vida é unha metodoloxía que se emprega para avaliar as cargas ambientais asociadas a un produto, proceso ou actividade, tendo en conta o seu ciclo completo: “dende o berce á cova”. Polo tanto, para unha determinada actividade ou problema non só queda circunscrito a “miña” instalación industrial, senón que tamén cómpre definir cal é a parte alícuota de contaminación de todas as actividades previas e posteriores que o “meu” produto ten. Todo isto é posible mediante a identificación e cuantificación das materias primas, a enerxía e os residuos vertidos ao medio. Esta perspectiva do ciclo de vida tamén se aplica á análise económico e social (LCC e S-LCA).
Neste bloque as actividades que se desenvolveran (de forma individual e colectiva) inclúen, entre outras:
• Realización dunha avaliación do inventario de ciclo de vida mediante folla de cálculo.
• Elaboración dunha análise de ciclo de vida usando un software específico (SimaPro) (actividade en grupo).
Bloque II. Transferencia ao sector produtivo
O estudantado abordará con detalle as aplicacións máis importantes da análise do ciclo de vida desde o punto de vista da transferencia de coñecemento ao sector produtivo: Ecodeseño, ecoetiquetado e ecoeficiencia. Estas tres estratexias de mellora ambiental, económica e social permiten alcanzar diferentes certificacións nos produtos que supoñen unha mellora competitiva. O tema de Ecodeseño abordarase mediante o estudio dun caso práctico mediante a metodoloxía de Gamestorming. A tal efecto, a clase funcionará como un único equipo cuxo obxectivo é conseguir un novo produto, actividade que se realizará durante as clases presenciais.
Finalmente, o estudantado deberá realizar un traballo de ACV en equipos de 2-3 persoas (durante as horas de traballo persoal da materia). Cada equipo elixirá o produto (ou comparación entre produtos) de consumo habitual que desexa avaliar en funcións das súas inquietudes na procura da sostibilidade. Os equipos teñen que obter toda a información necesaria para poder cuantificar os impactos, que a súa vez lles permitan definir a estratexia de definición e simulación de escenarios innovadores
Bibliografía básica
Feijoo, G., Moreira, M.T. Análisis de ciclo de vida y huella de carbono. Casos prácticos. Research Gate, 2020. DOI: 10.13140/RG.2.2.11030.50240/1. Acceso abierto en el Repositorio institucional MINERVA: http://hdl.handle.net/10347/21411
Bibliografía complementaria: libros
Baumann, H., Tillman, A.M. The Hitch Hiker´s Guide to LCA. An orientation in life cycle assessment methodology and application. Lund: Editorial Studentlitteratur, 2004. ISBN: 91-44-02364-2. Código BETSE: A244 15
Hunkeler, D., Lichtenvort, K., Rebitzer, G. Environmental life cycle costing. Boca Raton: Ed. Taylor & Francis, 2008. ISBN: 978-1-4200-5470-5. Código BUSC: EMC 325
Leonard, A. La historia de las cosas. Buenos Aires: Ed. Fondo de Cultura Económica, 2010. ISBN: 978-84-375-0650-0. Código BUSC: M-EMA 476
McDonough, W., Braungart, M. Cradle to cradle : (de la cuna a la cuna): rediseñando la forma en que hacemos las cosas. Madrid : McGraw-Hill, 2005. ISBN: 84-481-4295-0. Código BETSE: A234 14
Muthu, S.S. Assessment of Carbon Footprint in Different Industrial Sectors. Volume 1 & 2. Berlin: Springer, 2014. ISBN: 978-981-4560-40-5 (Vol. 1) & 978-981-4585-74-3 (Vol. 2). Código BETSE: 244 10
Reis, D. Product design in the sustainable Era. Madrid: Ed. Taschen, 2010. ISBN: 978-383-6520-94-2. Código BETSE: A132 12
UNEP/SETAC Life Cycle Initiative. Guidelines for social life cycle asessment of products. Paris: United Nations Environment Programme, 2009. ISBN: 978-92-807-3021-0. Nota: Libro de libre disposición en http://www.unep.fr/shared/publications/pdf/DTIx1164xPA-guidelines_sLCA…
Vence, X. Economía Circular transformadora y cambio sistémico: retos, modelos y políticas. Ed. Fondo de Cultura Económica de España, 2023. ISBN: 978-843-7508-81-84. Código BUSC: ECMAM 1092
Bibliografía complementaria: artigos científicos
O estudantado disporá na súa Secretaría Virtual de diversos artigos publicados en revistas científicas internacionais. Os casos prácticos de estudio formarán parte dos presentados e descritos con detalle nestes.
Nesta materia o estudantado adquirirá unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría. Dentro do cadro de competencias que se deseñaron para a titulación, instruirase ao estudantado nas seguintes:
Coñecemento:
• CN01. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinal no desenvolvemento ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
Competencia:
• CP03. Deseñar produtos, procesos, sistemas e servizos da industria química, así como a optimización doutros xa desenrolados, tomando como base tecnolóxica as diversas áreas da enxeñaría química, comprensivas de procesos e fenómenos de transporte, operacións de separación e enxeñaría das reacciones químicas, nucleares, electroquímicas e bioquímicas.
• CP09. Xestionar a Investigación, Desenrolo e Innovación Tecnolóxica, atendendo á transferencia de tecnoloxía e os dereitos de propiedade e de patentes.
Habilidade:
• HD04. Buscar, procesar, analizar e sintetizar, de forma crítica, información procedente de diversas fontes para a definición das correspondentes conclusións.
• HD06. Desempeñarse profesionalmente con compromiso ético no marco do desenvolvemento sostible.
• HD10. Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo (cooperación, liderado, escoita activa), e liderar e definir equipos multidisciplinares capaces de resolver cambios técnicos e necesidades directivas en contextos nacionais e internacionais.
Os contidos teóricos da materia serán presentados sobre a base de clases maxistrais, coa realización de diversas cuestións ao estudantado para fomentar a súa participación e facilitar a súa aprendizaxe e a asimilación dos conceptos. Usarase o software Mentimeter que facilita a participación, xa que está enfocado á utilización de dispositivos móbiles e tabletas. O número de cuestións por clase serán 4-5 como máximo. Ademais, estas clases se apoiarán na utilización de materiais audiovisuais coa utilización de ficheiros en PowerPoint e Excel (resolución de problemas e casos prácticos).
As clases teóricas complementaranse coas de seminarios que consistirán na resolución de casos prácticos sobre a aplicación das diferentes ferramentas presentadas ao longo da materia. Algúns deste traballos faranse en grupos mediante unha aprendizaxe cooperativo, na que o estudantado será o que “ensine/aprenda” de un xeito pro-activo. Para a resolución destes casos utilizarase dous softwares: Excel e SimaPro
Como reforzo ás titorías, usarase a USC virtual, especialmente para a resolución dos casos prácticos e como vehículo áxil no intercambio de información entre o profesorado e o estudantado.
Relación entre as metodoloxías docentes e o desenvolvemento de competencias:
[1] Avaliación dun ICV mediante Excel O profesorado xoga o rol dun xerente de empresa que define o reto a superar: “Que é mellor envasar auga en PVC ou PET dende o punto de vista ambiental?”. A actividade faise na clase, cunha comunicación individual e/ou colectiva ao estudantado que debe propor solucións de deseño empregando as ferramentas explicadas nas clases expositivas. CP03, HD04
[2] Realización dun ACV mediante o software SimaPro O reto a traballar: “Definir as accións de melloras axeitadas para minimizar o impacto ambiental dun perfume”. Esta actividade faise maioritariamente na clase cunha comunicación individual ou colectiva co estudantado, que debe propor solucións de deseño empregando as ferramentas que se comentaron previamente na aula. CP03, HD04, HD06
[3] Obradoiro de ecodeseño mediante técnicas de Gamestorming O tema de Ecodeseño impartirase mediante o estudo dun caso real. A metodoloxía aplicada estará baseada nas técnicas de Gamestorming, especificamente "La Publicación", que combina etapas de análise individual e colectiva. A tarefa faise na aula e todo o estudantado funciona como un único equipo. Tratase dunha técnica baseada nos principios de gañar-gañar, xa que o resultado final é un produto orixinado a partir das ideas creativas (anónimas) e, polo tanto, do colectivo. Utilízanse as ferramentas de VEA, ACV e Ecobriefing que combinan aspectos tecnolóxicos, económicos, sociais e ambientais. O caso de estudio corresponde a un produto real e, polo tanto, o estudantando autoavalíase en función da proximidade ao prototipo definido pola empresa, tendo só en conta as ideas “forza” consideradas. CN01, HD06, HD10
[4] Realización dun traballo de ACV Traballo de ACV en equipos de 2-4 persoas (durante as horas de traballo persoal da materia). Cada equipo elixirá o produto (ou comparación de produtos) de consumo habitual que desexa avaliar en función da súas inquietudes na procura da sostibilidade. Os equipos teñen que obter toda a información necesaria para poder cuantificar os impactos, que a súa vez lles permitan definir a estratexia para a definición e simulación de escenarios innovadores CN01, CP09, HD04, HD06, HD10
Avaliación por actividades:
• Obradoiro de ecodeseño mediante Gamestorming (toda a aula actúa como un único equipo): 20%
• Traballo de ACV (a aula divídese en equipos de 2-3 persoas): 50%
• Exame (individual): 25%.
• Informe do profesorado (individual, en función da participación na clase): 5%
Non superará a materia aquel alumno/a que non obteña un mínimo de 3 puntos en cada unha das partes avaliables. O exame será una proba tipo test de 20 preguntas cunha soa resposta verdadeira e por cada 3 que se contesten de forma errónea suporá unha diminución de 0,5 puntos.
Avaliación por competencias:
• Obradoiro de ecodeseño: CN01, CP03, HD06, HD10
• Traballo ACV: CN01, CP09; HD04, HD06, HD10
• Exame: CN01, HD04
Na segunda oportunidade, dentro da mesma convocatoria, mantense as calificacións superadas na primeira oportunidade e o estudantado só deberá examinarse daquelas partes que non se tivese superado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de calificacións
A materia ten unha carga de traballo de 3,0 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total:
Actividade Horas presenciais
Clases maxistrais 8,0
Seminarios 10,0
Aula informática 8,0
Titorías grupo 1,0
Exame e revisión 2,0
Total 29,0
Para conseguir un óptimo rendemento na materia resulta aconsellable que o estudantado teña unha serie de coñecementos adicionais: dominio do idioma inglés a nivel de lectura e coñecementos de aplicacións informáticas a nivel usuario (Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web).
O vehículo de comunicación co estudantado será o Campus Virtual. No mesmo estará accesible toda aa documentación da materia
Na materia usarase o ordenador portátil, pois moitos dos casos prácticos requiren de aplicacións informáticas como elemento de apoio.
O idioma da materia será o castelán en consonancia coa decisión estratéxica do Máster que definiu como eixe fundamental a captación de alumnado de fora da comunidade autónoma, especificamente de Iberoamérica.
Gumersindo Feijoo Costa
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816776
- Correo electrónico
- gumersindo.feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Teresa Moreira Vilar
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816792
- Correo electrónico
- maite.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
03.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
03.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
03.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
09.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
09.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
09.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |